Bacharelato Semipresencial

Bacharelato semipresencial

Matrícula próximo curso 23/24:

 O prazo de matrícula no bacharelato semipresencial para o curso 23/24 será do 23 de xuño ata o 7 de xullo. Abrirase un

prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 20 de setembro de 2023.

 A continuación podedes descargar os impresos de matrícula e de protección da imaxe.

 Unha vez cubertos entregaranse na secretaría, onde se lle fará unha copia, devolvéndolla co selo e a data de entrada.

Gardarase como xustificante da  matrícula.

 No momento da matrícula aboarase o seguro escolar e entregaranse: unha foto (dúas para alumnado novo), boletín de

cualificacións ou certificación académica (se se procede doutro centro educativo).

 

Calendario de exames finais maio 2º bacharelato semipresencial curso 23/24

Na seguinte táboa atoparedes o calendario de exames finais da convocatoria ordinaria de 2º de bacharelato na modalidade semipresencial, o último día de clases será o mércores día 8 de maio:

AVALIACIÓN: 15 de maio ás 15:40H

ENTREGA DE BOLETÍNS: 15 de maio a partir das 18:00h

ACLARACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS: o mesmo día ata as 20:00h

RECLAMACIÓNS: presentadas regulamentariamente, na Secretaría do centro e dirixidas ao Sr. Director os días 16 e 20 de maio

EXAMES EXTRAORDINARIOS BACHARELATO DE ADULTOS DÍAS E HORAS

Os exames extraordinarios do Bacharelato de adultos celebraranse os días 19, 20 e 21 de xuño seguindo o seguinte calendario:

 

 

Calendario de exames finais convocatoria ordinaria XUÑO 1º bacharelato semipresencial curso 22/23

Os exames finais de 1º de Bacharelato SEMIPRESENCIAL da convocatoria ordinaria celebraránse os días 1, 2  e 5 de xuño. Dacordo co seguinte calendario:

 

 

Calendario de exames finais maio 2º bacharelato semipresencial curso 22/23

Na seguinte táboa atoparedes o calendario de exames finais da convocatoria ordinaria de 2º de bacharelato na modalidade semipresencial, o último día de clases será o luns día 8 de maio:

 

 

 

BECAS MEC CURSO 23/24

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

Comunicamos que xa saíu publicada a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2023/24 (dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias: BAC, FP grao medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico).

Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

Achegamos enlace á convocatoria e a páxina web do Ministerio onde poderedes obter toda información sobre a solicitude das becas.

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

AVISO PARA O ALUMNADO MATRICULADO EN 2º BAC SEMIPRESENCIAL CON MATERIAS DE PRIMEIRO

Informamos que segundo a Resolución do 18 de xullo de 2022 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento das ensinanzas de bacharelato para persoas adultas, no  seu artigo 27 apartado 7 di:

 

 O alumnado matriculado en materias de primeiro e segundo no curso 2022- 2023 poderá optar, na avaliación final ordinaria entre:

 

- Adiantar a avaliación final ordinaria das materias de primeiro curso á avaliación de maio.

 

- Realizar a avaliación final ordinaria das materias de primeiro curso na avaliación a partir do 5 de xuño.

 

 O alumnado que opte por non adiantar a avaliación final ordinaria das materias de primeiro curso deberá comunicalo por escrito, xúntase modelo, antes do 14 de abril do 2023 en Xefatura de estudos de adultos.

En caso contrario considerarase que a opción elixida é a de adiantar a avaliación das materias de primeiro a maio.

 

Calendario exames do simulacro de ABAU 22-23

Na próxima semana, no noso centro, celebrarase un simulacro de ABAU. A distribución de exames é a seguinte:

Se estades interesad@s en presentarvos a todos/algún exame tedes que comunicalo en Xefatura de estudos adultos.

 

Distribuir contido