Xaneiro 2012

Estou Aquí

Un fermoso video que topamos nun blogue dun colexio da Illa de Madeira e que nos ofrece unha visión da soedade que con moita frecuencia os nenos autistas experimentan.

 

IMAGINE

EU QUERO APENAS

Co gallo do día da Paz eliximos para este ano esta fermosa canción do músico brasileiro Roberto Carlos, que cunha mínima adaptación á nosa lingua cantaremos para festexar a Paz, no día en que o Mahatma Ghandi foi asasinado.

 

A POMBA DONA PAZ

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amence vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños.
O poeta Ramón Caride e o debuxante Pepe Carreiro alian forzas neste libro que está acabadiño de sair á venda.

Dona Paz saíu a pasear
e volveu sentíndose mal,
pois dáballe moita pena
o que vía pasar.
Había xente moi enfadada,
pegándose bofetadas;
con tanques e con misiles
facían guerras a miles.

Charla: "As Enerxías"

Na Biblioteca do Centro, o pasado día 27 asistimos a unha charla sobre as enerxías renovables. Primeiro tratouse da clasificación das enerxías e de como a partir da natureza temos as ENERXÍAS PRIMARIAS: RENOVABLES e NON RENOVABLES, e as ENERXÍAS SECUNDARIAS ou de CONSUMO. Logo reflexionamos sobre a eficiencia enerxética e en como gastamos nós a enerxía.

 

 

Saída Didáctica NovaCaixaGalicia: "O elixir do Amor"

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria acudiron a Pontevedra sairon a presenciar a ópera adapatada para nenos titulada "O elixir do amor" enmarcada dentro das Actividades para escolares do NovaGalicia Banco.

 

'Música popular galega' en Pontevedra, ás 12:00h.

02/02/2012 09:00
02/02/2012 12:00
Etc/GMT+2

Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria do Sequelo asistirán á actividade 'Música popular galega'  no Auditorio Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra sobre as 12:00h.

Visita do coro do Sequelo ao O Grupo

Aquí tedes o vídeo do coro felicitando ás festas ós nosos compañeiros do Grupo.

Os Reis Magos no Sequelo

Tardaron en aparecer nesta páxina, mais mellor tarde que nunca, e grazas ao traballo da nosa AMPA os Magos de Oriente visitaron a nenos, pais.....e por suposto mestres. Sacamonos unhas fotos con eles, pasamos un bo rato; o do ouro, a prata e o incienso non se lle viu moito, disque este ano a crise tamén lles chegou e para darlles de comer aos camelos e poder chegar ao Sequelo seica tiveron que empeñalos; mais o importante foi o bo rato que nos fixeron pasar aos pequenos e aos non tan pequenos

 

PARCELAS A CARÓN DO PAVILLÓN

O 5 de Xaneiro cal Reis Magos que se precen, o Concello de Marín, agasallou á Comunidade Educativa do CEP Sequelo con dúas leiras, pequenas, pero leiras ao fin e ao cabo. Todo foi debido ao bo labor e á dilixencia dos compoñentes da nosa asociación de pais e nais "Andión" á hora de escrebirlle a carta aos "Reis Magos". Un par de parcelas destinadas a actividades de caracter didáctico e ás que, tanto o Anpa coma o Colexio, esperamos sacarlle bo fruto, ou o que teñan a ben dar ambalas dúas.

Noraboa á nosa AMPA que outra vez mais se apunta un tanto na sua tarefa cotián en prol do colexio de todos.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.