4º Primaria
Os nenos de 4º fomos aos museos da Coruña
Enviado por Anónimo o Xov, 30/05/2019 - 14:03( Equipo 5 de redacción: Sara e Alexandra)
O martes, dia 28 de maio, os nenos de 4º de primaria fomos á Casa das Ciencias, ao Domus e ao Acuario.
Pasámolo moi ben. O primeiro lugar que visitamos foi a Casa Das Ciencias. No baixo había un péndulo xigante que mostra a rotación da Terra, unha incubadora con pitiños... Na segunda planta había experiencias como unha ilusión óptica, un canón de aire cun globo flotando, unha creadora de pompas de xabón enormes, a simulación de vento no deserto e outra de auga na Terra. Na 2ª planta había unha exposición temporal de péndulos con columpios, un metrónomo... A terceira planta estaba adicada á astronomía con moita información sobre o espacio, as constelacións... e cunha cabina na que podías ver algo parecido a un extraterrestre. Por último visitamos o planetario, no que nos puxeron unha minipelícula na que un vampiro chamado Von Siro, que era astrónomo, quería ver a luz do Sol sen convertirse en polvo. O seu axudante, Dagoberto inventou unha máquina coa que podías verte en calquera sitio como na Lúa, en Saturno...
O segundo lugar que visitamos foi a Domus, na que vimos a evolución humana e os seus cranios, un xogo simulando a caza no que tiñas que tirar pelotas nuns buratos con forma de bisontes, unha máquina que medía a lonxitude do teu corpo, e do tu fémur e úmero. Na entrada había unha foto da Mona Lisa feita con fotos de caras de persoas, unha torre de libros...
Despois de comer fomos ao acuario. Alí vimos peixes moi raros que nunca viramos e un que tiña branquias e pulmóns. O que máis nos gustou foi ver cando lle deron de comer ás focas.
Día Mundial da Poesía
Enviado por Anónimo o Ven, 22/03/2019 - 14:09( Equipo 1 de redacción: Carlota, Elva, Candela e Irene)
Onte, 21 de marzo, foi o Día Mundial da Poesía. Os nenos de 4º curso para celebralo lemos varias poesías e escribimos a que máis nos gustou. Lemos poesías de varios autores como: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Luis Pimentel, Lois Pereiro, Xosé Mº Díaz Castro... Tamén fixemos unha poesía inventada.
As dúas profesoras de 4º colgaron as poesías polo corredoiro para que todo o mundo poida lelas. Este día é chamado Primavera dos Poetas e o seu principal obxectivo é soster a diversidade dos idiomas.
Estas son algunhas das nosas poesías:
O noso robot Mbot
O noso robot, Mbot
cando fai bip, bip,
acéndese o motor.
O noso robot, Mbot
cando xira para un lado
vólvese azulado.
O noso robot, Mbot
cando vai para diante
vólvese un diamante.
O noso robot, M bot
cando vai para atrás
ponse a cantar.
XOEL
O tiburón
O tiburón xoguetón.
O tiburón tontorrón.
O tiburón lambón.
O tiburón cabezón.
Aínda que...
é un nubarrón.
ROBERTO
O meu hámster Manolo
O meu hámster Manolo
é moi xoguetón.
O meu hámster Manolo
queríalle un montón.
O meu hámster Manolo
era moi amoroso.
O meu hámster Manolo
faleceu fai un montón.
ALEXANDRA
Mbot, o noso robot
Mbot, o noso robot
é moi xoguetón.
Cunha táblet se conduce
e fai un cruce.
Vai para diante, vai para atrás,
vai para un lado e volve a xirar,
vai para o outro e encende as luces,
esquiva un obstáculo
e fai un espectáculo.
O noso robot
canso está
conéctase ao ordenador
e vai descansar.
LAURA
O meu paxariño, Pepo
adorable,
mimoso
e pequeno.
Pequeno é Pepo,
bonito e riquiño.
O meu corazón
teno todiño.
CANDELA
A miña familia
A miña familia é especial
son cariñosos, así sen máis,
quérenme moito tal como son,
eu tamén a eles, aínda que son un montón.
Son bos, á súa maneira,
porque, aínda que teñen carácter,
teñen paciencia.
Eu ríome moito,
porque son moi graciosos
e cando estou con eles
fan chistes moi chistosos.
IRENE
Que larpeiros son!
Os alumnos do Sequelo,
que larpeiros son!
Por aquí un caramelo,
por aquí un bombón
No entroido,
filloas;
No nadal,
mazapáns;
No verán...
Xa vou reventar!
BREIXO V.
Estoupaglobos
Enviado por josean o Ven, 15/03/2019 - 19:00Dúas versións do estoupaglobos, onde o visor é manexado co rato, e a misión é estoupar tantos globos como poidas. O primeiro máis lento dentro do grupo de rapaces de 4º titorizado por Álvaro Pereira Omil e o segundo moitísimo máis rápido feito por outro grupo de 4º
O compost
Enviado por Anónimo o Xov, 14/02/2019 - 14:25Equipo 3 de redacción ( Xoel, Laura, Yasmín e Carla)
O mércores 13 de febreiro, uns nenos de 6º curso ( Nayara, Mateo, Ángela e Samuel) ensináronnos cunha presentación de diapositivas o que é o compost.
A cousa que máis nos chamou a atención foi por que está formado o compost, e agora xa o sabemos; está formado por residuos orgánicos, terra, follas, paus...
Non se poden botar líquidos como o leite e a sopa, medicamentos, pilas, plásticos, vidros...
Despois leváronnos a ver o compost que estaba no patio. O compost tarda de 6 a sete meses en convertirse en terra fértil.
Algúns animais como as miñocas, lesmas, caracois...descompoñen o compost.
Encantounos, pero...que peste!
Traballando en clase
Enviado por Anónimo o Xov, 14/02/2019 - 13:31Equipo 4 de redaccion ( Martín, Sara, Alexandra, Dani e Rubén )
Chegamos de vacacións de Nadal con moita enerxía!
Aínda que non escribimos no blogue, estamos a traballar moitísimo en clase.
En ciencias da natureza, fixemos un traballo, chamado "Menú saudable" no que tivemos que poñer unha dieta para tres dias.
En informática seguimos con M-Bot e tamén estamos facendo un traballo sobre animais.
Para o Día da Paz cantamos con todo o colexio unha canción coa música da "Marcha Radetzky" e fixemos o sonido co corpo. Despois de ensaiar, sempre nos doían as mans e as pernas. Sabiamola moi ben! E saiunos xenial!
En lingua escribimos moitos textos, por exemplo, descricións. A ver si acertades de que personaxes falamos.
Din que habita nos castelos. Poden ser de cor azul, amarelo, vermello...É moi grande e voa, e as barbacoas que fai --mmm!...Que ricas!
Non ten moitos amigos e algunha vez casi seguro que tiveches algún peluche del. ( Breixo S.)
Parece unha persoa normal, pero cando a lúa está chea crécenlle moitos pelos polo corpo, póñenselle os dentes moi afiados e as orellas, coma as dos...
Dá moitísimo medo! (Breixo V.)
Bo Nadal
Enviado por josean o Mér, 05/12/2018 - 20:20Adrián Pesqueira coordinou o grupo de 4º que realizou esta postal, traballando coas flechas do cursos e a do espazo
Unha excursión moi chula
Enviado por Anónimo o Lun, 26/11/2018 - 13:58( Equipo 3 de redacción: Roi, Breixo S., Roberto e Breixo V. )
O mércores 21 de novembro, os nenos de 3º e 4º cursos de primaria fomos ao Café Moderno a visitar unha exposición de grabados de Francisco de Goya e Salvador Dalí. Antes fixemos un grabado coa técnica da punta seca. Esta técnica consiste en raiar cun punzón unha superficie lisa, pintala con pintura, sacar a pintura agás a que está nos buratos e estampalo contra un cartón, papel... Así queda o debuxo pintado no cartón.
A continuación fomos mirar os grabados de Goya e Dalí. Ensináronnnos dúas caixas, unha de Dalí e outra de Goya. Tamén nos ensinaron unha caixa atrapafantasmas coa que atrapamos tres monstros.
Despois fomos ao Auditorio de Afundación a mirar unha obra musical titulada " O máxico planeta dos instrumentos insólitos". Trataba de dous señores que creaban e tocaban instrumentos. Chamábanse Diego e Jorge e tocaron: o serrucho musical, o brick de leite con cordas, a guitarra caldeiro, o recolledor frauta, a basoira frauta, a silla de camping frauta, o acordeón, o violín, a frauta feita cun óso, a culler coa sartén, as dous culleres, a frauta traveseira, a bandurria, o theremín...
Breixo Sanjorge tocou o theremín. Pasámolo xenial!
CAMPEONATO MUNDIAL DE XADREZ DE CADETES
Enviado por Anónimo o Lun, 12/11/2018 - 13:53( Equipo 2 de redacción: Yasmín, Laura, Carla, Maroua e Xoel)
O Campeonato Mundial de Xadrez de Cadetes estase a celebrar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Empezou o día 3 e rematará o 16 de novembro. Nel participan máis de 800 nenos de 86 países diferentes. Hai 69 xogadores galegos, entre eles os nosos compañeiros Breixo e Darío.
As partidas comezan ás 16:00 e algunhas pódense ver en directo na web do campeonato. Hai tres categorías sub-8, sub-10 e sub-12. Breixo, que está na nosa clase, participa na sub-8. Confiamos que quede en bo posto.
Ánimo Breixo!
(Foto da delegación española, atopas a Darío e Breixo?)
"A clase encantada dos 18 nenos" conto terrorífico de 4ºA
Enviado por Anónimo o Ven, 09/11/2018 - 22:47O alumnado de 4ºA fixemos un conto que se desenvolve no noso colexio e do que somos protagonistas todos os nenos da clase, que temos que artellar un plan para salvar á mestra... De que ou de quen? Conseguirémolo?... Só vendo a nosa representación o descubriredes.
"O vello muíño" conto terrorífico de 4ºB
Enviado por Anónimo o Ven, 09/11/2018 - 22:35O alumnado de 4ºB creamos un conto que se desenvolve nun muíño, uns nenos perdidos no bosque atopan un muíño donde refuxiarse, pero... Que pasará alí? Non deixedes de ver a nosa representación se queredes averigualo.
XA ESTAMOS EN CUARTO!
Enviado por Anónimo o Xov, 18/10/2018 - 13:17(Equipo de redacción: Breixo S., Breixo V., Roi e Roberto)
Estamos en cuarto de primaria, isto xa é máis difícil. Fixemos xa tres exames. Temos unha compañeira nova, Maroua, e marchou un neno chamado Alejandro.
Temos tres profesores novos; o de educación física, Agustín, o de inglés, Ramón, e o de plástica, Jorge. Todos son moi bos.
Agustín díxonos que os que queiramos, podemos ir a Xogade, que é un concurso entre colexios que ten estas probas ás que te podes apuntar:
-Fútbol sala.
-Campo través, que é correr por un monte.
-Atletismo, que é salto de altura, salto de lonxitude, lanzamento de pesas...
Roi vai ir a campo través e a fútbol sala, Breixo Sanjorge vai ir ao mesmo, Roberto só a fútbol sala e Breixo Vidal a campo través e a fútbol sala.
En clase fixemos moitos textos, e algúns foron anécdotas. Aquí temos a de Roberto:
"Estaba na aldea cando escoitei barullo. Saín da cociña onde estaba comendo para ver. Cando saín un can meu, chamado Tití entrou pola ventá e comeu o meu filete. Cando entrei dinme conta de que Tití comera o filete."
Xuntanza centros de Marín
Enviado por Menchi o Ven, 29/06/2018 - 12:44O pasado 20 de xuño os centros de Marín : IES Mestre Landín, CEIP Carballal e CEP Sequelo reunironse na alameda para coñecer os proyectos de robótica levados a cabo nos respectivos centros.Os alumnos de 4ºA do Sequelo presentaron o seu proxecto de robótica basado no proxecto transversal do río Lameira..
Proxecto Robótica 4ºA
Enviado por Menchi o Dom, 17/06/2018 - 22:31Os alumnos de 4º A comenzamos este curso a iniciación á robótica, levando a cabo varias sesións de iniciación á programación de robots mediante o programa de MBOT, coñecendo alguns dos sensores que emprega este robot. O proxecto que levamos a cabo está relacionado co proxecto de centro sobre "O Río Lameira", das moitas saídas que fixemos este curso para coñecer mellor o noso entorno máis próximo, unha das que máis lles gustou foi a das construcións que hai no río. Uns expertos no tema!!!
Presentación proxecto Río Lameira 4ºA
Enviado por Menchi o Dom, 17/06/2018 - 21:20Ao longo do presente curso os alumnos de 4º A fixemos unha serie de saidas ao río Lameira para coñecer a flora, fauna, minerais, os elementos do río, construcións do río, o río e as matemáticas, adornos de nadal que fixemos cos materiais que recollimos no entorno do río... Un total de sete saídas para estudar os diferentes temas. Na clase de informática recollimos toda esta información nunha presentación que nos explican Aroa e Paula e que expuxeron para os compañeiros doutros cursos.
O Acuario de A Coruña
Enviado por Menchi o Sáb, 16/06/2018 - 17:28Os alumnos de 4º de primaria visitamos os museos científicos de A Coruña : primeiro a Casa das Ciencias, despois O Domus e rematamos no Acuario.
O Domus
Enviado por Menchi o Sáb, 16/06/2018 - 12:24Os alumnos de 4º de primaria fomos visitar os museos científicos de A Coruña. Empezamos na Casa das Ciencias e continuamos no Domus.
Desmontando a Casa das Ciencias
Enviado por Menchi o Xov, 14/06/2018 - 12:37Os alumnos de 4º de primaria fomos de excursión visitar os museos científicos de A Coruña. Empezamos pola Casa das Ciencias.
Saida ao Principe Felipe
Enviado por Menchi o Mér, 13/06/2018 - 13:24Os nenos de 4º foron ao Principe Felipe ao campeonato de fútbol sala
Letras Galegas
Enviado por Menchi o Mar, 12/06/2018 - 21:56Os nenos de 4º estiveron investigando a vida de Mª Victoria Moreno para escribir un pequeno rap coa súa biografía. O resultado foi este:
Victoria Moreno
gañou o premio
das letras galegas
por facer poemas.
A cuarta muller
en levar o premio
por escribir en galego.
Filla de mestra
e pai militar
ela facia as letras bailar.
PROXECTO RÍO LAMEIRA
Enviado por Menchi o Mar, 12/06/2018 - 18:45Durante o presente curso fixemos varias saídas ao río Lameira para coñecer a vexetación, a fauna, as construcións do río, minerais, costumes, elementos do río,.. Destas saídas recollimos a información nunha presentación multimedia; por parellas os nenos foron traballando os contidos e aprendendo a traballar coas novas tecnoloxías.
Power Point elaborado por Paula e Aroa 4º A