Curso 2010/11

Concurso de Videopoemas

As bases do citado concurso son as seguintes:

  1. Poderá participar todo o alumnado do IES Río Cabe. Cada participante poderá presentar o número de traballos que desexe.
  2. O tema será libre e consistirá nunha fusión de vídeo e un poema escrito, con ou sen voz. Pode integrarse música.
  3. Cada videopoema terá unha duración máxima de catro minutos. A gravación pode ser realizada con teléfono móbil, cámara dixital ou videocámara, debe ser original e inédita. Poderá ser montado con calquera programa de edición dixital. O texto estará en galego. 
  4. O videopoema entregarase nun cd ou dvd sen datos persoais escritos nel, agás o título. Nun sobre á parte que levará escrito o mesmo título incluiranse os datos do autor (nome, apelidos, número, curso, grupo).
  5. Os traballos presentaranse nun sobre pechado co título escrito na parte dianteira do devandito sobre. Nel tamén se incluiranse o cd ou dvd que levará escrito o título e, nun sobre pequeno e pechado, introducirase  un folio que indicará o nome, apelidos, curso e grupo do autor.
  6. Os participantes entregarán os seus traballos ós profesores de Lingua Galega nas súas respectivas aulas.
  7. O prazo de presentación rematará o 21 de decembro de 2010.
  8. Establécense os seguintes premios:
  • ESO: o 1º premio será agraciado con 30 euros e o 2º premio con 20 euros.
  • BAC: o 1º premio será agraciado con 30 euros e o 2º premio con 20 euros.
O fallo do xurado, que estará constituído polos profesores do Departamentos de Lingua e Literatura Galegas e de Debuxo,  e a entrega de premios terán lugar o día da celebración de  Santo Tomé. Os premios poden quedar desertos.

 

 

 

 

Concurso de Caligramas

O equipo de Normalización Lingüística do IES Río Cabe, coa colaboración dos departamentos de Debuxo e Língua e Literatura Galegas, convoca un concurso de caligramas e/ou textos icono-verbais.

Premendo na imaxe podes descargar o arquivo no que se describen as bases do citado concurso.

 


 

Atropa de Trapo

A tropa de trapo repre4sentou o día 10 de Novembro o seu espectáculo Coas mans abertas para os alumnos de 2º de BAC do centro. Contáronnos tres historias que falan de ilusión, de esperanza, de solidariedade, envoltas en sorrisos. A continuación, os rapaces e rapaza participaron nun taller conducido polos integrantes do grupo.

 

  
 

 

Magosto Novembro 2010

O EDNL organizou o pasado 29 de outubro un magosto cos alumnos e alumnas de 1º de BAC. Aínda que o tempo non acompañou, pasamos unha tarde agradable ó ritmo do lume que nos ía brindando o clásico churrasco seguido das inevitables castañas, todo delicioso grazas ó toque dun mestre das brasas, Casto.

 

A comida foi un bo pretexto para que os rapaces e rapazas, algúns xa veteráns no centro, outros,  acabados de chegar, se acaben de coñecer e collan folgos para a andaina académica que acaban de iniciar.

 

 

 


  

 

Programa de actividades 2010/11

Os compañeiros da equipa de Normalización Lingüística xa teñen o
programa de actividades para éste curso académico 2010/11. Conforme
vaian programándose as actividades, irá aparecendo en Eventos a data na que se fará.

Igualmente, podedes acceder á programación anual en formato PDF picando no seguinte enlace:

PROGRAMACION ANUAL


Distribuir contido