Febreiro 2020

O alumnado de 6º curso visita o IES Illa de Tambo

Hoxe os dous cursos de 6º visitamos o IES Illa de Tambo. Antonio, o seu director, presentounos a biblioteca, o salón de actos, as aulas de 1º e 2º de ESO onde atopamos a compañeiros/as coñecidos, a aula de música, o pavillón e o ximnasio, e tamén os laboratorios de física e de bioloxía. Gustounos a visita!

Liga Lego Junior 2019-2020: presentación do proxecto en Ferrol

O sábado 15 de Febreiro tivo lugar a presentación dos proxectos da Liga Lego Junior no auditorio de Ferrol. Saíunos todo xenial e quedamos moi contentos co noso traballo. Ímovos amosar algunhas imaxes dese día:

Diploma de felicitación a CEP Sequelo como gañador do premio "Exploradores Cooperativos"

O equipo coa medalla e o diploma:

Foto cos pais e nais que nos acompañaron:

O noso traballo exposto:

O equipo durante a súa presentación:

O vídeo da nosa presentación, que dura 7 minutos:

Ímovos contar un breve resumo da xornada:

Tivemos que levantarnos da cama ben cedo, pois ás 7 da mañá saímos para Ferrol. Foi moi bonito ver as cores rosadas e azuis do mencer. Chegamos ao auditorio sobre as 9 horas e xa nos estaban esperando para darnos as acreditacións e as entradas.

No auditorio había unha sala grande onde tivemos exposto o noso traballo xunto aos de outros 20 equipos nas categorías de 4 a 6 e de 6 a 9 anos. A iso das 11:30 déronnos un bocata de merenda. Por fin, ás 12:30 chegou a hora de presentar o noso traballo diante do xurado, formado por dous científicos e unha científica (podédelo ver no vídeo anterior).

Sobre as 13 horas déronnos un bocata de almorzo, de lomo con tomate, que estaba ben bo. Xa para rematar, e despois de ir tomar un café cos papás e mamás, asistimos ao acto de clausura no auditorio, onde nos entregaron os diplomas e unhas medallas xeniais feitas con pezas de Lego. Nese acto intervíu un mago moi simpático, que fixo dous trucos divertidos. Nun deles foi capaz de convertir un papel mollado nun montón de copos de neve que nunca remataban.

Temos que agradecer enormemente á organización e a aos voluntarios/as que nos axudaron moito en todo o que necesitamos. Esperamos volver o ano que vén!! Grazas!!

Máis información sobre o evento en :

Televisión de Galicia

Páxina oficial en Twiter

Álbum con todas as nosas fotos do proxecto

Fotos na web oficial de Flickr do evento en Ferrol

Día Mundial da Radio

O pasado 13 de febreiro celebramos o "Día Mundial da Radio" no CEP Sequelo.

Este ano a UNESCO fixo un chamamento a tódalas emisoras de radio para defender a diversidade tanto nas súas redaccións coma nas ondas radiofónicas.

Dende Radio Sequelo gravamos un programa especial no que comezamos cunha breve historia da radio e rematamos cun poema sobre a diversidade elaborado por unha mestra nalgún lugar do mundo...

Liga Lego Junior 2019-2020 (10)

Na última sesión deste proxecto fixemos un ensaio da exposición diante dos nosos compañeiros/as de 4º curso. Quedamos contentos e esperamos facelo aínda mellor en Ferrol.

Ver a imaxe

Espazo verde nº 3

Chega o 3º programa do Espazo Verde.

É verdade que as bolsas de papel son mellores cas de plástico?

As nosas casas utilizan a enerxía de xeito eficiente?

E o tempo con Carla

Bibliopatio para 1º e 2º cursos

Se nós non imos á Biblioteca, a Biblioteca virá a nós.
Este venres iniciamos a actividade "Bibliopatio" para 1º e 2º cursos, coa intención de que os máis pequenos comecen a achegarse á lectura dun xeito lúdico.
Para esta actividade contamos cun grupiño de alumnas de 5º e 6º que se ocupan de: explicarlle as normas, seleccionar os libros cada semana e de guiar aos pequenos durante ese tempo, ou incluso lerlle algún conto.
En principio será todos os venres, que o tempo o permita, dependendo da acollida faríamolo dous ou máis días á semana.
Esperamos que vos guste a idea.
 

Salvemos o planeta

Este video fíxoo Lucía Couso, de 4ºB. É un video feito co xogo Gacha Life editado co programa Kinemaster. É un video sobre a contaminación do planeta e o coidado do medioambiente.

O programa Kinemaster é un programa de edición de video, é gratuito e con el montei as imaxes do xogo Gacha Life, que tanto me gusta, para iso fago capturas de pantalla e as recorto para que quede como se fose unha animación. Despois engado a música e a tradución da canción (que tamen a fixen eu). Espero que vos guste.

 

Liga Lego Junior 2019-2020 (9)

A novena sesión dedicámolo a montar o noso mural para a exposición, escribimos títulos, coloreamos, recortamos e pegamos na cartulina.

Na segunda parte ensaiamos a exposición. Aínda temos que mellorar!

Para a vindeira e última sesión volveremos ensaiar a presentación e daremos os últimos retoques á nosa maqueta.

Radio cos rapaces da EEI O Grupo

O pasado venres, 31 de xaneiro visitaron o noso colexio os alumnos de Infantil da EEI O Grupo.  Logo de coñecer as distintas dependenccias do colexio compartiron cos rapaces de 1º unha interesante actividade.

Aproveitando que traballamos conxuntamente as adiviñas, na aula onde está situada a RADIO SEQUELO, e coa asistencia técnica dos alumnos de 5º, gravamos esta emisión de radio.

Foi inha experiencia moi enriquecedora e divertida.  Nunca esqueceremos a nosa primeira vez diante dos micros da radio.

 

Día da Paz e a non Violencia 2020: "Ao noso porto chegou un barco cargado de..."

Este ano conmemoramos o "Día da Paz e a non Violencia" enchendo os corredores, con barquiños cargados de desexos de PAZ, completando o lema "Ao noso porto chegou un barco cargado de..."
O día 30 xuntámonos todos no pavillón para ler un manifesto que elaborou o alumnado de sexto curso; rematamos cantando e bailando o "Baile da Paz" de Mamá Cabra; e facéndonos o firme propósito de que estes desexos se convertan en realidade todos os días do ano.
 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.