EE Técnico deportivo en fútbol Nivel 2

Charla sobre lesións deportivas

O alumnado  do Nivel 2 do ciclo de fútbol do IES Río Cabe, acompañados polo profesor David Fabeiro, asistiron o xoves 5 de decembro a unha xornada sobre "Prevencións de lesións deportivas", que se celebrou na EGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago de Compostela. 

Os relatores foron Rafael Arriaza, médico do RC Deportivo de La Coruña, Juan José Garcia, médico do RC Celta de Vigo e Ignacio González, encargado da  parcela da rehabilitación física do RC Deportivo de La Coruña.

Entre outros temas abordáronse as estatísticas de incidentes e tipos de lesións, así como a planificación estruturada de exercicios e tarefas de adestramento para a prevención de lesións.

Calendario de Exames Finais 2017/2018

CALENDARIO DE EXAMES FINAIS DO CICLO DE TÉCNICO DEPORTIVO EN FÚTBOL, NIVEL 2, 2017-2018

 

 

Técnico deportivo en fútbol - Nivel II

Está previsto que no curso académico 2017/2018 se oferten as ensinanzas correspondentes ao Nivel 2 de Técnico Deportivo na modalidade de Fútbol.

No noso centro alternamos cada curso académico a oferta dos niveis I e II da modalidade de fútbol.

Adestramentos do CD Lugo co seu novo entrenador e exprofesor do noso centro

O alumnado do Nivel 2 do Ciclo de Fútbol asistiu no día de hoxe, 3 de marzo de 2016, a Lugo para presenciar os adestramentos do equipo C.D. Lugo. Foron acompañados por Carlos Parada, profesor dos módulos do bloque específico e complementario, e así viron como entrena ao equipo o novo entrenador desde fai moi poucos días: José Antonio Durán Rivas, profesor do  noso centro durante un pequeno período de tempo do curso 2012/2013.

Desde aquí o felicitamos pola súa traxectoria profesional, desexámoslle moita sorte e sabemos que chegará moi lonxe.

 

Adestramentos do C.D. Lugo no campo do Ceao

O alumnado do Nivel 2 do Ciclo de Fútbol asistiu no día de hoxe a Lugo para presenciar os adestramentos do equipo C.D. Lugo. Foron acompañados por Carlos Parada, profesor dos módulos do bloque específico e complementario, e así coñeceron as instalacións do campo do Ceao, posto que xa foron con anterioridade a ver outros adestramentos ao Anxo Carro.

Adestramentos do Real Club Celta de Vigo

O alumnado do Nivel 2 do Ciclo de Fútbol asistiu no día de hoxe a cidade de Vigo para presenciar os adestramentos do Real Club Celta de Vigo, equipo que milita na Liga BBVA e na actualidade atópase na 4º posición da clasificación (21 puntos tras 11 partidos xogados). Foron acompañados por Carlos Parada, profesor dos módulos do bloque específico e complementario, e así coñeceron as instalacións da "Madroa", onde adestra este club de fútbol.

Conferencia de Eduardo Berizzo

O alumnado do Nivel 2 do ciclo de fútbol asistiu a charla-coloquio impartida polo entrenador do Celta de Vigo, Eduardo Berizzo, no local da Asociación de Entrenadores de Ourense (O Afiador) o pasado 27 de outubro de 2015.

Adestramentos do CD Lugo

O alumnado do Nivel 2 do Ciclo de Fútbol asistiu no día de hoxe a Lugo para presenciar os adestramentos do equipo que milita na "Liga Adelante". Foron acompañados por Carlos Parada, profesor dos módulos do bloque específico e complementario, e así coñeceron as instalacións do estadio "Anxo Carro", onde xoga e adestra este club de fútbol.

 

Horario Fútbol Nivel II

Facendo click na seguinte imaxe accedese a un pdf co horario das ensinanzas de fútbol para o curso 2015/2016:

 

Distribuir contido