Abril 2019

A nosa horta en abril

Así é como se ve a nosa horta neste mes de abril. Crece sen parar!

Repolos, allos e patacas

Lombarda, allos e patacas.

Acelgas, cebolas e remolacha.

Espinacas, porros e pementos de Padrón.

Leitugas, espinacas e zanahorias.

Leitugas, espinacas e tomates

Recollemos amorodos

Xa recollemos os primeiros amorodos do noso horto. Os nenos e nenas de 1º foron os encargados de facelo e tamén de saborealos. Dixéronnos que estaban boísimos!

O calor de marzo fixo medrar os nosos cultivos e madurar aos amorodos.

 

Reciclando e plantando!

Estivemos pintando unhas caixas de amorodos que nos serviron para colocar nelas as nosas macetas de botellas de auga. Todo reciclado!  Nós reciclamos! 

Logo plantamos as sementes e agora estamos a esperar a que nazan! 

Educación emocional en 1º curso

Neste curso 2018-2019 estamos levando a cabo o proxecto "Viaxe ao reino das emocións" no primeiro curso de primaria. Xa fixemos actividades como As Preguntas do Sabio ou A Caixa da Calma, e máis que faremos nos vindeiros días.

 

 

Día do Pobo Xitano

Por mor do día do Pobo Xitano, os nosos alumnos, elaboraron un programa para a Radio Sequelo sobre o seu pobo para comprender mellor como son, sinten e pensan; e cal é a súa orixe que ata fai pouco era todo un misterio.

Esta nova etapa da nosa radio comeza con medios que irán mellorando a medida que teñamos máis practica pero con moita ilusión.

O noso horto escolar "proxecto Voz Natura"

Durante este curso decidimos continuar co horto escolar, xa iniciado o curso pasado, e mellorar os xardíns do colexio. Realizamos un proxecto e presentámolo a " Voz Natura" resultando seleccionado.

Comezamos a nosa actividade elixindo o lugar onde establecelo e o soporte, planificando os materiais necesarios e  os cultivos das distintas tempadas.

En xaneiro relizamos unha serie de traballos relacionados coa compostaxe, co fin de instalar un composteiro no centro para abonar o noso horto. Os nenos de 6º asistiron a unha charla impartida por un biólogo sobre a importancia da sostenibilidade ambiental e a compostaxe. Logo realizaron unhas presentacións para transmitir o aprendido ao resto dos nenos e nenas. Instalamos o composteiro e mostráronlles o seu funcionamento aos pequenos.

Realizamos traballos de reciclaxe e reutilización de materiais e buscamos información sobre os cultivos máis axeitados para cada tempada e o seu coidado. Organizamos quendas para que todos os nenos e nenas participaran nos distintos procesos.

 

 

Conquista a Bandeira

Leva a bola verde ata a bandeira coas frechas do cursor neste remake do xogo feito por Enrique García Graña de 6º B.

O museo do mar

Os nenos de terceiro fomos visitar o museo do mar de  Marín, onde nos explicaron as artes de pesca, os barcos propios da ría e doutras partes do mundo, especies de peixes e moluscos,...

Reciclando

Os nenos de terceiro estivemos reciclando materiais para sementar flores nas ventás. Primeiro pintamos caixas de fresas de distintas cores, despois empregamos botellas de auga para facer de macetas e agora soamente queda esperar que medren as flores.

 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.