Letras Galegas

Poemas dende a casa (22): Dramatizando a Carballo Calero por Yago Núñez de 6ºB

Yago Núñez de 6ºB animouse a recitar este poema de Carballo Calero titulado "O trevo das catro follas". Moitas grazas pola túa participación.

ILUSTRACIÓNS DE AINHARA E LEIRE

JOEL lendo "As pitas..."

Diego Soage lendo "As pitas..."

"A caricatura de Ricardo" 2

Estivemos pensando que algúns de vos igual non vos atrevedes a debuxar unha caricatura de Ricardo Carballo Calero; por iso vos deixamos estas dúas webs que a poden facer por vós.
A primeira é Cartoonizer: Escolledes unha foto de Carballo Calero e descargadela no voso ordenador; vades á web Cartoonizer cliclando neste enlace. Dentro da  web clicades onde di "examinar" para buscar a vosa foto, subídela e escolledes o tipo de caricatura que queirades (xa que hai varias posibilidades); cando xa teñades a que máis vos guste descargadela para o voso ordenador clicando en "save" e enviádela como xa sabedes ao correo sequelonacasa@gmail.com
 
Quedan deste xeito:
 
A segunda é Cartoon.Pho.To que funciona de maneira similar, onde di "selecciona foto" sube unha foto de Carballo Calero que se vexa ben de frente, clica en "face morphing" e cando aparezan os emojis clica no xesto que queres que faga. Cando teñas o que che gusta clica en "gardar e compartir" e por último en "descargar". Cando a teñas no teu ordenador xa podes mandala.
 
Queda deste xeito:
 

"A caricatura de Ricardo"

Como xa saberedes o 17 de maio “Día das Letras Galegas” está a piques de chegar. Este ano adicámosllo a Ricardo Carballo Calero que sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo, escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.

Unha das súas obras máis divertidas destinada ós mais cativos é “As pitas baixo a choiva” que conta unha experiencia vivida cando era neno.

Podedes investigar algo máis sobre a vida e obra do autor si pinchades nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsequelomarin/?q=node/1937

Dende o CEP Sequelo queremos propoñervos que fagades unha caricatura do autor.

Unha caricatura é un retrato no que, con intención crítica ou humorística, se deforman en exceso os rasgos característicos dunha persoa.

 

Aquí vos deixamos unha das fotos máis míticas do autor, atrevédesvos a caricaturizalo?

Enviade as vosas creacións á dirección de correo electrónico sequelonacasa@gmail.com

 

“Dramatizando a Ricardo Carballo Calero”

Dende a sección poemas dende a casa convidámosvos a que nos recitedes algún poema de Ricardo Carballo Calero. Votádelle imaxinación, podedes buscar toda clase de complementos e escenarios que nos axuden a comprender a súa obra.

Aquí vos deixamos algúns dos poemas mais famosos do autor:

Enviade as vosas gravacions á dirección de correo electrónico sequelonacasa@gmail.com

Os vídeos deben durar menos de un minuto, é importante que respectedes o tempo. 

"AS PITAS BAIXO A CHOIVA" Versión 1º

Os alumnos de 1º leron As pitas baixo a choiva, de R. Carballo Calero e fixeron a súa versión da súa páxina favorita. Aquí vemos os traballos de Alba, Joel e Noelia. Tamén o de Álvaro en arquivo adxunto.

Letras Galegas (1): Ignotus de Algarabía Animación

Moito lles temos que agradecer aos de Algarabia Animación que nos mandasen estas curtas de animación que todas elas englobaron polo día das Letras Galegas de hai uns anos a serie coñecida como "A lingua animada"

Nesta caso a figura central é Rosalia de Castro

Ademais das curtas de tres delas enviáronnos tamén 3 unidades didácticas para todos aqueles de vos que vos queirades introducir no mundo do cine e das curtas de animación stop Motion con plastilina, onde Algarabía Animación son uns verdadeiros artistas.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.