Alum_Taboleiro
Horario apertura da sala estudo polas tardes
A aula 055 permanecerá dispoñible (en cor verde) polas tardes para todo o alumnado do centro seguindo o horario:
O uso de dita aula rexirase polas seguintes normas.
Presentacións ESO e Bacharelato curso 22/23 DIÚRNO
CURSO |
DÍA |
HORA |
1º ESO |
8 setembro |
9:30 |
2º ESO |
8 setembro |
11:00 |
3º ESO |
8 setembro |
11:45 |
4º ESO |
8 setembro |
12:30 |
1º BACHARELATO |
9 setembro |
11:30 |
2º BACHARELATO |
9 setembro |
12:15 |
As presentacións dos distintos cursos celebraránse no salón de actos do centro. O alumnado de primeiro da ESO deberá vir acompañado dun dos proxenitores ou titores legais.
As clases comezarán o luns día 12 de setembro no horario prefixado. O horario de entrada será a partir das 8:40h para todos os grupos. Os cursos 1º ESO, 2º ESO e 2º Bacharelato accederán pola porta principal da rúa de San Pedro e 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato pola porta lateral da rúa Cachafeiro.
Actividades extraescolares propuestas pola Anpa curso 22-23
De cara ao próximo curso escolar 22-23 a Anpa do Río Cabe propóñenos as seguintes actividades extraescolares:
Seguiremos informando.
Convocados premios extraordinarios Bacharelato correspondentes ao curso 21/22
Onte 25 de abril publicouse a Orde do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22.
Pódese acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.
Datas e horas dos exames finais dos Niveis 1 e 3 do Ensino Secundario para adultos
Na próxima semana celebraranse os exames finais dos niveis 1 e 3 do ensino secundario para persoas adultas. Premendo no seguinte enlace poderás acceder a toda a información.
As clases dos niveis 2 e 4 comezarán o luns 7 de febreiro nos respectivos horarios.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »