Saltar navegación.
Inicio

Aliménta-T ben

Froita

29/05/2014

O noso centro foi admitido no programa Aliménta-T ben que forma parte do Plan Proxecta, coordinado pola Consellería de Educación. O obxectivo deste programa é a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leve a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o consumo de froitas frescas.

A vindeira semana a froita será a protagonista no CPI do Feal: ao saír ao recreo, cada alumno recibirá unha peza de froita diferente cada día.

Teremos dous puntos de recollida dos desperdicios e haberá un grupo de alumnos voluntarios que ademais de repartir a froita entre os seus compañeiros, vixiarán que se respecte a limpeza do patio.

Á parte dos días de consumo de froita, no centro realizaranse distintas actividades que inciden no tema deste programa, e os alumnos elaborarán traballos creativos dos que iremos dando conta.

Esperemos que esta campaña sexa un éxito e, sobre todo, que sexamos conscientes de que a froita é saúde.

Froita 2014

Fai clic para ver máis fotos

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com