Abril 2013

Charla sobre traíñas.

O deportista marinense do ano 2003, Luis Pazos, gañador de catro regatas da Concha e varios campionatos de España, visitounos para dar a coñecer entre os nenos e nenas do Cep Sequelo o seu fermoso deporte. Na hora que compartiu cos nenos e nenas do colexio onde os seus fillos estudan, houbo tempo para todo: coñecer de preto a orixe deste deporte tan enraigado na nosa tradición mariñeira, as características das traiñas, a actualidade deste deporte e por suposto para compartir as experiencias dun deportista de élite. Houbo tempo tamén para que os nenos lle fixesen unha morea de preguntas e mirasen, se non podia ser unha de verdade, si unha reprodución en maqueta da traiña na que agora voga, Samertolameu.

 

Mónica Camaño falanos de Vidal Bolaño

A actriz de Cangas do Morrazo, Mónica Camaño estivo connosco o venres 12 de abril, para falarnos do autor, actor, escritor e director ao que se lle adican este ano as letras galegas, autor co que compartiu escenario en varias das súas obras. A súa traxectoria ten máis percorrido no TEATRO,  tamén da man de RVB e Teatro do Aquí ou proxectos vinculados a el co CDG: Doentes, Xelmírez ou a Gloria de Compostela, A burla do Galo, Os Papalagui, Mar Revolto, Rosalía, Animaliños e Bailadela da morte ditosa con Teatro de Ningures. Como RVB escribiu no manifesto fundacional do Teatro do Aquí: "Nalgún recuncho ignorado do noso presente, ten que haber un teatro do hoxe e do aquí posible. Un teatro con fe abondo en si mesmo e na sociedade na que nace e á que serve..."



II XOGOS FLORAIS: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Escribe un texto narrativo de non mais de dúas carillas onde apareza a palabra CHALANA e participa no noso concurso do día Mundial do Libro. Prazo de entrega dos traballos ata día 19 de Abril

SEMANA DE CINE XABARÍN

JUAN 22,17...?

¿Puedes traducir el versículo?


Admisión alumnado 2013-2014.

Información referente a este proceso: oferta de postos, área de influencia, centros adscritos,etc. nos seguintes adxuntos que tedes aquí abaixo.

O libro máis vendido...

LA BIBLIA ES EL PRIMER LIBRO QUE SE IMPRIMIÓ 

EL MÁS VENDIDO

     

RVB. Letras Galegas 2013.

Aquí tedes varias actividades por ciclos sobre Roberto Vidal Bolaño para o Día das Letras Galegas 2013, que fixo a xente do Seminariogalan. Espero que vos gusten.

 

Roberto Vidal Bolaño. Día das Letras Galegas 2013.

Aquí tedes outra actividade para ver o que sabedes do autor ao que se lle adica este ano o día das nosas letras.

 

As Campás de Manuel María

Este video xa tiñamos que telo subido antes de Semana Santa pero por motivos técnicos non poido ser e de verdade co sentimos, pois é un traballo ao 100 % dos nenos, dende a gravación ata a edición. O primeiro dos seus traballos ao 100% para o día da Poesía cun poema de Manuel María.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.