Decembro 2019

Un Belén de cortiza

¡ XENIAL !

Seguimos reciclando.

Fixemos un belén de cortiza ben xeitoso,

utilizando distintos materiais e outro pouco de creatividade.

Fai doble click nas imaxes para ver máis.

 

fai click nas imaxes

Panxoliñas no EEI O Grupo

PANXOLIÑAS POR NADAL

Visitamos o Infantil O Grupo

para empezar as festas cantando panxoliñas xuntos.

¡Que ben cantaron os pequeniños!

 

A maxia do Nadal

O NADAL É MAXIA E ILUSIÓN Hoxe puidemos disfrutar da maxia grazas ao Mago Paco que, ademais, nos convidou a escribirlle a carta a Papá Noel.

Concurso de "Tarxetas de Nadal" 2019.

Como cada Nadal xa temos aos gañadores e finalistas do concurso de "Tarxetas de Nadal 2019", este ano co tema "Chegamos a bo porto",  en relación co PDI que comezamos este curso.
Parabéns a todos e moitas grazas por participar un ano máis.
 

España vs Japón

Onte tivemos a oportunidade de ver as xogadoras xaponesas de fútbol sala! Estiveron adestrando a porta pechada e firmáronnos todas o seu autógrafo, ademais regaláronnos unha camiseta asinada por todas da súa equipación oficial.

Desexámoslle moita sorte para o partido que se disputará esta tarde, ás 20 horas no pabillón municipal da Raña, contra España!

 

Liga Lego Junior 2019-2020 (4)

Na cuarta sesión investigamos qué facer para construír un edificio máis accesible. Así vimos que é importante:

- Construír rampas ademais de escaleiras, para os coches de bebés ou as persoas que utilizan cadeira de rodas,

- Colocar ascensores se o edificio ten varios andares,

- Construír espazos e corredores anchos sen obstáculos, etc.

O equipo de Iria transformou o guindastre en montacargas, que é como un ascensor pero que permite transportar grandes pesos, e tamén seguiron construíndo posibles maquetas para o edificio definitivo.

O equipo de Mateo construíu unha máquina con vaivén con WeDo, coa pretensión de poder convertila nun sistema automático de abrir e pechar portas. De momento aínda temos que perfeccionalo.

Na vindeira sesión veremos como facer o noso edificio respectuoso co medio ambiente.

Postais de Nadal

Algunhas das postais que os alumnos máis pequenos fixeron coa axuda dos seus titores de 5º e 6º, e que logo enviaremos aos centros "irmáns"

 

Espectáculo de música e teatro en Afundación: "A nena e o grilo máis aló".

O alumnado de 1º e 2º cursos asistimos o pasado día 4 a un espectáculo de música e teatro en Afundación.
Este montaxe de Magín Blanco "A nena e o grilo máis aló", conta, a través da amizade, a cooperación, a tolerancia e a superación dos medos, unha historia na que os protagonistas pisan sen querer á súa amiga Xertrude, a Araña... Buscando o modo de devolvela á vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao "País do Mortos". Alí intentarán encontrar a Xertrude para traela de volta.
 

Cadernos de atención á diversidade

Os Equipos de Orientación Específicos son axentes de apoio á orientación externos aos centros educativos, centrando as súas funcións, con carácter preferente, no apoio especializado aos departamentos de orientación, na elaboración de programas de intervención, na actualización de datos propios de cada especialidade, así como na elaboración de materiais e recursos que contribúan a unha axeitada resposta educativa nos centros, neste caso en materia de orientación educativa e profesional.

Nesta liña publicaron unha serie de cadernos de atención á diversidade, dispoñibles no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/411/652/654

Normativa básica de orientación educativa en Galicia

Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011

A maxia da reciclaxe

OS ARTISTAS DA RECICLAXE

Utilizando tapóns de cortiza

ideamos figuriñas para o noso Belén.

Qué artistas!

 

 

¡Animádevos a reciclar!

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.