Novembro 2023
O Samaín na Biblioteca
Enviado por inesduran o Ven, 03/11/2023 - 13:38Medo na Noite (II)
Enviado por josean o Xov, 02/11/2023 - 23:54A lenda dun cabalo branco infernal que axuda aos camiñantes a cruzar un río, aparece espallada por toda Galicia. Esta que contan os nosos alumnos sucedeu no río Limia hai disque que unha chea de anos, cando aínda os animais falaban...
Medo na Noite (I)
Enviado por josean o Xov, 02/11/2023 - 22:42"Medo na Noite" é unha serie de programas que os nenos de 5º e 6º dedicaron ás lendas que arredor dos ríos poboan a mitoloxía galega. O primeiro desta serie nárranos de como se orixinou o rei dos ríos galegos, o Miño.
SAMAÍN NO SEQUELO
Enviado por laurarialf o Mér, 01/11/2023 - 14:09Durante esta semana os corredores do cole enchéronse do Samaín.
Elaboramos tarxetas de pantasmas nas que dentro incluímos palabras relacionadas co sentimento do medo. Tamén fixemos uns botes moi monstruosos.
Coa colaboración das familias fixemos exposicións de cabazas.
Ademais, na clase elaboramos debuxos (EI, 1º e 2º) e contos terroríficos (3º,4º,5º e 6º).
No seguinte vídeo podédeslle botar unha ollada.
O propio día do Samaín xuntámonos todo o cole para cantar e interpretar en Lingua de Signos a canción "No Samaín" de Paco Nogueiras coa axuda da profe Montse.
Os de 3º léronlle lendas e adiviñas na biblio aos de 4º e logo os de 4º léronlle un conto feito por eles e elas mesmas.
Por último, a ANPA preparounos unha casa terrorífica onde puidemos disfrutar dun momento de intriga e curiosidade e un altar de defuntos mexicano onde puidemos debuxar e recordar a algúns dos nosos seres queridos. Moitas gracias pola vosa colaboración e parabéns por todo o traballo!
PASÁMOLO EN GRANDE NESTE SAMAÍN 2023!
Contos Terroríficos polo Samaín
Enviado por inesduran o Mér, 01/11/2023 - 01:24- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4