Polos creativos

No curso 2022-2023 iniciamos este proxecto promovido pola Consellería de Educación.

Circuitos de Papel

A partir do material que se nos subministrou por medio da nosa participación nos polos creativos os nosos alumnos profundizaron no coñecemento dos circuitos con novos elementos coma as Leds, o cobre adhesivo.....e rápidamente logo de rematar a tarxeta de exemplo aplícarono na realización do adorno dun dos murais que sobre as anguías realizaron.  Incluso a maiores idearon un interruptor de papel para o circuito.

A partir da proba o novo circuito ideado polos alumnos

Traballamos a Banda Deseñada con Alfons Figueras

Dentro dos autores máis clásicos do mundo do cómic español Alfons Figueras, que como Conti e Vázquez traballaron para a Editorial Bruguera, crea un estilo diferente cun estilo propio cheo dun humor subrrealista en personaxes como Topolino, o último heroe, Aspirino e Colodión, Cine Locuras ou en historietas curtas coma esta "Aquí está don Gaspar", marcada pola ausencia de diálogos.

Placas Makey Makey

Placas Makey Makey proporcionadas polo proxecto Digicraft no que estamos inscritos, un pouco de Plastilina Play Doh proporcionada polas compañeiras de infantil, outro pouco de cartón e a habilidade para programar en Scratch de Roberto, Diego Soaxe, Diego Vilela, Issam. Álvaro e Alonso, máis a capacidade para interpretar deste último, deron coma resultado estes singulares instrumentos.

Curiosidades animais

En Ciencias Naturais os alumnos de 5º estivemos traballando o tema dos animais e como estabamos mergullados no Proxecto Documental sobre o río Lameira, aprendimos algunhas cousas curiosas sobre a anguía, o animal que eliximos, pero ademais aprendimos estoutras cousas sobre outros animais. Curiosidades en Radio Tuxiña

 

Facemos un cursor Makey

Unhas simples frechas construídas con cartulina e forradas con papel de aluminio fixeron que por medio das placas Makey Makey coas que nos dotou a nosa participación no Proxecto Digicraft e unha sinxela programación en Scratch, se convertisen nas frechas do cursor.

Entrevistas na beira: "O enterro da sardiña"

Dende polo menos 1882 vense celebrando en Marín o Enterro da Sardiña. O enterro da Sardiña é unha celebración que marca por toda España o final do Entroido urbán e que ten lugar o Mércores de Cinza, pero o Enterro en Marín ten unhas peculiaridades que o fan diferente. O pobo de Marín, mariñeiro, desde ás súas orixes soubo adaptalo á súa realidade, con ladanía e música de seu; música que aparece no podcast.

Quen máis sabe do Enterro é Celso Méndez Fraguas, por telo vivido dende que recomezou a súa andadura en 1976 e como os nenos de 5º querían saber do seu Enterro da Sardiña, quen mellor.

May be an image of 4 persoas, newsroom e texto

 

Entrevista na beira III: Montse Ogando

Pola nosa radio pasa unha mestra que se incorpora este ano ao noso centro é que dá en quinto música e Plástica.  Se queredes saber máis dela estade atentos  a esta entrevista na beira.

Tarxeta de Nadal Scratch

Un Feliz Nadal deséxanvos con esta tarxeta dixital feita coa linguaxe de programación Scratch os alumnos de 5º

Entrevistas na beira II: "Entrevista ao río Lameira"

Hoxe e sen mollarnos como ten por costume, achegouse polo noso cole o Sr. Río Lameira e contoulles  cousas moi interesantes da súa vida, aos curiosos reporteiros de 5º.

O traballo da escaleta está inspirado nunha historia de Gianni Rodari, "Brif, bruf, braf", do libro Contos por teléfono que os nenos están lendo.

 

Que cousa, cousiña é?

A partir de tres adiviñas tradicionais, os nenos de 5º foron aprendendo no taller de Adiviñas a crear a partir de estructuras diversas, as súas novas adiviñas ao redor da castaña, o ourizo, o castiñeiro...o Magosto.

Entrevistas na beira

Neste primeiro "Entrevistas na Beira"... do río Lameira os nenos de 5º entrevistan para a Radio Sequelo á nova presidenta da ANPA Aidón que lles conta cousas moi interesantes.

 

Os Trasnos

A partir dunha canción de Pablo Díaz, aprendimos un chisquiño doutra personaxe mitolóxica galega, pero que está espallada por toda a xeografía peninsular: trasno, trasgu, trasgo, strago... Vive na cova do bosque, feo, forte e peludo...

As Lavandeiras da Noite

Dentro do Mundo Mitolóxico Galego a personaxe que máis relación ten cos ríos é o das Lavandeiras. A personaxe é coñecida a través dun romance recollido en Cerdedo e que foi amplamente musicado con distintas melodías por grupos de folk. A melodía máis utilizada é esta que interpreta un dos nosos nenos.

Ollo: se te topas cunha delas observa en que dirección retorce a súa saba e imítaa.

 

Que sabemos do Gatipedro?

O Gatipedro é un ser mitóloxico moi peculiar, é un gato, pero é algo máis, ven polas noites ás casas, e non lle gusta o sal. Isto é máis cousas é o que nos contan os rapaces de 5º.

 

Que sabemos da Santa Compaña?

Da Santa Compaña, quizais a figura lexendaria máis coñecida na mitoloxía galega, foi todo isto o que aprenderon os nosos alumnos.

Medo na noite (IV)

En Silleda, hai unha ponte construída polo mesmísemo demo, a petición dos monxes do Mosteiro de Carboeiro.

 

Medo na Noite (III)

As XACIAS son seres da mitoloxía galega coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, sobre todo, feminina. Segundo as lendas, encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos. Neste caso na zona do río Miño que pasa pola parroquia de Chouzán no concello de Carballedo da Comarca de Chantada en Lugo.

Medo na Noite (II)

A lenda dun cabalo branco infernal que axuda aos camiñantes a cruzar un río, aparece espallada por toda Galicia.  Esta que contan os nosos alumnos sucedeu no río Limia hai disque que unha chea de anos, cando aínda os animais falaban...

 

Medo na Noite (I)

"Medo na Noite" é unha serie de programas que os nenos de 5º e 6º dedicaron ás lendas que arredor dos ríos poboan a mitoloxía galega. O primeiro desta serie nárranos de como se orixinou o rei dos ríos galegos, o Miño.

 

Papiroflexia con Luis Freire: A pinga

Aquí remata a serie de episodios de Papiroflexia presentada por Luis Freire de 6º, con esta elaboración dunha pinga de auga, pertencente ao traballo sobre a auga que levou a cabo a súa aula dentro da PDI "Protexo o meu planeta..."

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.