Abril 2020

Manualidades dende casa...(9): Laura Otero, Óscar e Xiana de 6ºB.

Ola! Aquí vos deixan unha mostra da súa arte para as manualidades Laura Otero Macenlle (testo para flores), Óscar De la Torre Aboal (lapiseiro) e Xiana Gómez Orge (Xuntos salvaremos o Mundo); os tres de 6ºB. Parabéns!

 

Música dende a casa (10): Xiana 6ºB

Xiana Gómez Orge de 6ºB interpreta ao piano a "Antigua canción napolitana". Parabéns!

Contos dende a casa (31): Álvaro de 1º le "La vaca que puso un huevo"

A Álvaro, de 1º, gústalle estar cómodo na casa e lendo un bo libro. A súa lectura mellorou moito. Grazas, Álvaro, por compartir este conto.

Deportistas galegas (Ed. Física)

O alumnado de 5º e 6º estamos a facer uns carteis con información sobre deportistas galegas, estes son algúns dos que van chegando estes días, esperamos seguir aumentando a nosa colección.

 

 

Ioga para toda a familia (Ed. Física)

Darío Vidal Salgueiro recórdanos que:

#nonsexasburrooprimeirodeabril.

Debemos quedar na casa, pero sen esquecer que se empeza un mes novo, e para celebrar este inicio vamos practicar Iogaequilibrio, respiración, relaxación,... hoxe ensinarannos diferentes posturas con nomes de animais, envíovos un enlace de ioga para a familia, xa me contaredes se alguén da vosa casa se anima a practicalo con vós.

  Como xa levamos moito tempo en terra, vamos facer un pequeno viaxe en barco pirata, espero que non vos mareedes.

A navegar meus grumetes!!!!

 

 

#euquedonacasa

Manualidades dende casa...(8): Alex 6ºB

Bo día. Hoxe para empezar a mañán, Alexandre Villanueva Orge de 6ºB, proponnos facer unha ra moi chula. Ánimo.

 

O Papagaio

O PAPAGAIO é un xornal para a xente miúda, impreso en papel reciclado e a cor. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual, e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura... Os contidos das seccións están supervisados por especialistas na materia e ilustrados por diferentes autores e autoras. 
O obxectivo do xornal é que as nenas e nenos se interesen pola ciencia, a ecoloxía, a historia ou a arte, entre outras, dunha forma amena e divertida.
 
Se premes nesta imaxe que pertence a unha das súas portadas poderás acceder gratuitamente de xeito dixital a cinco das súas revistas.
 
 

Traballando cos ángulos (IV): Desafío angular

O desafío angular desta vez formúlavolo Dani:

-Como se denomina este tipo de plano e porque?

 

-E moito máis interesante, o becho é galiña ou galo e porque?

 

-Que fai sentado no bordo da cociña?

 

(Dani ti cala)

#Non sexas burro o primeiro de Abril

Facédelle caso a Darío Xosé Vidal Salgueiro e a ver o que facedes o primeiro de Abril. Non sexades burros, oh.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.

 

Arquivos mensuais