Abril 2020

Semana do Libro dende a casa: "Microcontos no espello" (1)

Se non tivese pasado todo isto esta semana do 20 ao 24 de abril estariamos celebrando a Semana do Libro, porque como xa sabedes o día 23 de abril é o Día do Libro. Así que, na medida do posible, ímola celebrar "dende a casa", coa proposta "Microcontos no espello".
Agora estarédesvos preguntando... Que son os microcontos?, e por que no espello?
Os microcontos son relatos moi breves, feitos de xeito que en dúas ou tres frases temos que intentar contar toda a historia. No enlace deixámosvos unha breve explicación e algúns exemplos. Ollo non son para copiar!!!
O do espello é por complicárvolo un pouquiño, sabedes que se poñemos algo escrito diante do espello non o podemos ler, porque as letras vense do revés. Clicade neste enlace para a explicación.
Por último deixámosvos un exemplo, cun truquiño para que vos sexa máis fácil. Coma sempre agardamos os vosos "Microcontos no espello" no correo sequelonacasa@gmail.com.
 
 

Iniciamos a semana (Ed. Física)

os días, hoxe comeza a Semana do Libro! E que mellor maneira de empezar esta semana que con un conto motor, sabedes en que consiste un conto motor?

Un conto motor é un conto xogado, onde temos que representar con noso corpo o que o narrador nos vai describindo, empregando a nosa imaxinación, debemos ser os/as protagonistas, representar animais, plantas, rochas, … empregando a nosa imaxinación para que non falte ningún dos elementos narrados.

 

 Espero que vos guste este conto que vos envío.

 

 

Tamén teño para vós outra actividade para que vaiades facendo ata o domingo, xa empezamos a traballar con pictogramas fai unhas semanas, onde transformábamos os pictos en fotos nosas, nesta ocasión vai ser algo similar, escolledes un e convertédelo en fotografía, como podedes ver hai algún que non é sinxelo de imitar, polo que teredes que empregar a vosa imaxinación.

 Xa empreguei algún dos que me enviaron na outra actividade, irei modificando o arquivo para que non vexades os que xa teñen fotografía e non repitamos fotos.

 

Espero os vosos correos: profetamaraef@gmail.com

 

#euquedonacasa

 

#euficonacasa

LINGUA GALEGA (20-04-2020)(3º)

Comezamos nova semana igual que como rematamos a anterior! Con Lingua Galega!

Unha comprensión lectora que seguro vos soa moito!

Tamén vos deixo o enigma de "Retos en familia" para que a cabeza non pare!!

Ánimo e benvidos a esta nova semana!!

Un saúdo grande!

Tarefa 4ºprimaria, semana do 20 ao 24 de abril

 Esta semana imos traballar as medidas de lonxitude en matemáticas, el cómic en lengua e seguiremos cos maios en galego.

Primeiro déixovos un horario orientativo para que poidades distribuír a tarefa ao longo da semana

luns martes mércores xoves venres
inglés lengua inglés lengua

actividades

complementarias

mates galego mates galego

Reunións coas profesoras a través de jitsi meet:

  Luns 20 ás 11:30 horas 4ºA coas profesoras Loli e Vanesa (sequelo1) para falar cos pais

 Martes 21 ás 18 horas 4º B coa profe Menchi (profemenchi) primero os pais logo os nenos

 Mércores 22 ás 12:30 4ºA coa profe Loli (loliprofe)

 Xoves 23 ás 11:30 coa profe Vanesa ( sequelo1) con 4º B

               ás 12 coa profe Vanesa( sequelo1) con 4º A

               ás 12:15 coa profe Merchi 4º B

TAREFA  MATEMÁTICAS

Esta semana imos repasar as medidas de lonxitude que xa vimos en 3º, acordádevos que para medir lonxitudes empregamos o metro e que traballabamos cunha táboa coas unidades de lonxitude menores e maiores có metro.

Primeiro un vídeo para repasar:

 Agora recordamos as unidades de lonxitude:

 a unidade principal: o metro

as unidades menores: decímetro, centímetro, milímetro

as unidades maiores: kilómetro, hectómetro, decámetro

 Por último traballamos unha fichas interactivas, recordade que cando rematedes tedes que poñer o nome, o curso e enviar a:

 4ºA: 4Asequelo@gmail.com

4ºB: menchiporto@gmail.com

pinchar nos enlaces para facer as fichas

Refuerzo de matemáticas     Unidades de longitud   Medidas de longitud 1

    Medidas de longitud 2         División por una cifra

GALEGO

Esta semana continuamos cos maios, traballaremos nas videoconferencias cos maios que nos mandastes para elaborar un entre todos.

LENGUA

Esta semana vamos a repasar el cómic, pero 1º un vídeo explicativo:

 

 2º Elige un cómic que tengas en casa, pudiendo ser uno que te guste mucho. Léelo con

atención y fíjate en cada una de los elementos que se han mencionado en el vídeo.

3º Dibuja en un folio personajes que representen los siguientes gestos:

- Terror (cabello erizado, ojos desorbitados)

- Sorpresa (cejas altas)

- Enfado (cejas fruncidas)

- Confianza (boca sonriente)

- Sorpresa (ojos muy abiertos, boca abierta)

4º Dibuja cada tipo de bocadillo ( en un folio)

5º.Inventa el texto completo del cómic en base a las ilustraciones dadas y dibuja el final.

( el cómic está en el ficher adxunto)

6. Por último crea tu propio cómic, pensando y creando tanto las imágenes como el texto.

 Esta tarea la tenéis que entregar a las profes ( vuestro cómic). Fecha límite, viernes 24 de abril.

Mucho ánimo.

TRABAJO RECOPILATORIO de la tarea realizada durante la semana:

 

Día Mundial da Bicicleta (Ed. Física)

Hoxe é o día Mundial da Bicicleta, sabíades que os nenos neerlandeses teñen que sacar o carné de bici? 

En abril deben todos os nenos/as de 12 anos someterse a unha proba teórico - práctica de condución de bicicleta, xa que a bicicleta será o seu medio de transporte para ir ó instituto. Que vos parece? Gustaríavos que sucedera isto aquí?

 

A parte práctica non a poderemos facer, pero… vamos facer unha pequena proba teórica, sorte!!!! Tedes dous test, un para ser uns bos peóns e outro para ser bos ciclistas.

 

 

 

Seis retos nun (Ed. Física)

Hoxe vou un pouco tarde nas actividades para vós, pero espero que vos guste os retos que veñen.

Son seis, teredes suficiente para este fin de semana?????

#euquedonacasa

#euficonacasa

Música dende a casa (19): "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo"

Tódolos anos, chegadas estas datas, o Ateneo Santa Cecilia convoca o seu concurso de Maios; este ano por as especiais circunstancias que vivimos non imos poder facer o maio e saír con el polas rúas da vila.
Pero... que tal se o cantamos “dende a casa”? 
Pois ben, ahí vai a nosa proposta: “Levántate Maio Marín 2020 Sequelo".
Mandádenos un vídeo cantando unha ou dúas estrofas dunha copla dun maio. Podédelas crear vos mesmos seguindo o manual que fai uns días nos deixou o profe José Antonio na entrada da web do centro titulada “Coplas dos maios”. Ou ben se non vos atrevedes a crealas pero queredes cantalas decídenolo e dámosvolas nós. 
Tendes de prazo ata o día 28 de abril. Con todas as gravacións recibidas faremos un vídeo que ten que estar listo para saír o día 1 de maio.
Recórdovos o correo para envialas sequelonacasa@gmail.com.
Para aprender a melodía, deixamos este audio cantado fai uns anos por un grupiño de nenos e nenas, algunhas aínda están no cole e outras xa se foron.

Música dende a casa (18): "O cuco", canta Pedro Castro de 4ºB

Pedro Castro de 4ºB canta, acompañado do tambor, unhas copliñas da cantiga "O cuco". Moi ben Pedro, sabemos que cantar e tocar ao mesmo tempo non é nada sinxelo. 
Tamén sabemos que estás aprendendo a tocar os instrumentos de percusión, así que se te animas con outra interpretación estaremos encantados de escoitarte.
 

Hoxe aplaudimos a...(12) todos os pais que teletraballan, Iria Alfonso

Iria Alfonso de 4ºA, aplaude a todos os pais que teletraballan e ao mesmo tempo coidan dos seus fillos e dos seus maiores, como é o caso dos seus pais.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.