OBSERVA_ACCIÓN

Programa de formación Observa - Acción

Dende xaneiro de 2023, o profesorado do Río Cabe (máis do 20% do claustro) estamos a participar nun programa que leva por título “Intercambio de experiencias Observa_Acción”, organizado dende o Departamento de Formación, Innovación e Internacionalización do CAFI.

O programa ten unha duración de dous cursos académicos (2022/23 e 2023/24), desenvólvese en catro fases (dúas en cada ano lectivo) e lévase cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

A súa finalidade é o desenvolvemento profesional das Competencias Profesionais Docentes dende o punto de vista da observación entre iguais (OEI), da reflexión individual e/ou grupal dos propios docentes, do intercambio de boas prácticas e da implementación do aprendido na aula dos docentes participantes.

Participar neste programa cremos que é unha boa maneira de modificar e mellorar a boa práctica docente (desarrollo profesional docente) a través da experiencia.

Actualmente estamos participando na primeira fase do programa (xaneiro-marzo 2023): Fase intracentros, que realizamos entre os docentes do propio centro.

Esta fase consiste na observación da práctica docente e xestión de aula, así como no intercambio de información e posterior reflexión conxunta sobre a observación da práctica docente, o que vai permitir unha co-construción de coñecementos. 

Ten catro sesións formativas, unha presencial (26 de xaneiro) e tres vía webex (8 de febrero, 1 de marzo e 8 de marzo)

Nesta imaxe aparece reflexada unha das sesións de intercambio de información e reflexión conxunta, sobre a observación da práctica docente realizada o día anterior.

Estoutra imaxe amosa unha reunión  despois da segunda sesión de formación, para adaptar a casuística do noso centro, unha das ferramentas específicas de observación que iamos utilizar (folla de observación focalizada) e que inicialmente fora aportada pola relatoras do programa.

Está sendo unha experiencia moi positiva, tanto a nivel individual coma de centro e desexamos que esta experiencia poida continuar pasando a segunda fase (fase intercentros, a nivel autonómico).

Distribuir contido