Maio 2019
Copla da Embarcación Xiana
Enviado por josean o Mar, 07/05/2019 - 23:46Como sempre sacamos á nosa Xiana as rúas para cantar, e para tal fin recuperamos unha vella melodía dunha carroza triunfal de 1954.
Copla do Barco Monte de Mogor
Enviado por josean o Mar, 07/05/2019 - 23:41Este ano, por segunda vez, saímos con dous barcos, esté foi un empréstito da Casa da Cultura de Mogor. Moi agradecidos.
Copla do Maio Mariñeiro do Sequelo
Enviado por josean o Mar, 07/05/2019 - 23:26A partir do libreto que fixemos no colexio entre as dúas clases de 6º elaboraron unha copla que o xurado dos maios estimou como moi boa. Parabéns nenos!!
Atletismo en pista- 5º curso
Enviado por Belen o Mar, 07/05/2019 - 17:27Outra das actividades coa profe Rebeca, que xamais esqueceremos. Pasamos unha xornada especial, como se pode apreciar no vídeo. Moitas grazas!!
Educación Física na Rúa 2019 (vídeo completo)
Enviado por Belen o Mar, 07/05/2019 - 17:16En agradecemento ao traballo da profesora Rebeca. Desexámoslle moita sorte!
Brigada Forestal do Campiño
Enviado por Menchi o Mar, 07/05/2019 - 13:34Ola! Grazas por deixarnos vir e aprender de vós. Moitas grazas por ensinarnos como funciona o helicóptero, grazas porque salvades o noso medio ambiente e tamén as nosas vidas e sodes moi valentes, sodes heroes e cando vós salvades o bosque poñedes as vosas vidas en perigo e grazas por deixarnos as vosas ferramentas. E tamen vimos como despegaba o helicóptero.
De Mario Villaverde, Estrella Jiménez, Carlota Martínez e Xián López.
Día do Libro 2019. Apadriñamentos lectores.
Enviado por Anónimo o Lun, 06/05/2019 - 20:14Aínda que se nos fixo un pouco tarde, porque despois das vacacións se nos acumularon as actividades, por fin puidemos saír todos xuntos ao patio a festexar o "Día do Libro"; con estes apadriñamentos lectores, nos que o alumnado dos cursos superiores elexiu as lecturas para os seus apadriñados dos cursos máis baixos.
Visita ao castro A Subidá e petroglifos de Mogor
Enviado por Anónimo o Dom, 05/05/2019 - 21:22Grazas a Manuel, un alumno de terceiro, que lle escribiu unha carta ao Concello para falarlles sobre uns restos que atopou no castro A Subidá, o propio Concello invitounos ir a ver as excavacións no castro. Estivemos acompañados do concelleiro Manuel Santos.
Ademais, tamén completamos a visita indo ver os petroglifos de Mogor e baixando a praia onde nos explicaron os riscos e precaucións que debemos ter no mar.
Salta
Enviado por josean o Xov, 02/05/2019 - 18:20Enrique García Graña e Adrián Pesqueira Fernández de 6º B recrearon este xogo co que desfrutaron os nenos máis pequenos. Seguide as instrucións da rapaza...
Mbot no Departamento de Orientación
Enviado por josean o Mér, 01/05/2019 - 18:20O Mbot è un recurso motivador que nos permite traballar entre outros aspectos a atención , psicomotricidade fina e funcions executivas (organización, planificación, memoria de traballo, autoregulacion...).
A traves da App Mbot fixemos pequenas actividades de programación para coñecer o funcionamento do robot e con Makeblock levamos a cabo actividades de orientacion espacial.