Xaneiro 2020

Liga Lego Junior 2019-2020 (8)

Na 8ª sesión continuamos mellorando a maqueta do noso edificio, un centro deportivo, e tamén o ascensor con motor e programación. Iniciamos o deseño do noso mural e fixemos a primeira proba de presentación diante do público.

Na vindeira sesión temos que concluír a maqueta do edificio, rematar o mural e ensaiar de novo a presentación. A ver se damos feito!

Engadimos dúas imaxes cos nosos deseños:

"Día da Paz", 30 de xaneiro

Para celebrar o "Día da Paz" este ano propoñémosvos, en relación co PDI "Chegamos a bo porto" a actividade "Ao noso porto chegou un barco cargado de... " na que vos animamos a que completedes esta frase, que se vos dará escrita nun barquiño, cos vosos desexos de Paz. Recollerémolos todos en murais polos corredores.
Para a celebración conxunta de todo o colexio propoñémosvos cantar e bailar o "Baile da Paz" de Mamá Cabra. 
Deixámosvos a coreografía que fixeron o alumnado do CEIP "A Gándara" de Monforte de Lemos, que xa antes tiveron a mesma idea que nós para a celebración desta data; ao que aproveitamos para agradecerlle que se adiantaran aforrándonos así o traballo de crear unha nova.
 

Liga Lego Junior 2019-2020 (7)

Na 7ª sesión iniciamos a construción definitiva do noso proxecto de centro deportivo. A metade do equipo traballou na construción do edificio e a outra metade na programación do guindastre para utilizalo como ascensor.

Na vindeira sesión intentaremos rematar a construción e comezar co mural para a presentación. Lembrade traer a vosa presentación con foto nun folio e rematar o deseño cun debuxo do centro deportivo.

Programa Refórza-T

Neste curso 2019-2020 participamos no contrato-programa dirixido á mellora do rendemento académico do alumnado con dificultades de aprendizaxe, de 3º a 6º de primaria, financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).

Grazas a esta iniciativa temos á nosa disposición unha profesora de apoio, que ofrece atención ao alumnado seleccionado para o programa, ata un total de 17 alumnos e alumnas de 3º a 6º de primaria, fóra do horario lectivo, catro horas á semana, distribuídas en dúas sesións polas tardes.

 

Liga Lego Junior 2019-2020 (6)

Despois das vacacións de Nadal continuamos coa 6º sesión. Hoxe traballamos en grupos para  consensuar as características que terá o noso edificio, e acordamos que:

- Será un centro deportivo

- Queremos que sexa respectuoso co medio ambiente: con placas solares ou muíño de vento para obter enerxía e con sistema de reciclaxe de auga

- Será accesible: terá portas automáticas

- Será útil e divertido: con piscina e patio de xogos

Tamén votamos polos nosos valores preferidos e gañou o de Divertirnos.

Na segunda parte da sesión cada neno e nena debuxou nun folio o seu propio deseño do edificio. Houbo propostas moi creativas como darlle forma de bota de fútbol, ou de pelota.

Para a vindeira sesión, onde comezaremos a construír o edificio, traeremos da casa unha mellora do deseño do edificio, que inclúa os elementos acordados. Ademais, cada neno/a traerá a súa presentación nun folio, cunha foto e algunha información sobre idade, curso ou afeccións preferidas, para pegalas no mural.

Premios Ateneo Santa Cecilia

O pasado 20 de decembro entregáronse os premios do Ateneo Santa Cecilia nas distintas categorías. Obtivo o primeiro premio  no concurso de contos Iván Suárez Rey co conto "Thizos e a volta ao mundo" e o segundo premio Mateo Barcala Díaz co conto "Aventura de Nadal". Felicidades aos dous, sodes uns artistas¡¡¡

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.