Animación á lectura

REPRESENTACIÓN DE NADAL. "O PLANETA SEQUELIANO"

Este ano levamos a cabo unha pequena representación de Nadal titulada "O Planeta Sequeliano"; adaptación da obra de Teresa Iturbe "El Planeta Atmosfiniano".

Esperamos que os bos desexos dos "sequelianos" para estas datas se extendan a todos os días do ano.

Concurso tarxetas Nadal

Como cada ano os nenos e nenas do cole esforzaronse moito para obsequiarnos con estas bonitas tarxetas.

Clicando na foto veredes as premiadas.

O DÍA DAS CALAVERAS

"A noite das calaveras" foi unha actividade que levamos a cabo no colexio, como parte do proxecto lector onde se mesturou creación literaria, cos microrelatos creados polos rapaces a partir dun texto de Neira Vilas, e a nosa tradición oral de carácter fantástico. Isto só é un tímido reflexo do que foi a víspora de defuntos en todas e cada unha das clases  do noso colexio

I CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR

O Equipo de Normalización e a Biblioteca convocan o primeiro concurso de Microrrelatos de Terror. Continúa este texto pertencente a "Cartas a Lelo" de Neira Vilas:

Meu Leliño:

 

         Ti de seguro oíches falar, cando estabas na aldea, de que na Carballeira de Roi andan pola noite meigas e pantasmas.  A xente fala moito. A xente  dalle arreo ó peteiro.  Algúns chegaron a dicir  que bateran con caixas de morto e con renques de luces monte adiante.

O texto non debe ter máis de 250 palabras e polo menos ten que aparecer unha vez por algures a palabra ESCOLA

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN: LUNS, 28 DE OUTUBRE NA AULA DE 4º A


HAIKUS DAS FLORES PARA ROSALÍA

Dentro do Obradoiro de Creación Escrita que vimos desenrolando fixemos un achegamento a os haikus, unha estructura poética tradicional xaponesa, producto maioritariamente do asombro do poeta ante a natureza e que non soe constar de mais de tres versos. inda cos nosos eran libres, so se lles pedía que expresasen ante a contemplación de distintas flores e se relacionase co que coñecían sobre a poesía de Rosalía que neste intres xa é moito.

CERTAME LITERARIO DE VERÁN CONCELLO DE MARÍN

Sempre é gratificante que os proxectos teñan o seu froito inda que sexa deste xeito. Os nosos Obradoiros de Creación Escrita que dende o ano pasado estamos levando a cabo no colexio teñen o seu recoñecemento en certames tanto da vila (Cartas de Amor, Narrativa de AC Santomé, Ateneo Santa Cecilia) como e especialmente fora da vila (finalistas no de poesía Francisco Añón Paz de Serra de Outes e de narrativa Muralla de Lugo). Parabéns a Hugo e Carmen, e aos rapaces dos demais colexios. E a continuar traballando neste camiño


TEATRO NAS AULAS

Os nenos de 2º A baixo a direción da súa mestra Asun crearon esta pequena dramatización que levaron ao resto das aulas nestes derradeiros días do curso 2012-2013



VISITA DE FINA CASALDERREY

A escritora e recente membro da Real Academia da Lingua Galega acudiu ao colexio a presentarlle aos nenos e nenas de 4º o seu libro Chamizo.

INTERCAMBIO DE MARCAPAXINAS CO EEI O GRUPO

Co gallo do Día Mundial do Libro, os alumnos de 1º, 2º e 3º intercambiaron marcapaxinas cos alumnos do EEI O Grupo

VISITA DE ANA ALONSO

Os nenos de cuarto de Primaria recibiron o venres 22 de marzo a visita da escritora Ana Alonso, coa que estiveron falando do seu libro "El palacio subterráneo".  A autora amablemente contestou a todas as  súas preguntas e asinou exemplares do devandito libro.

Ana Alonso residiu durante a meirande parte da súa vida en León.  Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León e amplia os seus estudos en Escocia e París.  Ten publicado oito poemarios e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005) e o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006)

Escritora, traductora, bióloga e profesora de secundaria, Ana Alonso destacou, ademais de polos seus libros  de literatura xuvenil, pola súa incursión na poesía, obtendo un acesit no premio adonais 2003.

ROSALÍA É NOSA

O 24 de Febreiro cúmprense 150 anos da publicación do libro de Rosalía de Castro, "Cantares Galegos". Coincide ademais, o ser a data do nacemento da autora e nese día todas as institucións culturais galegas van celebrar con distintas actividades "O día de Rosalía"

Nós tamén nos queremos unir á homenaxe pública á obra de Rosalía de Castro e nunha data tan especial para todos os galegos queremos invitarvos a que elixades un poema, estrofa ou versos do libro e veñades lelo cos vosos fillos á BIBLIOTECA do colexio na mañá do venres día 22 de Febreiro.

Se vos é imposible estar ese día e queredes participar no acto podedes gravarvos en video cos vosos fillos e mandarnolos ao seguinte correo ceipsequelo@gmail.com. O texto do Libro tédelo no arquivo adxunto desta misma entrada

2012 CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Así quixemos rendirlle homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no ano do seu centenario.

CONFERENCIA SOBRE CELSO EMILIO FERREIRO

A profesora e investigadora marinense, Ana Acuña Trabazo, doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua e Literatura na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, da Universidade de Vigo, achegouse ao noso colexio para falarlles aos nenos de 6º sobre a traxectoria vital e poética de Celso Emilio Ferreiro co gallo do centenario do seu nacemento.

CONTO VIAXEIRO: O LOBO LUPO

Este conto viaxeiro é froito da colaboración de tres colexios: CEIP Atios, do Porriño, CEP O Sequelo e CEIP A Laxe, de Marín, a proposta dos seus respectivos Equipos de Dinamización da Lingua Galega. Participaron os alumnos do 1º ciclo. Parabéns especiais aos compañeiros do CEIP O Laxe que tan ben superon levar a porto o proxecto

CANTIGA DE AMIGO DA ILLA DE TAMBO

Por mor do día Internacional do Libro, aparte do Curso, ocurriusenos a idea a partir do tema dos nosos Xogos Florais "Marín e o Mar", de crear unha cantiga de amigo para a illa de Tambo. Así de xeito concatenado tres cursos traballaron utilizando o esquema da de Nuno Treez sobre a Illa do Santo e o resultado foi esta cantiga, completada cun pequeno comic que elaboraron os de 2º

A Banda Deseñada dos nenos de 2º:

ROBERTO DI QUE: Proxecto Lector

Xa vedes que cada vez animanse a vir contar libros mais nenos, pasan un rato divertido na nosa Biblioteca acompañados dos seus compañeiros e melloran as súas capacidades lectoras. Desta vez o libro elixido foi "Roberto di que"

 

CONCURSO DE CONTOS A.C. SANTA CECILIA

No concurso de contos, que como todolos anos convoca a Asociación Cultural Santa Cecilia, dúas nenas do noso colexio foron galardonadas na súa categoria. Felicidades a elas e ao resto dos rapaces do noso e doutros colexios que coa súa imaxinación encheron a A. C. de historias.

PROXECTO LECTOR: Contacontos no Primeiro Ciclo

Dentro do Proxecto Lector que estamos levando a cabo, cada certo tempo os alumnos do Primeiro Ciclo están realizando cos seus compañeiros, tanto mais pequenos como mais grandes, sesións de Contacontos. O venres foi o turno de Jonathan, Alberto e Antón, disfrutamos con eles destes dous marabillosos contos, porque non o esquezamos o primeiro de todo é que a lectura serve para pasar un bo rato.

 

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO/XOGOS FLORAIS 2012

Organizados conxuntamente pola Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística tiveron lugar onte os I Xogos Florais do Sequelo en lembranza dos orixinais que supuxeron a presenza de Celso Emilio Ferreiro en Marín. Estes son os poemas e debuxos galardonados

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO/ANO CELSO EMILIO FERREIRO

Co gallo do Centenario do Nacemento de Celso Emilio Ferreiro, e o que ten mais relación co noso pobo, o Cincuentenario da presenza do autor en Marín nuns Xogos Florais organizados pola A.C. Santa Cecilia; o Cep Sequelo convoca entre os seus alumnos uns Xogos Florais de poesía e debuxo (para o primeiro Ciclo), que a imitación daqueles que tanto nos seus apartados de lingua castelá como galega gañou o autor de Celanova, terán como tema "Marín e o mar"
A lectura dos poemas premiados, ademais do poema en galego do poeta que someramente reproducimos a continuación e da cantiga medieval de Nuno Treez sobre a Illa do Santo, terá lugar na Biblioteca do Colexio como acto de Celebración do día Internacional do Libro.


Marín de maruxía e veiramar prantada
ardendo no solpor de cada día.
Na ría verdegada co mar cercado de ondas,
Tambo, dorna varada....

(Celso Emilio Ferreiro)

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.