Novas
Bolsas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo 2018-2019
Enviado por xose o Xov, 13/09/2018 - 10:54Está aberta a convocatoria deste curso para presentar solicitudes de bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
O prazo para presentar as solicitudes de axuda rematan o xoves día 27 de setembro.
Lembren que se deben presentar mediante formulario por internet.
Acceda a toda a información en:
Plano do noso colexio para este curso 2018-2019.
Enviado por admin o Xov, 06/09/2018 - 00:00Aquí podedes ver a situación das aulas para este curso 2018-2019 do noso centro.
Relación libros de texto Curso 2018-19
Enviado por admin o Mar, 26/06/2018 - 11:42No arquivo adxunto tamén está a relación dos libros de texto para o vindeiro curso 2018-19.
Campaña da Asociación Duchenne Parent Project
Enviado por xose o Ven, 02/03/2018 - 15:00O día 28 de febreiro celebrouse o día mundial das enfermidades raras. Dende o CEP. Sequelo damos coñecemento dunha campaña de visibilidade da Asociación Duchenne Parent Project España (DPPE), unha entidade sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, que está formada por nais e pais de nenos afectados pola distrofia muscular de Duchenne (DMD) e a distrofia muscular de Becker (DMB). Na web da asociación atopamos toda a información necesaria: https://duchenne-spain.org
Desde Duchenne Parent Project queren dar visibilidade a esta enfermidade rara para favorecer, dinamizar e promover as investigacións médicas para que se poñan en marcha as terapias que permitan curala. Desde o CEP. Sequelo informámoslle que todos/as os que queiramos colaborar podemos facelo mercando un bolígrafo deseñado a tal efecto, que estará á venda nas tendas de Mimos Animaciones (Ezequiel Massoni nº 36) e na papelería D’Cores (Jaime Janer 52) a un prezo de venda de tres euros.
Proxecto Robótica
Enviado por josean o Xov, 02/11/2017 - 19:02Xa dende hai uns días están connosco os kits de montaxe dos Mbots, un dos cales nos presenta Martina. En nada a choiar con eles.
Relación de libros de texto para o curso 2017-2018.
Enviado por Miguel o Mar, 05/09/2017 - 10:24Aquí tedes a relación dos libros para este curso 2017-2018.
Calendario Escolar 2017-2018.
Enviado por Miguel o Lun, 04/09/2017 - 20:47Aquí podedes ver o calendario para este curso 2017-2018, inclusive os dous días non lectivos en Marín.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6