Novembro 2018

CAMPEONATO MUNDIAL DE XADREZ DE CADETES

( Equipo 2 de redacción: Yasmín, Laura, Carla, Maroua e Xoel)

O Campeonato Mundial de Xadrez de Cadetes estase a celebrar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Empezou o día 3 e rematará o 16 de novembro. Nel participan máis de 800 nenos de 86 países diferentes. Hai 69 xogadores galegos, entre eles os nosos compañeiros Breixo e Darío.

As partidas comezan ás 16:00 e algunhas pódense ver en directo na web do campeonato. Hai tres categorías sub-8, sub-10 e sub-12. Breixo, que está na nosa clase, participa na sub-8. Confiamos que quede en bo posto.

Ánimo Breixo!

(Foto da delegación española, atopas a Darío e Breixo?)

Nesta web podedes seguir os resultados.

"A casa embruxada" conto terrorífico de 1º curso

O alumnado de 1º curso inventamos un conto no que aos protagonistas, Noa e Marcos, sucédenlle moitas cousas cando están paseando preto do río Lameira: Atopan un pirata, entran nunha casa embruxada, a bruxa invítaos a té con pastas... Será todo isto certo? Para averigualo teredes que ver a nosa representación.

"Unha noite de Samaín" conto terrorífico de 2º curso

O alumnado de segundo curso inventamos un conto terrorífico que ao final resultou ser un mal soño na noite de Samaín, pero... Que medo pasou o protagonista, Martiño!!!

"A clase encantada dos 18 nenos" conto terrorífico de 4ºA

O alumnado de 4ºA fixemos un conto que se desenvolve no noso colexio e do que somos protagonistas todos os nenos da clase, que temos que artellar un plan para salvar á mestra... De que ou de quen? Conseguirémolo?... Só vendo a nosa representación o descubriredes.

"O vello muíño" conto terrorífico de 4ºB

O alumnado de 4ºB creamos un conto que se desenvolve nun muíño, uns nenos perdidos no bosque atopan un muíño donde refuxiarse, pero... Que pasará alí? Non deixedes de ver a nosa representación se queredes averigualo.

"Clara" conto terrorífico de 6ºA

O alumnado de 6ºA creamos polo Samaín un conto terrorífico que se desenvolve en Marín, no río Lameira, camiño do colexio; aquí vos queda, seguro que pasades moito medo cando o vexades.

O acuario tolo

Movementos, dialogo neste proxecto de 2º que titularon o Acuario Tolo.

O meu blog de Scratch. Irene 5ºB.

Ola a todos. Chámome Irene Pazos Iglesias e son de 5ºB. Quérovos presentar o blg que creei con actividades feitas en Scratch, programa que serve para facer xogos, animacións e historias interactivas con linguaxe de programación. Estivemos traballando con el en clase e xa fixemos varias actividades. Aquí vos deixo o enlace ao meu blog. Só tedes que facer clic enriba da imaxe. 

"A noite dos mortos" de 5ºB

Aquí vos deixamos o conto que preparamos en 5ºB para o día de Samaín. Como este ano estamos a usar portátil e pizarra dixital, metimos uns fondos e sonidos no noso conto. Perdoade algún despiste porque estabamos algo nerviosos. Esperamos que vos guste.

Alumnado de 5ºB.

 

Un Samaín de medo!!!

Este ano para celebrar ao Samaín realizamos distintas actividades: 
  • A exposición de "lecturas de medo", das que puidestes disfrutar nos días previos. 
  • O obradoiro de contos terroríficos inventados e representados por vos memos. 
  • Finalizando o día 31 coa visita á "Casa do terror" que como cada ano prepara a ANPA. Este ano ademais houbo premios para as cabazas "máis terroríficas" e "máis divertidas".
Sen dúbida foi un "Samaín de medo". 
 

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.