Maio 2022

Modificacións Concreción Curricular Curso 2021-2022

Conforme a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, modifícase a concreción curricular.

Esta modificación está dispoñible no arquivo adxunto.

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto 2022-2023

Publicouse a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23.

O prazo para presentar solicitudes  rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

A solicitude pode cubrirse de dúas formas: de xeito telemático ou presencial no propio centro.

De xeito telemático no seguinte enlace FONDOLIBROS

Para presentación presencial: utilice os Anexo I e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) da Orde da convocatoria, debidamente cubertos e asinados, e presénteos no centro educativo.

Outra documentación necesaria:

  • Fotocopia do Libro de Familia ou documento equivalente, onde figure o alumnado e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, fotocopia da última sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Excepcionalmente poderase acreditar o número de membros computables polos seguintes medios:Certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.

  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada

  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia

  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE

O horario de atención de Secretaría será de luns a venres, de 9:00 a 9:45, e de 13:10 a 14:00.

Camiño Portugués...Adiviña!

PEREGRINOS DO CAMIÑO PORTUGUÉS

 

 

INVESTIGA 

Consulta as imaxes do mural e

coñece as vilas e rincóns de Galicia

por onde pasa o Camiño Portugués do interior.

 

Maio 2022. Recompilación do traballado para a celebración dos Maios.

Como todos os anos traballamos a nosa tradición dos Maios e Embarcacións da vila de Marín. Este ano máis que nunca fixemos noso o lema proposto polas Bibliotecas: " A Biblioteca Escolar ten a palabra".

Listaxe Definitiva de Alumnado Admitido para o curso 2021-2022

Unha vez rematado o prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2022/2023, a "Listaxe Definitiva de Alumnado Admitido" está exposta no taboleiro de anuncios do interior do centro, onde os interesados poden consultalo.

A partir de agora, aquelas persoas que desexen solicitar praza deberán facelo polo procedemento extraordinario.

O Camiño de Santiago

A continuación mostro algúns traballos realizados polos nenos/as de 1º e 3º curso na lectura de Educación Física, en relación co Camiño de Santiago.

LETRAS GALEGAS-2022


 

Orientación deportiva en Briz

Onte e hoxe poidemos ir a Briz a gozar dunha xornada de orientación deportiva, inicialmente para 5º e 6º curso pero tamén poideron ir os de 3º e 4º.

Esta actividade levouse a cabo grazas a Xesta Natureza, aprenderon moito, pasámolo moi ben e coñecemos moito mellor o parque!

Deixo unhas fotos e os resultados, que non estiveron nada mal!

Estamos desexando volver para o próximo curso, con mais experiencia e un ano mais maiores!

 

Día do Libro 2022. "Escoitando coa imaxinación". Emocióna-T coas nosas historias.

Aquí deixamos as historias que creastes conxugando música con imaxinación e emocións.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.