Saltar navegación.
Inicio

Parabéns!!

Irene Navidad

07/05/2019

Hai varias semanas que informabamos da participación de seis alumnos de 2º ESO no concurso de Relato Curto promovido pola empresa Coca Cola e apoiado pola RAE.

Pois ben, acabamos de coñecer que Irene Navidad Chas, alumna de 2º C, quedou seleccionada entre os tres alumnos que representan a comarca de Ferrolterra. A finais de mes, esta apaixonada da literatura, recollerá o seu premio nunha gala provincial e saberá se tamén está elixida como representante autonómica deste concurso nacional que leva xa 59 edicións. Parabéns a Irene e grazas ao resto do alumnado participante.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com