Curso 2021/22

San Brais

Seguimos de celebración, neste caso o San Brais. Aproveitamos o día e as súas típicas roscas para obter

algún diñeiro para a excursión dos rapaces de 4º ESO a Roma, a fin de curso . Un éxito total!! Parabéns @s

reposteir@s!!

 

 

Punting on the river

O luns pola mañá amaneceu un pouco nubrado, o que non impediu que, despois das clases da mañá e do xantar, os alumnos do Cabe foran facer “punting”, é dicir, foran remar ó río Cherwell, onde máis de un rematou mollado, e non pola choiva. Coma sempre, a cea foi coaș familias.

 

 

 

 

 

 

 

Aprendendo con cabalos

 

Xa rematando o período de clases, o venres 10 de xuño, o alumnado de 1º de ESO realizou unha excursión que hai semanas viña demandando: unha actividade con cabalos na Finca El Carmen, en Fiolleda. Alí disfrutaron, por turnos,  de distintos xogos de mesa e paseos a cabalo, da man de monitores que lles ensinaron uns coñecementos básicos á hora de montar. Unha xornada distinta que lles encantou e que esperamos repetir.

 

 

 

Roma, cidade eterna

Xa instalados en Roma. Comeza a aventura. A desfrutar!!

Día 27

 

   Último día da nosa viaxe por terras romanas. Hoxe tivemos un “tour” guiado polo Anfiteatro Flavio, mais coñecido como Coliseo, o Palatino, colina que alberga os xacementos arqueolóxicos das antigas residencias dos emperadores romanos, e o Foro Romano, un dos espazos públicos máis importantes da cidade na época imperial.

   En todo o percorrido sufrimos 39º, polo que non se nos escapou ningunha fonte. Despois regresamos ó hotel en tranvía, e con isto xa nos desprazamos nos tres medios de transporte máis habituais da cidade! metro, bus e tranvía, estes dous últimos, gratuitos.

   Ao chegar ao hotel, fixemos un pequeno pícnic e dirixímonos ao aeroporto de Fiumicino para coller o voo para Madrid e despois o autobús para Monforte. Remata así unha viaxe inesquecible na que todos os que participamos teremos un moi bo recordo.

   Pero como todos botamos a moeda na Fontana de Trevi…voltaremos!!!

 

 

 

 

Día 26

 

Pola mañá dirixímonos en bus urbano, por certo gratuito, ata a zona de Monti, onde comemos noutro típico restaurante italiano. A continuación entramos na Igrexa de San Pietro de Víncoli, onde contemplamos a que aquí consideran a obra maestra de Miguel Anxo: O Moisés; e o relicario que contén as cadenas coas que ataron a San Pedro en Xerusalén.

 

   As temperaturas rondaban os 36º e para loitar contra elas fíxose unha auténtica “batalla de agua”na que ningún saeu perdendo e todos saíron moi fresquiños.

   Empapados, camiñamos polas rúas de Roma ata chegar á Piazza do Popolo, onde nos agardaba a nosa seguinte actividade, o “Tour de lendas  e misterios por Roma”. Comezou nesta Piazza do Popolo e rematou na ponte de San Angelo, que da acceso ao castelo do mesmo nome.

   Alí vimos a calella máis estreita do mundo (Víncolo), a rua máis fermosa de Roma (Vía dei Coronari) e aprendemos curiosidades sobre Caravaggio, entre outras moitas cousas. 

   Como colofón, fomos visitar o famoso Panteón e quedamos impresionados pola súa grandeza e a súa fermosura. Así remataba a nosa intensa e calorosa xornada.

 

 

 

 

 

 

 

Día 25

 

   Pola mañá, despois de salvar certas dificultades loxísticas, conseguimos subirnos todos xuntos ao autobús turístico que nos levou facer unha visita guiada polo conxunto histórico de Roma.Ao mediodía baixamos na Piazza Barberini para comer nunha “trattoria” típica.

   Despois fomos ver a Fontana de Trevi e dar un paseo pola zona do Quirinal, unha das sete colinas da cidade . Alí vimos o Palacio do Quirinal, residencia do Presidente, San Andrea do Quirinal (obra de Bernini) e San Carlino das Catro Fontes (Obra de Borromini).

   A media tarde subimos de novo ao bus turístico e desprazámonos á zona do Trastévere. Antes de chegar ali vimos a Bocca della Veritá,  e o Templo de Minerva.

 

 

 

 

 

 

 

 

Día 24

 

   Día intenso de hoxe, e non so pola calor, que tamén a fixo.

Comezamos o percorrido cunha visita guiada polo Museo do Vaticano e a Capela Sixtina.

   Pola tarde disfrutamos do ambiente da Piazza de Spagna coa Fontana della Barcaccia de Bernini, a Igrexa Trinitá dei Monti, á que se accede pola gran escalinata, símbolo da cidade.

  Ceamos polos arredores, “vimos” as luxuosísimas tendas que hai na Vía Condotti. Paseamos deica  a Piazza do Popolo onde actuaba, entre outros, Lola Índigo, e rematamos nunha visita nocturna na Fontana de Trevi.

   Despois de tantas emocións e moito cansanzo, regresamos en metro ao hotel.

 

 

Día 23

   O primeiro día foi de moitas emocións: viaxe a Madrid en bus, con moitas cancións, moitas risas e pouco sono; espera no aeroporto e viaxe en avión con moitos nervios para algúns.

   Despois de deixar a equipaxe no hotel e repoñer forzas, fomos percorrer Roma.

  Moito foi o que coñecemos. Vimos Sta Mª de Maggiori, o Mausoleo de Vitorio Emmanuel II, o Foro e a Columna de Trajano, a Piazza de Venecia.. para rematar na barroca Piazza Navona, onde ceamos e onde puidemos contemplar a Fonte dos Catro Ríos, o Obelisco Exipcio e a Igrexa de Sta Inés.

   Despois, regresamos nunha longa “paseggiata” nocturna por Roma , ao hotel.

 

 

 

Viaxe de 4º de ESO a Roma - Saída

 

O alumnado de 4º ESO partiu, a pasada noite, 22 de xuño , acompañado das súas profesoras  Fina Vázquez e Nuria Mariño, nunha desexada viaxe cara a Roma, onde permanecerán ata a noite do 27, visitando os sitios máis emblemáticos da cidade e retomando unha actividade que se suspendeu durante os dous anos pasados por mor da pandemia. Desexámosvos unha viaxe inesquecible!!

 

 

 

Graduación de 4º ESO Promoción 2018 -2022

 

O alumnado de 4º de ESO do Río Cabe graduouse  onte venres, 25 de xuño, nun acto á vez emotivo e divertido, onde alumnos, familias e profesorado compartimos  unha tarde de despedida de ciclo que todos desfrutamos. 

Parabéns a tod@s e grazas pola vosa presenza e colaboración.

 

 

Podedes ver as fotos na galería

Santiago en museos

 

O alumnado de 1º de Bac que cursa as asignaturas de Debuxo Técnico e Debuxo Artístico realizou hoxe, 9 de xuño, xunto con Anxo Alvaredo, profesor de Arte, e Roberto Pérez, profesor de Matemáticas,  unha viaxe a Santiago de Compostela para visitar  dúas exposicións de arte. 

Comenzaron polo Museo do Pobo Galego, continuaron cun paseo ata a Praza do Obradoiro, pasando pola Praza da Quintana,e despois de recuperar forzas tralo almorzo nun centro comercial da cidade, desfrutaron da exposición: “Objetos de deseo: Surrealismo y diseño” no Museo Centro Gaiás. 

Máis fotos na galería

 

 

 

 

 

 

Graduación de 2º Bac 22- "ESTOS MARAVILLOSOS AÑOS"

O venres 27 de maio  a promoción  2020/22 de bacharelato do Río Cabe viviu unha xornada  especial que lembrarán  no tempo. Coa súa graduación remataron unha etapa, que aínda que resultou dura polos tempos que lles tocou vivir e porque segundo é un curso intenso, tamén foi moi bonita porque se uniron como unha piña, son grandes amigos e compañeiros , compartiron, sufriron  e tamén desfrutaron  moito xuntos.

 

Despois do motivador discurso de Carlos Parada, director do centro, Abel Veiga, avogado, profesor, padriño nesta graduación e antigo alumno do Río Cabe, lembrou o seu paso polo mesmo e resaltou a importancia da figura do profesor na educación dos alumnos e alumnas . Mil grazas a Abel e Carmen, a súa muller, pola súa amabilidade e o esforzo que fixeron por vir desde Madrid, para asistir unicamente a esta despedida.

 

 

 

O conxunto do  alumnado tivo unha actuación impecable, e por iso o felicitamos de corazón. O seu entrañable e divertido discurso, a cargo de Alex, Rebeca e Sofía, as agarimosas alusións ás titoras e distintos profesores que fixeron Candela e Sara, as magníficas actuacións  de Sara e Lujie e de Xurxo, o no compañeiro de física e química e a súa banda, Antón , Ariadna e Ximena; a todos eles, Parabéns!! Sabede que estamos profundamente orgullosos de vós.

 

 

 

 

 

 

 

E felicitacións tamén  a Fe, compañeira e profesora de tecnoloxía, polo seu traballo na  edición dun divertido vídeo que resume o tempo vivido polos alumnos no centro.

 

Despois da recollida de diplomas e última sesión musical, o alumnado saiu ó escenario a cantar e bailar , pechándose así, un ano máis de celebración .Agradecemos a colaboración de todos os que participaron nesta xornada .

 

 

 

Toda a sorte para estes estupendos rapaces e rapazas que agora comezan a voar en busca dos seus soños. Aquí seguiremos para eles cando nos necesiten. 

 

Moitos bicos.

 

Galería de fotos

 

 

 

Deporte no Cabe: xornadas de piragüismo

O pasado martes, 10 de maio, o club da nosa vila, Quixós, organizou unha agradable xornada de piragüismo para o noso alumnado de 4°ESO polo río Cabe.O día anterior, membros do club deron ó alumnado unha charla a e 2º ESO, (quen repetiu a xornada deportiva os días 18 e 20 de maio) para mostrarlles as nocións básicas sobre a práctica deste deporte.

Esta actividade está enmarcada dentro da campaña escolar "Deporte Educación", a través da colaboración da Deputación de Lugo, a Federación galega de piragüismo e o propio club, co fin de promocionar e difundir dita disciplina. A todos eles queremos agradecer a oportunidade que nos deron de probar un deporte tan completo e sobre todo, o esforzo e atención exquisita que nos dedicaron.

Podemos afirmar, vendo as caras do alumnado, que o obxectivo se cumpriu: todos gozaron da experiencia!!






 

 

 

Ultimos días e retorno da viaxe a Francia

Hoxe domingo, alumnado e profesorado visitaron o Museo do Louvre durante aproximadamente dúas horas e media.

 

Logo visitaron a marabillosa catedral de Notre Dame

 

Para repoñer forzas, xantaron no Barrio Latino e logo descansaron un pouco nos Xardíns de Luxemburgo.

Para rematar un día intenso pero inesquecible, visitaron o Panteón dos Homes Ilustres.

E como despedida, que mellor que pasar o último día en Disney!!

Distribuir contido