EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

O Lameiriño di...Martes 6

Aquí temos as ordes do Lameiriño para o Martes 6!

 

A Paz no CEIP Sequelo

Esta semana celebramos o día da paz representando o noso río Lameira nun mural que enchemos con barcos, paxaros e peixes con mensaxes de paz. Tamén cantamos varias canción: “It’s time to change” de Juanes e “Help!” dos The Beatles coa Teacher María e “Que canten los niños” de José Luis Perales coa profe Montse. 

 

 

 

 

Aquí tendes as magníficas actuacións e algunhas imaxes do mural!

Visita dos nenos e nenas da EEI O Grupo

Hai uns días os nenos e nenas de infantil tiveron unha visita moi especial: viñeron os nenos e nenas da escola infantil O Grupo a coñecer a nosa escola! Foi unha xornada de convivencia moi completa: merendola todos xuntos e xuntas e despois unha morea de actividades na aula sensorial, na aula de psicomotricidade e no patio!

 

 

 

 

Foi un día moi chulo!

Concurso de disfraces

Como xa sabedes, o luns comeza o entroido, pero queremos adiantarvos algo do que hai argallado. O Xoves 8 temos...CONCURSO DE DISFRACES! Invitamos a todos aqueles nenos e nenas que queiran participar, a poñer a imaxinación a voar e deleitarnos cos seus disfraces. Como xa sabedes, o xurado (formado por 2 mestras, 2 alumnos/as, 1 representante da ANPA) valorará a vosa creatividade e... Haberá premios para os tres primeiros de cada clase!

 

 

 

 

 Animádevos a participar!

 

 

Agardamos con moitas ganas o día!

A pesca by Sebastián Pajariño Lamas

O maior experto mundial do mundo da pesca do noso colexio tivo a ben expoñer todo o seu coñecemento tanto teórico coma práctico aos alumnos de 5º, que asistiron moi interesados a tan documentada charla, que incluiu ata demostracións prácticas da súa arte cos aparellos. 

Unha moi interesante charla que posiblemente creará canteira.

O Lameiriño di...Luns 5

O Luns comezamos coa semana do entroido e como xa é tradición, cada día o noso Lameiriño daranos instrucións sobre como vimos vir vestido ao colexio! Por aquí vos deixamos as instrucións do luns.

 

 

 

 

 

Recordade que cada día, iremos poñendo o que o Lameiriño nos di para o próximo día. Non vos esquezades de pasar pola web!

Os Faros Galegos

Temos moitos lugares fermosos moi preto de nós aquí en Galicia que descoñecemos. Por iso, Brais e Enzo, dende Audición e Linguaxe, levan todo o trimestre investigando sobre os faros galegos. Neste primeiro vídeo cóntanvos un pouco da historia dos faros, pero proximamente, nos irán presentando faros galegos dignos de coñecer. Agardamos que vos guste!

 

 

O NOSO COLE!

Achégase o momento de elixir cole para o próximo curso. Por iso, dende o noso centro, elaboramos un vídeo para todas aquelas familias que nos queiran coñecer. Agardamos que vos guste!

 

 

 

 

 

Vinde a aprender con nós!

O Sequelo cociña...Edición Inverno

Esta vez os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria traénnos unhas receitas de nadal e inverno con moi boa pinta. Animádesvos a probalas na casa?

 

 

 

MOITAS GRACIAS A TODOS E TODAS!

Intercambio de postais

Este ano os nenos e nenas de Infantil e Primeiro de Primaria elaboraron unhas postais moi chulas para felicitar o Nadal aos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil O Grupo. A súa vez os alumnos e alumnas de 3º e 4º comezaron un intercambio de postais cos nenos e nenas de 3º do CEIP Plurilingüe do Carballal. Escribíronlle mensaxes tanto en Galego como en Inglés. 

Elaboralas foi moi divertido, pero recibir unha postal de parte dos outros nenos e nenas fíxonos moita ilusión!

 

Nadal no Sequelo

Onte no CEIP Sequelo tivemos unha morea de cousas. Comezamos a mañá escoitando panxoliñas da man da profe Inés e moitos dos nenos e nenas do cole. Ao rematar, puidemos coñecer aos finalistas e gañadores e gañadoras do concurso de postais que dende o cole facemos cada ano.

Na hora do patio, tivemos unha sorpresa...Chegou Papá Noel! Os nenos e nenas de Infantil e primeiro non dubidaron en entregarlles a súa carta. Logo de xogar un pouquiño no patio, chegaron as actuacións! Os diferentes cursos foron cantando e interpretando cancións de nadal tanto en galego, coa axuda da profe Montse, como en inglés, coa axuda da Teacher María. Xusto cando estabamos rematando, tivemos outra sorpresa...Apareceu o apalpador! Os nenos e nenas de terceiro puideron darlles uns debuxos moi bonitos que eles e elas mesmas lle fixeron. Por último, para rematar o día de festa, a ANPA preparounos chocolate con churros moi delicioso. Que sorte tivemos!

 

Para que vexades un pouquiño da mañá deixámosvos dous vídeos: un cheo de imaxes e outro con algunhas panxoliñas e actuacións da mañá para que nos escoitedes entoar as nosas voces e  vexades como movemos o esqueleto. 

 

 

Ao longo deste mes, tamén desfrutamos do tren de Nadal do Concello que nos levou polas rúas de Marín para ver que chulas e navideñas están. No vídeo tendes algunha fotiño!

 

 

 

Por último, este ano o noso cole cumpliu 50 anos! Por iso fixemos unha tarta moi grande, decoramos unhas velas moi chulas e pegámosllas. Por suposto, cantámoslle cumpleanos feliz. Parabéns CEIP Sequelo!

 

 

 

 

Moitas gracias á ANPA por decorar o cole tan chulo de nadal, por eses churros con chocolate tan ricos e por toda a súa implicación!

Tamén agradecer a Papá Noel e ao apalpador por vir un ratiño ao noso cole e poder vivir un momento máxico cheo de ilusión! 

 

BO NADAL!

Os golfiños- Educación Infantil

Os nenos e nenas de Infantil estiveron todo o trimestre investigando sobre os golfiños. Agora, que xa son uns expertos e expertas, amósannos algunhas curiosidades sobre estes animais. Como traballaron!

 

Entrevista na beira III: Montse Ogando

Pola nosa radio pasa unha mestra que se incorpora este ano ao noso centro é que dá en quinto música e Plástica.  Se queredes saber máis dela estade atentos  a esta entrevista na beira.

Tarxeta de Nadal Scratch

Un Feliz Nadal deséxanvos con esta tarxeta dixital feita coa linguaxe de programación Scratch os alumnos de 5º

O sequelo cociña...edición Outono

 

Esta vez os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria traénnos unhas receitas do outono con moi boa pinta. Animádesvos a probalas na casa?

 

Moitas grazas familias!

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.