IES Río Cabe
Benvido á web do IES Río Cabe. Dende esta páxina inicial podes acceder aos diferentes bloques de contidos que se ofrecen. Nela ofrécese puntualmente toda a información que resulte de interese para toda a comunidade educativa.
Así mesmo, na Aula virtual, os departamentos irán actualizando o seu material didáctico.
Sorteo Lote Gastronómico pro-excursión 2º Bac
Na mañá de hoxe celebramos o sorteo do lote gastronómico pro-excursión a Roma do alumnado de 2º BAC.
O número premiado é o 1218.
No caso de non aparecer, farase un novo sorteo o día 7 de xuño, mércores, no recreo .
2º de ESO visita o mosteiro de Samos e a cidade de Lugo
O día 25 de maio o alumnado de relixión de 2º ESO disfrutou dunhna saída a Samos e a Lugo, acompañados polas súas profesoras Ángeles Vázquez e Nuria Mariño. A primeira parada foi en Samos, onde tiveron unha visita guiada polo Mosteiro para ver o monumento ao P. Feijoo, o claustro gótico ou das Nereidas, as pinturas murais e a igrexa monacal da Abadía. É o mosteiro habitado máis antigo de Galicia, situado no camino de Santiago.
Tras esta visita foron ata Lugo, onde tras un pequeño refrixerio deron unha volta completa á muralla romana, subindo pola porta de San Pedro, lugar de entrada dos peregrinos á cidade ao vir polo camiño Primitivo.
Para recuperar forzas trala camiñata visitaron un centro comercial onde xantaron e deron unha volta polas tendas.
Pola tarde foron visitar a Catedral de Lugo, Patrimonio da Humanidade xunto coa muralla, onde viron o claustro recén restaurado e unha exposición sobre Semana Santa; logo dentro foron vendo as distintas capelas, o altar Maior ,observando os distintos estilos que conforman a catedral, románico, barroco e neoclásico, e por último o museo catedralicio, que conserva pezas da Ribeira Sacra como o Crismón de Quiroga. Terminada a visita emprenderon viaxe de volta a Monforte, tras pasar unha xornada cultural e lúdica.
1ª Foliada Literaria - Letras Galegas 2023
No Río Cabe quixemos celebrar as Letras Galegas con poesía, música e baile tradicionais da nosa terra. Organizado polos departamentos de Lingua e Literatura galegas e Música, o alumnado de ESO recitou poemas de distintos poetas galegos para lembrar ó autor homenaxeado neste ano, Francisco Fernández del Riego. Posteriormente, alumnado e profesorado bailaron e tocaron música tradicional para rematar a xornada.
Datas e horas das probas do Nivel B1 de Inglés da EOI para o alumnado matriculado no Cuale B1
As datas e horas de celebración dos exames das diferentes destrezas para o alumnado matriculado, neste curso académico, no Programa Cuale B1 son as seguintes:
Sorteo pro-viaxe fin de curso 2º BAC
Por motivos alleos á nosa vontade, foi imposible realizar o sorteo da cesta de produtos gastronómicos coa que o alumnado de 2º BAC tenta recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso a Roma. O sorteo farase o próximo día 31 de maio no período de recreo (11:15- 11:45h.), no hall de entrada ó centro.
1º de Bac visita a Fábrica da luz, o Museo da Enerxía e as Médulas
Bioloxía-Xeoloxía e Física e Química.
O martes 16 de maio os alumnos/as de 1º Bacharelato realizaron unha saída organizada polos departamentos de FísQuim e BioXeo conxuntamente, acompañados dos seus profesores José Manuel Gil e María Padrón.
Pola mañá realizaron unha visita Á Fábrica da Luz, Museo da Enerxía de Ponferrada, espazo onde o carbón é o actor principal durante todo o seu percorrido.
O museo está ubicado na antiga central térmica da Minero Siderurxia de Ponferrada (MSP), que estivo en funcionamento entre 1920 e 1971.
Durante o percorrido puideron descubrir como se producía a electricidade a partir do carbón a principios do século pasado e coñecer as particularidades da sociedade daquela época.
Pola tarde e despois dun bo xantar, visitaron as Médulas, considerada a maior mina a ceo aberto da época romana e declarada Patrimonio da Humanidade e unha das maiores obras de enxeñería da Antigüidade.
A visita guiada consistiu nun percorrido circular de 3 km para desfrutar dun dos últimos frentes da explotación onde os romanos abandonaron o xacemento.
O percorrido é un paso polo interior da mina, entre un labirinto de “piecuezos” vermellos e castiñeiros centenarios. Este percorrido axuda a recoñecer o que está pola zona arqueolóxica e a función que tivo cada punto de interese (lagos, asentamentos, miradores,…)
Foi unha xornada de convivencia memorable…
Charla de Carmen Toba e Suso Verao - Plan Proyecta
Este martes 9 de maio viñeron ata o noso centro Carme Toba Trillo (natural de Muxía, A Costa da Morte, membro de Apatrigal, Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego) e Suso Verao (natural de Sober, ex director e ex profesor do IES Río Cabe). Ambos ofrecéronnos unhas charlas que resultaron do máis entretidas e interesantes para o alumnado de 3ª ESO e profesorado que puidemos asistir. Ditas charlas están dentro do Plan Proxecta “Alvarizas, un ben singular da Ribeira Sacra” no que o alumnado de 3ºESO segue a traballar.
Comezou Suso Verao falándonos da ruta “Alvarizas e colados desde a Adega Cividade”, en Barantes (Sober), que abriron e manteñen entre el e seu irmán Xosé Ramón. Nela podemos ver as transformacións dos antigos agros en piñeirais, un castro, colados, petróglifos e varias alvarizas.
Carme Toba Trillo comezou explicándonos a importancia que teñen as abellas, como na prehistoria xa se recolectaba mel directamente da natureza e como os romanos foron quenes introduciron na Península o traballo coas colmeas. Falounos das distintas casas que poden ter as abellas (covos, cortizos, trobos, lacenas) e dos materiais dos que están feitas (barro, cortiza, madeira, pedra, vimbio, pizarra…) o que demostra como o home sempre se adaptou aos recursos que lle brindaba o medio natural. Tamén nos explicou os diferentes tipos de alvarizas: as lineais da Costa da Morte (que tamén se dan en Irlanda, Inglaterra ou na Bretaña francesa), as redondas da Ribeira Sacra, O Courel e Os Ancares; as de tipo torre (talameiros) en Asturias, ou as colgantes de China. Sorprendeulle moito ao alumnado, entre outras moitas cousas, a existencia das lacenas da Costa da Morte e do norte de Pontevedra e o feito de que se lles selara a entrada con bostade vaca; tamén a forma dos talameiros en Asturias ou as alvarizas colgantes en China, así como as numerosas propiedades do mel para curar diversas doenzas.
Moitas grazas Carme Toba Trillo e Suso Verao por ter vido ata o noso centro. As vosas explicacións axudáronnos a entender un pouquiño máis o valor que ten o noso patrimonio e a necesidade de, entre todos, conservalo e protexelo.
Datas e horas dos exames finais convocatoria ordinaria dos niveis 2 e 4 da ESA
Durante os días 1, 2 e 5 de xuño terán lugar os exames finais dos distintos ámbitos dos niveis 2 e 4 da ESA da convocatoria ordinaria. As probas realizaranse na aula 004 (NIVEL 4) seguindo o horario que aparece a continuación:
Calendario de exames finais convocatoria ordinaria XUÑO 1º bacharelato semipresencial curso 22/23
Os exames finais de 1º de Bacharelato SEMIPRESENCIAL da convocatoria ordinaria celebraránse os días 1, 2 e 5 de xuño. Dacordo co seguinte calendario:
