Quinto encontro coa zanfona contemporánea en Narón
Paloma García, 12/03/2009
O Encontro coa Zanfona Contemporánea cumpre un lustro. Logo de catro edicións xa se consolida como referente deste instrumento milenario. Anos anteriores achegáronse a Narón algúns dos mellores tocadores de Europa: Valentin Clastrier, Gilles Chabenat, Marc Egea, ou os galegos Anxo Lois Pintos e Óscar Fernández.
Nesta edición, que se celebrará entre o 13 e o 15 de marzo alternando entre Sedes e o auditorio municipal, miramos de novo ao lugar que máis zanfoneiros concentra, ao máis vangardista e con máis viva tradición: o centro de Francia. O mestre convidado é un deses novos valores: Grégory Jolivet.
Xarnege, quinteto transfronteirizo de Euskadi e Gascuña, compartirán palco na noite do venres ás 20:30 h.
Como novidade, presentaremos o Encontro na Feira do Trece na parroquia de Sedes. O dúo Sobre Rodas (Luís Correa “O Caruncho” e Carlos do Viso) será o responsable de que a zanfona volva a escoitarse na feira, na romaría.
Ademais…
Para escolares:
-
Concerto didáctico do dúo Sobre Rodas.
-
Panel de experiencias do obradoiro musical do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo por Luciano Pérez, herdeiros do pioneiro obradoiro que fundou Faustino Santalices, quen recuperou este instrumento en Galicia no século XX.
Para todas e todos:
- Concerto Grégory Jolivet + Xarnege, no Auditorio, venres ás 20:30 h.
- Relatorio do investigador da Asociación Ibérica de la Zanfona, Xulio García Bilbao, Aldea Nova, sábado ás 19:00 h.
- Palco aberto en Aldea Nova, sábado ás 21:00 h.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com