Febreiro 2015

DÍA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS

SELFIES CON ROSALÍA

Moitos rapaces quixeron nestes días facerse unha foto (selfie ou non) xunto a Rosalía de Castro, polo que agradecemos aos nenos e as familias a súa colaboración. O bo é que os rapaces sempre saen incribeis nas fotos, logo cando un se vai facendo grandiño xa a cousa cambia. Se facedes click enriba da foto poderedes aceder a todas as que nos trouxeron

 

ACRÓSTICO PARA ROSALÍA

Traballo colectivo con este acróstico onde a partir do nome da autora os rapaces foron aportado primeiro palabras e logo oracións as que inda parecendo imposible foron dotando de significado e cambiando para obter este resultado. Imos avanzando do colaborativo ao individual á pouquiños pero seguros.

DIA DE ROSALÍA RC 24

Como a calquera gústannos as festas e por iso esta mañá tivemos no colexio a música tradicional de Felipe Rea Otero e a arte poética de Xosé Daniel Costas Currás que lles falou aos nenos do acto da escritura, de cómo nace e de como convivir con iso nestes tempos. Ben o 24-F, pero pasada a foghetería interesanos o 25-F, 26-F. o 27-F....porque Rosalía segue aí eses días e non o esquecemos.

MUXÍA DAS ALTAS PENAS

Video que tiñamos arquivado a espera deste día, o día de Rosalía, cun poema de Cantares Gallegos sobre Muxía.

#EUSONROSALÍA

A nosa colaboración á campaña promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega polo 24 de Febreiro para conmemorar o nacemento da poeta.

RC 24

Para despedir a nosa derrota ao redor das nubes de palabras (que xa aburren) os nenos traballaron ao redor da figura de Rosalía. O importante neste caso non é a feituría que practicamente a fai o programa que xa usamos doutra senón as ideas. Así Ángela actualizou o concepto de Rosalía nesa estupenda idea de RC 24, e coma esa outras. Grandes estes nenos!! isto si que é un traballazo

 

 

 

MOSAICO DE ROSALÍA

Coas fotos dos nenos construimos este cartel de cara á conmemoración do nacemento da poetisa

URRA-LAS POTAS

Celebramos o noso peculiar domingo oleiro en Venres, o venres pasado. Unha das poucas tradicións do Entroido tradicional que aínda se conservan en Marín. De seguro coma en toda Galicia outras moitas houbo pero a medida que a vila medrou e se instalou unha nova sociedade estas e outras tradicións esquecéronse. O dos rapaces cos restos das potas foi de velo e nosn contalo, matabanse por eles. Algún xa propuxo participar o ano que ven, iso si con casco de bicicleta. Seguriños!!

XI OBRADOIRO DA FILLOA (AS FOTOS)

As máis saborosas fotos de todo o que aconteceu no noso Obradoiro da filloa e no Entroido

 

Facendo Click enriba da imaxe accederedes a todas as demáis

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.