Secretaría

SOLicitude de informes

Nesta páxina, colgamos un arquivo-solicitude que se pode descargar, dándolle nome (SOL_nome do documento que solicitamos) -pois é de só lectura- e gardándoo no noso ordenador. Unha vez cuberto, enviámolo ao correo do IES Río Cabe como adxunto. Desde o centro, contestarase indicando cando se pode recoller.

BECAS MEC CURSO 23/24

Informamos que xa saíu publicada a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2023/24 (dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias: BAC, FP grao medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico).

Achegamos enlace á convocatoria e a páxina web do Ministerio onde poderedes obter toda información sobre a solicitude das becas.

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

Aberto prazo de matrícula para as ensinanzas para adultos

No mes de setembro nas ensinanzas para persoas adultas están abertos os seguintes prazos extraordinarios de matrícula:

  • Castelán para estranxeiros: aberto todo o ano.
  • Galego para persoas de fóra de Galicia: aberto todo o ano.
  • CUALE Inglés A1 e B1: ata o 15 de setembro.
  • Ensino secundario para adultos: dende o 1 ata o 8 de setembro.
  • Bacharelato semipresencial: dende o 1 ata o 20 de setembro.
  • Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turísticas: Ábrese de novo o prazo de matrícula desde o venres 2 de setembro ata as 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2022.

 

Procedemento de reclamación ás cualificacións obtidas educación secundaria obrigatoria e bacharelato curso 21-22

Xúntase a Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda Educación: Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.

E os modelos orientativos.

Modelo inscrición probas de acceso ás ensinanzas deportivas

No seguinte enlace podes descargarte o modelo de inscrición para as probas  de acceso ás ensinanzas técnico deportivas. 

Modelo de inscrición

 

Para facer a inscrición nas probas de acceso precisarás a seguinte documentación:

  • Solicitude de inscrición según modelo do centro.
  • Copia DNI
  • Xustificante pago de prezos públicos ou exención. 
  • Certificado expediente académico ou depósito do título requerido.
  • No caso de solicitar adaptación das probas, certificado grao discapacidade.  
  • No caso de acreditar deportista de AN ou AR ou mérito deportivo que supoña a exención da proba específica de acceso, resolución de deportista de AN ou AR ou certificado da federación deportiva española ou autonómica correspondente.

 

Admisión de alumnado para o curso 2021-2022

Aberto o prazo de admisión de alumnado. Presentación de solicitudes entre o 1 e o 22 de marzo, ambos incluídos.

1. O alumnado procedente doutros centros presentará unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Dita solicitude poderá presentarse:

- De xeito telemático a través da aplicación admisionalumnado, no menú: 2. Solicitudes – 2.2 Admisión – 2.2.2 Crear


- Na secretaría do centro, en horario de 10:00 a 14:00 (os luns tamén de 16:00 a 18:00), entre os días 1 e 22 de marzo. Para axilizar os trámites, poden descargar o documento Reserva e traelo xa cuberto. Rógase cubrir tamén o modelo interno do centro, coa oferta académica do IES Río Cabe, que atoparán mais abaixo.

 

2. O alumnado actualmente matriculado no IES Río Cabe cubrirá soamente o modelo interno do centro e poderá presentalo na secretaría do centro, en horario de 10:00 a 14:00 (os luns tamén de 16:00 a 18:00), entre os días 1 e 22 de marzo.

 

MODELOS DO CENTRO:

1º ESO     2º ESO     3º ESO     4º ESO

1º BAC    2º BAC

 

Exención da materia de LINGUA GALEGA

O Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia fai compatible o carácter obrigatorio do estudio da materia da lingua galega en todos os niveis educativos non universitarios, con determinadas causas taxadas que xustifican o réxime das exencións posibles, as que se caracterizan pola concorrencia dos seguintes requisitos:

1. Que a xustificación da exención atope fundamento nunha circunstancia obxectiva de incorporación ex novo ao sistema educativo de Galicia.
2. Que o alumnado de nova incorporación proceda doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro.
3. Que a incorporación ex novo ao sistema educativo de Galicia se produza no terceiro ciclo de educación primaria, na educación secundaria obrigatoria ou no bacharelato.

A exención do estudo da materia da lingua galega nos diferentes niveis e etapas dos estudos non universitarios, polo seu carácter restritivo, non se pode estender a aqueles supostos nos que o alumnado que realizados estudos en Galicia, curse fóra da comunidade autónoma tres cursos completos ou menos, e se reincorpore posteriormente ao sistema educativo galego, xa que logo, de ser o caso, a volta ao sistema educativo en Galicia, non pode interpretarse como se dunha incorporación ex novo, se tratara, senón como unha reincorporación para o que non está previsto a exención.

A exención solicitarase para cada ano académico de permanencia na Comunidade Autónoma de Galicia e os seus efectos limitaranse ao citado ano, sen que se poidan conceder máis de dous cursos escolares,

MÁIS INFORMACIÓN E FORMULARIO DE SOLICITUDE:

Convalidacións dos módulos de Ciclos Formativos de FP

O xoves 20 de novembro publicouse no BOE a Orden ECD/2159/2014, de 7 de novembro, pola que se establecen convalidacións entre módulos profesionales de formación profesional. No noso centro afecta ás posibles convalidacións do Ciclo Superior en Guía, Información e Asitencias Turísticas, sobre todo concretamente aos módulos de FOL, EIE, Inglés e Francés, xa que contempla por exemplo a posibilidade de convalidar o módulo de inglés co Certificado de Nivel Avanzado (B2) de Inglés da EOI.

 

No seguinte link podes acceder ao PDF coa norma antes citada, e atopas subliñado de cor amarelo as partes que máis afectan ao CS da familia de Hostelería e Turismo que se imparte no noso centro:

 

 

 As/Os alumnas/os que desexen máis información poden acudir á Secretaría do centro.

Hai que ter en conta que a Orde ECD/1055/2017, do 26 de outubro, modifica a Orde ECD/2159/2014, do 7 de novembro, pola que se establecen validacións entre módulos profesionais de formación profesional

http://www.edu.xunta.es/fp/validacion-modulos-profesionais

Validacións de materias na ESO e BACHARELATO coas ensinanzas de música e danza

LEXISLACIÓN: Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa ensinanzas profesionais de música e danza e as ensinanzas de réxime xeral

 LOMCE: Instrucións para o curso 2015/2016

Validación da materia de música da educación secundaria obrigatoria con determinadas materias das ensinanzas profesionais de música e de danza:

Música de 1º a 3º ESO con 1º curso da materia de instrumento principal ou voz 

Música de 4º ESO con 2º curso da materia de instrumento principal ou voz 

Música de 1º a 3º ESO con 1º curso de música 

Música de 4º ESO con 2º curso de música

Unha materia optativa dun curso da ESO con Proba de acceso a calquera dos cursos de música ou danza:

Optativa de 3º ou 4º cursos da ESO con Linguaxe musical dun curso das ensinanzas profesionais de música 

Optativa de 3º ou 4º cursos da ESO con Danza galega

Bacharelato:

Análise musical I (Bacharelato) con  2º curso de harmonía  

Análise musical II (Bacharelato) con 1º curso de análise 

Historia da música e da danza (Bacharelato) con1º e 2º cursos de historia da música 

Linguaxe e práctica musical (Bacharelato) con 3º curso de instrumento principal ou voz.

Anatomía aplicada  (Bacharelato) con1º e 2º cursos de anatomía aplicada á danza 

Historia da música e da danza (Bacharelato) con 1º e 2º cursos de historia da danza 

Linguaxe e práctica musical (bacharelato) con 3º curso de música

1º curso de análise  con Análise musical II (Bacharelato)

1º e 2º cursos de historia da música con Historia da música e da danza (Bacharelato)

1º curso de linguaxe musical con Linguaxe e práctica musical (Bacharelato)

1º e 2º cursos de anatomía aplicada á danza con Anatomía aplicada (Bacharelato)

1º e 2º cursos de historia da danza con Historia da música e da danza (Bacharelato) 

1º, 2º e 3º cursos de música con  Linguaxe e práctica musical (Bacharelato)

Optativa de 1º de bacharelato con 1º curso das materias de orquestra, banda ou coro.

Optativa de 2º de bacharelato con  2º curso da materias de orquestra, banda ou coro.

Optativa de 1º de bacharelato con 1º curso de acondicionamento físico.

Optativa de 2º de bacharelato con   2º curso de acondicionamento físico.

Distribuir contido