PLAMBE
Papiroflexia con Luis Freire: A pinga
Enviado por josean o Lun, 26/06/2023 - 00:07Aquí remata a serie de episodios de Papiroflexia presentada por Luis Freire de 6º, con esta elaboración dunha pinga de auga, pertencente ao traballo sobre a auga que levou a cabo a súa aula dentro da PDI "Protexo o meu planeta..."
IX Certame de Relato Curto das Fanpas de Pontevedra
Enviado por josean o Dom, 25/06/2023 - 16:202 anos de traballo na escritura creativa, que tiveron como brúxula en todo momento no eido narrativo a literatura infantil de Gianni Rodari e moi especialmente o seu libro "Juegos de Fantasía", rematamolos coa participación neste Certame, no que conseguimos que 11 dos textos chegasen a ser finalistas. Deses 11, 2 foron sinalados entre os 5 finalistas destacados. Nesta labor de 2 anos fomos recompilando distintos textos escritos que para este certame e outros sacamos do baúl, de tal xeito que algúns deles estaban realizados o ano pasado. Parabéns a os 23 que foron quen de sacar algo valioso que contar.
Algúns dos finalistas:
O libro que se edita cos relatos axiña estará na nosa biblioteca, e coa sinatura dos autores
Certame de relato Curto "Falarei"
Enviado por josean o Dom, 25/06/2023 - 15:59Entre os alumnos de 6º gustou moito a campaña "Falarei" coa icónica vaca das lentes escuras, e decidiron participar no certame de relatos curtos que se promovía, onde había que imaxinar a Galiza do futuro, onde a imaxinaron con 4 equipos de fútbol galegos en primera, nun mundo robotizado, ou nunha Galicia case apocaliptica baleira. E dende Feiraco tiveron a ben agasallalos con estes estoxos.
Biblio-Verán
Enviado por inesduran o Ven, 16/06/2023 - 19:47
A petición do alumnado a través do buzón de suxerencias, vaise iniciar o préstamo de lecturas para o verán, para pasar tamén algúns momentos de aventuras sen se mover do sitio.
O luns e o martes próximos farase dende a biblioteca o préstamo de 5 libros que serán devoltos na primeira semana de curso, nada máis empezar o curso 2023-2024.
Os nenos e nenas que o desexen poden escoller libremente os seus títulos, previa comunicación aos titores.
A Nosa Mascota da Biblioteca
Tuxiña
Traballando en equipo dende a Biblioteca do CEIP SEQUELO MARÍN
III Festival de curtametraxes Aii Mo. S. A.
Enviado por josean o Dom, 11/06/2023 - 17:17Xunto co Ceip Reibón Moaña, o IES María Soliño de Cangas, o IES JOHAN CARBALLEIRA de Bueu, o IES Plurilingüe A Paralaia e o IES As Barxas de Moaña participamos o sábado día 12 na festa do audiovisual dos centros educativos do Morrazo onde os alumnos expoñen o seu talento e as súas creacións ao longo do ano.
Que é que, no muíño do Señor José? (II)
Enviado por josean o Xov, 08/06/2023 - 23:09Ao redor dos muíños naceu unha rica tradición oral en forma de cantigas, adiviñas e ata trabalinguas como este que te invitan a repetir Antón e Abel. Unha rica tradición oral que era quen de manter viva e en funcionamento a transmisión interxeracional da lingua.
A canle do muíño de Xosé é unha obra de enxeñería moi interesante que se abastece do río 200 metros para arriba do muíño en paralelo ao río e aproveita o desnivel propio do río para desviar a auga.
1. Punto de desvío
Tramos de Canle
Durante algún tramo vai encanado baixo da estrada
Ao final incluso se aproveita como lavadoiro
A PREGUNTA É QUE OUTRO NOME SE LLE DÁ Á CANLE DO MUÍÑO, POR ESA UTILIDADE SÚA DE "LEVAR" O AUGA AO MUÍÑO?
Falarei e falarei
Enviado por josean o Xov, 08/06/2023 - 01:17A partir da campaña que polas letras galegas creou unha coñecida marca de leite galega, e utilizando a marca distintiva de Fernández del Riego, as súas gafas; os alumnos de 6º aproveitaron para traballar a rica fraseoloxía galega ao redor do verbo falar.
Papiroflexia con Luís Freire: "A rá"
Enviado por josean o Mér, 07/06/2023 - 22:03Outro capítulo máis das habilidades de Luís Freire para o Origami; desta vez algo un pouquichiño máis complicado, a rä.
IX Feria do libro usado
Enviado por Ruth o Mar, 06/06/2023 - 13:41Dende o CEIP de Seixo e O CEIP de Ardán invítannos a participar na IX Feira do Libro Usado. Os nenos e nenas poden traer ao colexio, cando queiran, os libros que desexen canxear por un vale (1 libro= 1 vale). Estes vales poderán ser empregados o sábado 17 para intercambiar, por outros libros, nos diferentes postos que estarán instalados na alameda.
IX Certame de relato curto das Fanpas de Pontevedra
Enviado por josean o Lun, 05/06/2023 - 00:36Entre os 63 relatos seleccionados entre os alumnos dos centros de primaria da provincia de Pontevedra para estar no libro que cada ano editan Kalandraka e as fanpas de Pontevedra. tivemos a sorte de que 12 fosen alumnos do noso centro. O traballo xa está feito, xa se logo son seleccionados finalistas ou gañan o certame, como pasou noutros anos, benvido sexa; máis a profundización na escrita creativa é o que a nós nos interesa e iso conseguímolo. Parabéns aos 12 e ao resto que xa se sabe que estas cousas é por gustos de xurado.
Ai Mosa: Duelo ao Sol
Enviado por josean o Dom, 04/06/2023 - 22:47Ai Mosa é o festival de curtametraxes de centros escolares do Morraso. Este ano quixemos estar xunto ao IES María Soliño de Cangas, o IES A Paralaia, o IES As Barxas e o CEIP Reibón de Moaña; e o IES Johán Carballeira de Bueu.
A nosa modesta colaboración é este "Duelo ao Sol"
A de auga
Enviado por josean o Sáb, 03/06/2023 - 00:07Baseado nos microclips de Mans Unidas, os alumnos de 6º realizaron este vídeo para concienciarnos no colexio da importancia do aforro dun ben escaso como é o auga.
Tecnicamente é moi mellorable, especialmente no que toca ao racord, pero dos erros tamén se aprende e máis que dos acertos, que tamén os hai, como o plano detalle que utilizan.
O noso Planeta, O Noso Paraíso
Enviado por inesduran o Mar, 23/05/2023 - 22:57Dentro do PDI deste curso " Protexo o meu Planeta, protéxome eu"
deixándonos levar polas emocións e o compromiso,
falamos do encanto da Natureza para poñer en valor
Os compañeiros de 5º cóntannos as súas impresións.
Para poñer en práctica o seu compromiso
visitaron os nosos areais para limpar do lixo as praias .
Fixeron logo un gran mural co que mostrar os residuos que se botan ao mar
e expoñer de forma visual a longa duración de cada un.
Tamén Ana, a mestra en prácticas acompañou ao grupo nesta parte do proxecto.
Por outra banda os compañeiros de 3º tamén fixeron
poñendo en común o aprendido coa documentación sobre
a proteción do Planeta na biblioteca.
Infantil e 1º tamén quérennos animar a protexer o
Os compañeiros de 2º fixeron un vídeo para nos mostraren
o aprendido sobre os contaminantes da Terra e o solo
Os Maios da Ascensión
Enviado por josean o Ven, 19/05/2023 - 01:00Hai case 100 anos que a tradición de que os Maios de Marín saísen ademais polo día da Ascensión se perdera. Tivo unha recuperación fugaz cara a 1954, e é dende o ano pasado que o Maio Mariñeiro do CEIP Sequelo a recuperou. Neste segundo contamos coa colaboración do Maio de Loira e de dúas artistas do mundo dos maios como son María e Isabel Aguete Soage, e xuntos saíimos cantar polas rúas de Marín baixo o nome do Maio da Chave....de Loira. Ademais ,grazas á colaboración do Museo do Mar, como no ano anterior, acompañounos o Río Lameira para o cal utilizouse a mesma melodía que en 1954 utilizara a carroza triunfal que daquela saíra pola Ascensión. A embarcación é obra dun veterano do mundo dos maios Antonio Rodríguez de 96 anos e que participara nos maios de 1936 e nos contaba como xa o seu pai o fixera antes.
De primeira man os nosos alumnos coñeceron outras tradicións de maio, dentro da propia vila, as do rural, cunhas características propias de seu.
Todo o material xerado no día (fotos e coplas), enviouse como o ano pasado ao Museo do Pobo Galego, por mediación do seu secretario Clodio González Pérez, o maior estudioso desta tradición.
Moi agradecidos ao Concello e a Concelleira de Cultura polo seu apoio en todo momento, para o desenvolvemento da actividade, facilitando o transporte do Maio dende a parroquia veciña de Loira
Maio da Chave
Embarcación Río Lameira
Entrevista aos de Infantil
Enviado por josean o Mér, 17/05/2023 - 18:25Por primeira vez os de 4º de Primaria e os de Infantil, baixo a dirección das súas profes, Alba e Andrea atrevéronse a fedellar coa nosa radio escolar e os resultados foron simpáticos, pero ao mesmo tempo moi profesionais, nunha entrevista onde os máis pequenos entre outras cousas contannos como vén o noso centro. Ben feito rapaces e profes!!
Noticiario Francisco Fernández del Riego
Enviado por josean o Dom, 14/05/2023 - 17:15
Día a día, imos aprendendo de quen leva máis tempo ca nós coa radio escolar. Gustounos moito o estilo de noticiario duns compañeiros de Mijas (Málaga) e os nenos foron quen de adaptar a estructura. Fixeron un bo traballo, que aínda sería mellor sen uns "erros de gravación" que nos obrigou a gravar a última parte dende a casa por teléfono. O resultado malia iso foi estupendo.
NOTICIARIO:
Concurso de Maios e Embarcacións 2023
Enviado por inesduran o Xov, 04/05/2023 - 21:14Resumo da participación no concurso de Maios e embarcacións 2023,
Maio Mariñeiro Embarcación Xiana
- 1º premio en Coroa e 2º en construción para o Maio Mariñeiro
- Tres 3º premios para a embarcación Xiana en: letra, intrepretación e construcción.
- Premio especial en recoñecemento no seu labor ao noso profesor José Antonio.
Grazas tamén ao profesor Ramón
pola súa aportación na participación da embarcación Xiana.
Agradecemento moi especial á participación da ANPA
Noé axudou aos animais. Infantil
Enviado por inesduran o Mér, 03/05/2023 - 23:10
Falando do PDI en Infantil,
"Protexo o meu planeta protéxome eu"
tamén falamos de Noé.
Un home bo que axudou a salvar do diluvio
á súa familia e aos animais.
O Arco da vella foi o sinal
que todos entenderon como o final do desastre.
Telediario dende o Ceo
Enviado por inesduran o Mér, 03/05/2023 - 22:22
Algunhas curiosidades dende ceo
do telediario que fixeron os compañeiros de 6º na clase de Relixión.
Que curioso!!!!
Estas son algunhas das curiosidades que os compañeiros de 4º seleccionaron para este noticieiro dende o Ceo.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »