Ed. física

Retooooo, cambiarse de silla!!! (Ed. Física)

Olaaaa!!!!!

Para esta fin de semana propóñovos un reto-xogo que me enviaron esta semana por whatsapp, e pareceume divertido, podedes retar a alguén da casa, do cole, da clase,… espero que vos guste!!!! envíovos o orixinal, espero poder cambialo polo meu reto superado.

 

Xa tiña ganas de enviarvos este vídeo, desfrutade!!


#euficonacasa

#euquedonacasa

 

Roda roda (Música e Ed. Física)

Xa me chegou o primeiro xogo cantado, é de Pedro e de Daniel, eu non coñecía a “Roda roda” e vos?

Tamén nos envían un exemplo de execución.

Está xenial!!!! un xogo novo para comezar as recollida de "xogos cantados".

 

Esperamos as vosas entrevistas, vídeos, explicacións,....


#euficonacasa

#euquedonacasa

Xogos+cancións (Ed Física + Música)

Hoxe traio unha nova actividade para todos e todas!!!!!!!
 
Esta proposta empezámola o venres pasado, presentando unha tarefa na que tiñades que escoitar unha pista musical e contestar unhas preguntas, xa tedes a primeira parte feita?
 
Pois vamos a pola seguinte parte…
buscar xogos que estean acompañados de cancións, recitativos rítmicos, adiviñas, ladaíñas,… existe moitos e moi variados, podendo ser xogos de palmasde cordade gomade botar a sortes,… temos moitas categorías. Nesta tarefa, teredes que facer unha entrevista similar a que fixemos cos ”xogos e xoguetes”, pode vir acompañada dun vídeo no que saídes practicando o xogo, explicando como se xoga e xogando,… preséntovos algúns exemplos que encontrei en internet, pero seguro que aparece algún que non está catalogado, se a súa finalidade é xogar, pasalo ben e ten canción, ritmo ou música, tamén vale.
 
Déixovos algúns exemplos:
 
Canción de corda
 
 
Canción de goma

 

Xogo de palmas

 

Xogo con canción

 

Botar a sortes

 

O modelo de entrevista axúntovolo en pdf, odt e formato word, xa sabedes que podedes enviarmo cuberto directamente no ordenado, en foto, ou coas preguntas en outra folla.
 
Estamos moi ilusionadas a profe Merchi e eu por esta nova actividade esperamos que vos guste e poidamos coñecer moitos xogos novos.
profetamaraef@gmail.com
 
#euficonacasa
#euquedonacasa

Día de África (Ed. Física)

Hoxe é o día de África, e continuamos con xogos tradicionais e populares, propóñovos tres xogos africanos, unha “Mariola Africana”, que non se parece moito a que coñecemos aquí, pero que ten en común que se xoga con cadrados, e gustoume porque nos introduce un pouco no que vamos a traballar dende a área de EF e de Música, tamén vos propoño un xogo que nos vale para practicar en calquera lugar, só precisamos unha parede, pedras e moitas ganas de xogar e por último un xogo de mesa, onde reunimos concentración e enxeño. Espero que vos gusten para comezar a semana!!! 

Un xogo moi similar a petanca, onde temos que lanzar pedras para tentar acercalas o máximo posible a parede, traballamos lanzamento e precisión.

 

E para rematar, un xogo de mesa. Mancala ou Kalaha.

 

 

Como podedes ver podedes realizalos todos na casa, non precisan un material especial, no Mancala ou Kalaha, envíovos varios vídeos un do xogo no taboleiro orixinal e outros dous con taboleiros que todos podemos facer na casa, gustoume moito o que se elabora coa caixa dos ovos, xa que pode ser un bo xogo de viaxe.

 
Desfrutade moito dos xogos e das actividades de hoxe, que teñades moi bo inicio de semana.
 
#euquedonacasa
#euficonacasa

Día Europeo da Red Natura 2000 (Ed. Física)

Cada 21 de Maio celébrase o Día Europeo de Rede Natura 2000. Unha ocasión para que a sociedade adquira coñecemento sobre os Espazos Naturais Protexidos que se inclúen nela e contribúa á súa conservación.

 

Nesta páxina podedes encontrar os espacios naturais que temos en Galicia, eu vivo na Zona Especial de Conservación de Carballido, coñecedes algunha das que aparecen na lista?

Propoño dúas actividades para o día de hoxe:

 

Aprender bolboreta en Lengua de Signos Española.

 

 

 

Empregar esta aprendizaxe para…

 

Non é preciso que a envíes a dirección do vídeo, na rede están a copiar esta iniciativa e realizar vídeos dende os centros educativos para apoiar a conservación da nosa natureza, invítote a que fagas a foto e ma envíes (profetamaraef@gmail.com), para crear o noso efecto de bolboreta, poden participar todos os que o desexen, envía só a imaxe das mans ou onde te vexamos realizando o xesto. Comezamos o cambio…

#euficonacasa

#euquedonacasa

 

Día Mundial das Abellas (Ed. Física)

Como hoxe é o Día Mundial das abellas, vou propoñervos unhas actividades de orientación, as abellas precisan ter moi bo sentido da orientación, para chegar sen dificultade dende os lugares nos que recollen pole e néctar ata a súa colmea, que en ocasións se encontra lonxe, espero que vos gusten as propostas, vamos comezar con unha ficha relacionada co día de hoxe, podedes facelas directamente na pantalla do ordenador e autocorrixir .

 

Tamén vos deixo unha actividade de repaso do nome das articulacións.

#euficonacasa

#euquedonacasa

Carrom (Ed. Física)

Roberto amósanos na súa entrevista un xogo que eu non coñecía, investigando un pouco descubrín que tamén se denomina billar indio, parece moi entretido, a el ensinoullo seu pai, é un xogo moi coñecido en Suiza e pronto poderá compartilo con nós.

Encontrei varios vídeos para ver como se xoga, espero que vos gusten.

 

 

#euficonacasa

#euquedonacasa

 

A corda (Ed. Física)

O xogo de hoxe vaino presentar Iker.

A canción de corda que nos propón é o “cocherito leré”.

 

 

As nenas e nenos do CEIP Esteiro de Ferrol, explícannos como saltar a corda e propóñennos uns retos para practicar, animádesvos?

 

#euficonacasa

#euquedonacasa

 

A chave (Ed. Física)

A entrevista de hoxe é de Rubén.

A verdade é que eu esta modalidade de Chave non a coñecía e Rubén e Iria fixeron un traballo de investigación, a variante que eles nos mostran é a “Llave Asturiana”, en Galicia temos outras tres chaves, distínguense polo deseño, esta é de tres aspas , vou deixar que nola expliquen e mañá fareivos un resumo das galegas.

 

A Chave

ORIXE

 

Este xogo popular nace nas minas de Xixón, onde os mineiros xogaban tirando as chaves as vías, desta forma pasaban o tempo dos seus descansos. De ahí, extendese por Asturias e pasa a Galicia, donde hai 3 versións diferentes en función da forma da chave.

 

Trátase dun xogo de precisión no que se utilizan dous materiais metalicos:

- a chave, elemento a golpear , que consiste nun ferro duns 75cm de altura e tres aspas de 15, 10 e 6 cm separadas entre si 10 ou 16 cm.

- os pellos que son discos de ferro ou plomo que se lanzan contra a chave que teñen un peso entre 400 – 750 gr, diametro 6-8 cm e grosor 18-20 mm.

 

Desenvolvemento do xogo:

A chave ou xogo da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia.

O obxectivo é petar cos pellos na chave o maior número de veces.

 

O terreo de xogo é unha explanada duns 20 m de lonxitude por 2 metros de ancho. A liña de lanzamento está situada a 15 metros (entre 18 e 20 pasos) da chave. O desnivel máximo do terreo será de 40 cm (entre a liña de lanzamento e a chave).

As partidas soen disputarse a 10 tiradas por xogador. Poden xogarse dun só xogador contra outro, por parellas, por grupos.

Puntuación:

• 15 puntos na aspa pequena

• 10 puntos na aspa mediana

• 5 puntos na aspa grande

• 1 punto no exe

 

Gaña o xogador ou equipo que antes conseguen os puntos acordados de antemán.

#euficonacasa

#euquedonacasa

Día das Letras Galegas (Ed. Física)

Estas semana fixemos un gran traballo de investigación, recollendo a través das nosas entrevistas xogos e xoguetes dos nosos e nosas maiores, foi un gran traballo, teño algunhas entradas que me faltan por colgar, pero hoxe quería facer algo diferente, algo que nos representa, algo que marca diferencias é a música e o baile de cada rexión, envíovos uns pequenos vídeos de baile galego, imaxino que moitos e moitas de vos recoñeceredes os pasos, pero espero que o desfrutedes igual!!!!

Que pasedes un gran Día das Letras Galegas!!!

#euficonacasa

#euquedonacasa

 

Os bolos celtas (Ed. Física)

Existen moitas modalidades de bolos, Miguel na súa entrevista descóbrenos os bolos celtas.

 

Os bolos celtas son orixinarios da provincia de Pontevedra, pero na actualidade practícanse por toda Galicia, chegando aos países de América do Sur.

 

terreo de xogo debe de ser de terra batida. Ten unha zona de lanzamento (unha pedra de 2 metros por 40 centímetros e estará elevada uns 35 centímetros sobre o chan), unha pedra boleira (situada a uns 6 metros da zona de lanzamento, sendo de 1,2 metros por 70 centímetros e con unha pendente do 15% cara a liña de 10 metros). Existe unha liña de tanteo (raia de 10) situada nun radio de 25 metros do centro da pedra boleira. A 30 metros da pedra boleira encontrarase a valla (4-5 metros de altura), que servirá para deter os bolos.

 

Os bolos colócanse enriba da pedra boleira, son 18 e están feitos de madeira, teñen unha altura de 15 centímetros e rematan en pico, con un diámetro de 7 centímetros e cortados con un desnivel do 15% o igual que a pedra boleira.

 

As bólas son de madeira dura, cun diámetro de 10 centímetros e un peso de 900 gramos.

O obxectivo do xogo é lanzar a bóla contra os bolos para derrubalos e lograr que a bóla e o maior número de bolos pase a liña de tanteo. Para puntuar a bóla, sempre deberá pasar a liña de 10. Cada bolo que pase a liña valerá 10 puntos e os caídos pero que non pase a liña valerán un punto.

 

Lánzase a pé parado dende a zona de lanzamento, podendo caer diante desta unha vez soltemos a bóla.

 

 

Os xogos son a 50 tantos, cada partida consta de catro xogos. Cada persoa deberá lanzar tres bólas consecutivas, “plantando” de novo os bolos que se derruban en cada lanzamento, cando se fan os tres lanzamentos, toca a quenda do brilé (lanzar rodando tres bólas dende un lado da liña de tanteo, neste caso non se “plantan” os bolos derrubados ( a non ser que non exista ningún en pé), cada bolo brilado vale un punto.

 

Espero que vos gustara este xogo, que variante foi a que vos sorprendeu? coñeciádelas todas? podemos adaptalo de moitas maneiras para poder practicalo, con latas de refresco, botellas de auga,… o máis difícil son as dimensións do campo, pero poderemos adaptalas a nosa realizade.

#euficonacasa

#euquedonacasa

Actividades para a familia (Ed. Física)

O 15 de maio é o Día Internacional da Familia, polo que traio unhas propostas para facer en familia, un xogo de mesa e unhas actividades para facer un pouco de movemento, xa sabedes que podedes modificalas, e retar a todos/as aqueles/as que queirades.

 

Desfrutade!!!!

 

 

#euficonacasa

 #euquedonacasa

O Guá (Ed. Física)

O xogo de hoxe é o Guá, ten moitas variantes e diferentes nomes, a entrada de hoxe vana explicar Hugo, Estrella e Pedro. Esta actividade podemos practicala sós ou en compañía, pero como nos lembra Hugo só podemos xogar fóra e nun terreo que non sexa duro.

 

O Guá é un xogo infantil que consiste en introducir bolas pequenas ou “canicas” dentro dun burato impulsándoas cos dedos, Guá tamén se denomina o burato que se realiza no chan para xogar.

 

E para rematar… un pouco de actividade física, hoxe ides precisar unha pelota, e unha parella, desfrutade moito do día que xa é venres!!!!

 

#euficonacasa
#euquedonacasa

 

O pincho (Ed. Física)

xogo de hoxe procede da entrevista de Clara, un xogo de lanzamento de precisión, que podemos xogar individualmente ou con número de xogadores que queiramos, tamén podemos modificar o campo, e como moitos outros xogos podemos encontralo con diferentes nomenclaturas, espero que vos guste. 

O cravo

Material: un cravo grande de ferro (que podemos substituír por calquera obxecto que teña punta por un lado).

Onde debemos xogar: nunha zona de terra, para que o pincho se crave, debemos debuxar na terra circunferencias ou cadrados numerados. Os debuxos do chan deben ter uns 40 centímetros de diámetro e deben estar numerados.

Debemos establecer a orde de lanzamento, na primeira quenda debemos lanzar o cravo a casa número 1, se se consegue, lanzarase a casa número 2 e así sucesivamente, en caso de fallar ou que o cravo non se chante, cederáselle a vez ao seguinte, cando nos volva a tocar, debemos volver a lanzar o cravo o número no que quedamos con anterioridade, non é preciso volver a comezar na casa 1.

 

E como sempre para rematar, un pouco de actividade física.

 

#euficonacasa
#euquedonacasa

Ovo-pico-araña (Ed. Física)

O xogo de hoxe explícanolo Carlota, é un xogo de dous equipos, o que dificulta que o poidamos practicar neste momento, pero seguro que alguén da casa vos pode contar algunha anécdota desta actividade e practicarémolo pronto!

 

Para rematar a entrada, vamos realizar unha actividade na que poidamos participar varios xogadores/as, podedes retar a alguén da casa para que vos acompañe, e colabore con vos na elaboración das actividades a realizar. Ánimo!!!!!!

 

#euficonacasa

#euquedonacasa

 

Pita Cega (Ed. Física)

entrada de hoxe trátase dun xogo clásico que todos/as xogamos algunha vez, vai presentalo Mario, imaxínome que todos e todas o coñecedes, desfrutade da práctica.

A pita cega 

Xógase nun terreo chairo e sen obstáculos, para evitar caídas.
Un/unha queda e vendaráselle os ollos cun pano. O resto de xogadores/as colócanse arredor do/da que a queda, formando unha roda.
Materiais: unha venda para os ollos, que poderá ser un pano.
Xogo:  Sortéase entre os/as xogadores quen "a queda” para facer de pita cega.
Ao que "queda" véndanselle os ollos e despois pregúntanlle :"Pita cega, que se che perdeu? " ao que "o/a que a queda" responde: "Unha agulla e un dedal". Entón o resto de xogadores/as respóndelle: "dá tres voltiñas e os encontrarás".
O/A que fai de pita cega dará tres voltas sobre si mesmo/a mentres o resto de xogadores/as cantan: "Unha, dúas e tres,".
Despois a pita cega avanza cos brazos estendidos intentando tocar a algún dos/das outros/as xogadores/as, e cando o fixo, debe adiviñar quen é tocándolle o pelo, a cabeza, a cara e as mans. Logo dirá o nome do/a xogador/a que cre que é, se acerta, cámbianse os postos e se non acerta, o resto de xogadores/as diranlle que fallou, seguindo o xogo ata que acerta.

 

Peletre - Mariola - Raiola - Caracol - Avión (Ed. Física)

A entrada de hoxe compártena Roberto e Sergio, con un xogo que ten moito en común pero que o mesmo tempo ten diferencias, existen moitas máis variantes, espero que descubrades algunha.

 

A Mariola

 

Mariola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mariola ou peletre é un xogo tradicional infantil, con moi diversas variantes, no que se debuxan unha serie de casas numeradas no chan por onde ten que saltar o xogador, ou os xogadores por orde, despois de guindar un anaco de pedra chamado peletre ou patefa que se arrastra mentres se salta á pata coxa.

Materiais necesarios

Para comezar a xogar só se necesita debuxar o campo de xogo e coller unha pedra para poder lanzala e xogar. Dependendo das zonas, o campo debúxase de diferentes formas. Na zona de Carnota, onde se coñece tamén como pelete, debúxase un terreo de xogo onde se enumeran as casiñas do un ao nove.

Normas
Para comezar a xogar sortéase cal dos xogadores comeza a partida.
Ao principio tírase a china (pedra), na casiña un. Realízase o percorrido como de costume, pero se se tocan as liñas limitantes perderase a quenda e pasará ao xogador contrario.
Se a china ou pedra non cae na casiña correspondente, tamén se perderá a vez.
Cada xogador poderá tirar cantas veces poida, mentres a pedra non pise a liña ou saia desta.
Cando se perde a quenda e posteriormente se volve a xogar, pois xa pasou toda unha ronda de xogadores, empezarase a xogar onde se quedara anteriormente.
Proceso

Para comezar, tírase a pedra na casiña un e sáltase á pata coxa, sen pisar na casiña que ten a pedra. Ao chegar ás casiñas divididas con dous números (as casiñas 4 e 5, e as casiñas 7 e 8 ), porase un pé en cada unha simultaneamente. Ao chegar á derradeira casiña, tamén dependendo das zonas, nunhas remátase o xogo e noutras séguese.

 

#euficonacasa

 

 

 

#euquedonacasa

O Trompo (Ed. Física)

 

As entrevistas de hoxe son de Daniel e Pablo, que nos presentan o xogo do Trompo, un xoguete que ten moitas variantes no seu nome, buxaina, peonza, peón... e tamén nos trucos que podemos facer.

Unha buxaina, peón,... é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase coma xoguete aínda que tamén foron usadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.

O poder xiroscópico gradualmente diminuirá debido ao rozamento do aire, conducindo a que o corpo se balancee trazando unha traxectoria circular do seu punto de apoio ata que esta é maior que o centro de gravidade provocando finalmente a caída.

 

 

Na actualidade hai moitos tipos de Trompos, nestes dous vídeos explican como realizar o primeiro lanzamento.  

 

Outros trucos que poderíamos aprender… 

Existen en youtube moitos vídeos nos que nos ensinan trucos incribles con trompos, espero que vos animedes a facer algún!

 #euficonacasa
#euquedonacasa

 

 

 

As canicas - As bolas (Ed. Física)

Hoxe compraten entrada Mateo e Aitor, explicándonos nas súas entrevistas como é o xogo das canicas.

Existe moitas variantes para xogar as bolas.

Algo que me preguntei  sempre foi como podemos xogar con unha cousa tan redondiña e de cristal, aquí vos deixo un vídeo de como se crean as bolas.

Repasamos a entrada do xoves!!! 

 

E para rematar como sempre unha proposta de actividade física...

Podedes modificar as accións, completar con máis números,... esta actividade permite que a ampliedes todo o que se vos ocorra.

 

Espero as vosas entrevistas de xogos e xoguetes tradicionais, populares,... (profetamaraef@gmail.com), a plantilla vai adxunta na entrada de hoxe.

#euficonacasa

 #euquedonacasa

 

A billarda (Ed. Física)

 

O entrevista de hoxe é de Iria, onde nos presenta a Billarda.

Investigando un pouco descubrín que na páxina do cole temos unha entrada dedicada a este xogo, onde podemos encontrar moita información. Pinchade na imaxe para acceder directamente.

 

Outros vídeos que vos poden resultar interesantes. 

 

 

Antes de rematar, un test para repasar todo o aprendido onte sobre o aro.

 

Lembrade, que a actividade das entrevistas é para todo os do cole, está na entrada do luns, espero os vosos traballos de investigación (profetamaraef@gmail.com).
 
E para rematar, un reto de equilibrio e desprazamentos, lembrade que non tedes que empregar vasos de plástico, poderedes substituilos por vasos de iogur, ou outra cousas que teñades pola casa.

 Desfrutade moito!!!!!

 

#euficonacasa

 

#euquedonacasa

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.