ANPA do IES Río Cabe

Datos da ANPA

Os ingresos dos socios da ANPA do IES Río Cabe realizaranse na seguinte conta bancaria da Caixa Rural:

IBAN: ES95 3070 0034 8761 5161 5728

Cota anual: 10 euros

É moi importante que no concepto indique o "nome e curso do alumno/a", xa que noutro caso desde a ANPA non se pode saber cal foi o socio/a que fixo o ingreso.

 

Anímate, faite socio, colabora e participa na ANPA

NECESITAMOS A COLABORACIÓN DE TODOS/AS PARA MELLORAR A EDUCACIÓN DOS NOSOS FILLOS/AS

I Concurso "Día das Nosas Letras"

Na tarde de hoxe, día 13, reuniuse o xurado do I Concurso "Día das Nosas Letras", convocado pola ANPA do centro. O xurado estivo formado polo profesorado do departamento de Lingua e Literatura Galega. Logo dunha longa e complexa deliberación acordou conceder os seguintes tres premios "ex aequo":
- "A despedida", de África Coba Albo (pseudónimo: Noite chuviosa), 1º ESO A
- "Dor", de Marina García Blanco (pseudónimo: Meiga), 4º ESO C
- "A tristeza", de Sandra Rodríguez Macía (pseudónimo:Sandy), 1º BAC A
 
Quedaron desertas as categorías de relato curto e poesía ilustrada, posto que os traballos presentados non contaban coa calidade suficiente a criterio do xurado.
O premio, consistente nun cheque por valor de 50 euros para gastar na libraría Agrasar, seralles entregado nun acto celebrado o 21 de maio.
 
Parabéns a todas as gañadoras!

 

OLIMPÍADAS ESCOLARES SOLIDARIAS EN MONFORTE

Onte, 12 de maio, celebráronse por 4º ano consecutivo as Olimpíadas Escolares Solidarias organizadas polas ANPAS do Daviña Rei, ColexioA Gándara  e ás que nos sumamos Río Cabe, Torre de Lemos,Ferroviario e Colexio Novo.

Foi unha xornada adicada enteiramente ós deportes, na que o noso centro destacou conseguindo unha copa que premiaba a consecución de tres ouros en fútbol, 2 ouros en atletismo e 1 ouro en voleibol.

Todo grazás ó esforzo e colaboración dos nosos alumnos e alumnas.

 

 

I Concurso fotográfico sobre a muller traballadora

O concurso, organizado pola ANPA do IES Río Cabe e o proxecto Donas de si (Plan Proxecta), ten carácter individual e está destinado a todo o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Ciclos Formativos e Ensinanzas de adultos.

A data límite para a entrega e o luns 8 de abril.

Facendo click na seguinte imaxe podes descargar e ver as bases do concurso:

 

Gañadoras do concurso de fotografía convocado pola ANPA

Estas son as alumnas gañadoras do concurso de fotografía "Cores de Outono" convocado pola ANPA do IES Río Cabe: Sofía Pavón (de 3ºB), Paula López (4ºA) e Marina García (4ºC).

As fotografías gañadoras son as seguintes:

 

 

 

Gañadores da III edición do concurso fotográfico organizado pola ANPA

O venres 23 de febreiro fixemos entrega, na entrada do Instituto, dos premios da 3ª edición do concurso fotográfico "As cores do outono" organizado pola ANPA do IES Río Cabe e coa colaboración desinteresada de Raúl e Hijos - Tien 21 na financiación dos premios otorgados aos gañadores.

A continuación podedes ver un par de fotografías dos/as premiados/as e as fotos gañadoras:

 

1º PREMIO: Carlos López Moral (3ºC ESO)

 2º PREMIO: Manuel Sánchez Touzón (3ºC ESO)

3º PREMIO: Carla Álvarez Rego (4ºA ESO)

 4º PREMIO: Iván Vázquez Regueira (3ºC ESO)

5º PREMIO: Zeltia Pérez Barrientos (1ºB ESO)

6º PREMIO: Gabriel Carvalho Mateos Carnal (3º ESO - PMAR)

III edición do concurso fotográfico "As cores do outono"

A ANPA convoca, por terceiro ano consecutivo, o concurso de fotografía entre o alumnado do Instituto, sendo o tema do mesmo "As cores do Outono". Facemos públicas a continuación as bases do concurso e lembramos que o prazo de presentación de fotografías remata o 1 de decembro de 2017:

Bases da III edición do concurso fotográfico: "As cores do outono"

Calendarios das Olimpíadas Escolares do 17 de Maio de 2017

Facendo click na seguinte imaxe accédese aos diferentes calendarios das "Olimpíadas Escolares" que se celebrarán en Monforte de Lemos o 17 de Maio:

 

Entrega de premios do concurso "As cores do outono"

No día de hoxe fixemos entrega, na entrada do Instituto, dos premios da 2ª edición do concurso fotográfico "As cores do outono" organizado pola ANPA do IES Río Cabe e coa colaboración desinteresada de Raúl e Hijos - Tien 21 na financiación dos premios otorgados aos gañadores.

A continuación podedes ver un par de fotografías dos/as premiados/as:

 

Distribuir contido