Febreiro 2022

Charla do Plan Director para o alumnado de 5º

O venres, 4 de febreiro tivemos a primeira das charlas do Plan Director sobre Novas Tecnoloxías en 5ºEP impartida pola Unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional de Marín.

A conferencia tratou sobre os riscos de internet, o uso correcto das redes sociais, o perigo de falar a través de internet con descoñecidos, o ciberacoso e, empregando a terminoloxía inglesa, o sexting, ciberbulling, grooming, phishing...

O axente da Unidade de Participación Cidadá deulles tamén moitos consellos para evitar estes riscos, como a creación de contrasinais seguros, non enviar imaxes, nin vídeos, non aportar datos persoais, nin bancarios e comentar cos adultos, nais, pais e profesorado calquera cousa que lles pareza sospeitosa, para poder atallar situacións perigosas, poñéndoo en coñecemento das forzas de seguridade.

Ao finalizar a charla os nenos e as nenas recibiron cadanseu carnet de "policía infantil".

Quédannos pendentes as charlas de 6ºEP, para o 18 deste mes, e outra para familias e profesores o martes 15, dependendo esta última da situación da pandemia.

O Sequelo Pluricultural

O que nenos de distintas culturas compartan un espazo educativo supón para o noso centro e os nosos nenos unha enorme riqueza, mais a maior alfaia témola nas nosas máns, en coñecer en debida forma a nosa cultura, a dos antigos e os novos galegos.  Pluriculturais, mais moi galegos, así somos no Sequelo.

Vén en Bicicleta ao Sequelo

Elixe un camiño seguro, e fai como Uxía, vén ao cole dándolle aos pedais. Seguriño e con sentidiño, terás sitio onde aparcala.

Vén ao Plan Madruga

Nas mañás como Iria ou como Astérix madrugamos con forza no Sequelo ou iso é o que nos conta Iria Alfonso de 6º B.

Vén ao Comedor

Manuela Marie Calviño Sobrino de 6º B invítanos a coñecer o comedor, un lugar conceptuado para moito máis que comer.

A máquina do tempo

Dentro das actividades propostas no programa de educación afectivo-sexual "Colexio do Benquerer" dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria, traballamos na aula a actividade "A máquina do tempo", que trata dos cambios que acontecen durante a puberdade, e que vimos que se dan en catro ámbitos diferentes: físico, emocional, cognitivo e social. Coa axuda do alumnado clasificamos un montón de características diferentes nalgún destes ámbitos sinalados.

 

Pegadas de Paz. 2022

 

Outro ano máis, aínda que sen achegarnos moito,

celebramos o Día da PAZ. 

Curso a curso fomos deixando nos corredores do noso cole,

unha pegada cos nosos desexos de PAZ

              

Poema pola Paz. 5º

 

 Para non esquecer que a Paz

ten que durar máis que un día...

 

                     PAZ                      

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.