Xuño 2013

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "CASAS CON POTÍN"

Antes de que desaparezan, decidimos convocar este I Concurso Fotografico de casas con Potín (como se lles chama en Marín). Somos conscientes de que na vila hai presentes outras tipoloxías de casas mariñeiras como as térreas, de pincho.....mais as mais recoñecibles e as mais doadas de atopar porque están presentes no mesmo centro do pobo, son estas. Non o iamos poñer tan sinxelo que no noso cartaz xa puxeramos unha casa de Marín, para o caso escollimos de Cangas que resume moi ben o que eran e son as casas con potín: pintadas coma os barcos a dúas cores ou caleadas (hoxe en día teñen a pedra ao descuberto), escaleiras que dan aceso ao sobrado e que soen ir paralelas á casa ou nalgúns casos en perpendicular, ao final das escaleiras unha zona cuberta ou PATAMAL..... e nesta fermosa foto aparecen ademais outros instrumentos mariñeiros coma o carro onde os mariñeiros levaban os aparellos dos baixos ou das chabolas aos barcos e a patela para levar o peixe.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS FOTOS PARA O CONCURSO-TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: ATA O 14 DE XUÑO DE 2013.
Recorrede as nosas rúas cos vosos fillos e axudadelles a descubrir os pequenos tesouros que temos na vila. Estade atentos ás pistas que iremos dando sobre a localización dalgunha delas.


FINALISTA NO PREMIO DE NARRACIÓN MURALLA DE LUGO

Entre as 500 redacións participantes no Concurso da Muralla de Lugo, ían 20 do Sequelo, e desas vinte unha, non obtuvo o primeiro premio (iso para anos posteriores), mais foi unha das 5 finalistas. Parabéns Pabliño (Pablo Morgade Muras 3º A) e disfruta o día 7 de Xuño da entrega de premios en Lugo coa túa familia.

Acede á noticia na prensa dende aquí:

RESTAURANTE FARRUCO: VISITANOS CHUS PEREIRO

Con retraso (16 de Maio) publicamos a nova da súa visita, e tennos que perdoar a compañeira do CEIP Canicouva de Vigo Chus Pereiro, natural de Marin e que lles viu falar aos rapaces de 3º dos aspectos máis lúdicos e creativos do teatro, traballando cos nenos a súa obra "O Restaurante Farruco".


ROBERTO VIDAL BOLAÑO: ACTIVIDADES PARA ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO

Co coñecido software que suministra a marca de EDI que temos creamos este conxunto de actividades tipo sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño para xogar/traballar cos nosos nenos. Todos vos podedes descarregalas dende o link que aquí vos deixamos, https://dl.dropboxusercontent.com/u/46581019/EDI/roberto%20vidal%20bola%... e accedendo á versión online do programa http://express.smarttech.com/# abrilo.

ROBERTO: BIGOTE, NARIZ E SOMBREIRO

Outro xeito de ver á Roberto Vidal Bolaño a través dos ollos dos nenos de 3º A 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS (V)

Os nen@s de Sexto fan un resumo da Biografía de Vidal Bolaño e interpretan unha pequena escea da súa obra "Touporroutou da Lúa e do Sol".

THE LION SLEEPS TONIGHT

No festival do día das Letras Galegas tamén houbo tempo para a música Disney do "Rei León".

FINISTERRA

Outra cantiga tradicional na versión de Treixadura

RUADA DE CHAMOSA

Mais do Festival das Letras Galegas 2013 a cargo do Coro Sociocomunitario do Centro de día interpretando esta cantiga popular galega.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.