Curso 2022/23

Recital de Canto Lucas López López (Barítono) e Sander C. Lekkerker (Piano)

O 3 de xullo de 2023 o barítono e exalumno do IES Río Cabe Lucas López López, acompañado polo pianista Sander C. Lekkerker, ofreceu un recital de canto na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos. 

Foi un recital moi emotivo ademais de ser un luxo contar con este tipo de actividades na nosa vila.

Actualmente Lucas estuda na MA Klavierkammermusik und Liedgestaltung na Zürcher Hochschule der Künste (Suíza). Entre os moitos premios que recibiu podemos destacar a Mención de Honra na V Mostra Musical Eixo Atlántico (2016). No campo de música de cámara foi premiado en diferentes edicións do Certame de Cámara do Conservatorio Superior de Música de Vigo (2020 e 2022).

Dende o IES Río Cabe desexámoslle moita sorte!

 

 

Convocatoria de cursos CELGA para o curso 23/24

Publicouse a Resolución do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, que estará activo nos seguintes prazos establecidos para a presentación das solicitudes:

  • Cursos do 1º cuadrimestre: do 3 ao 14 de xullo de 2023

  • Cursos do 2º cuadrimestre: do 13 ao 24 de novembro de 2023

Máis información:

 

Matrícula curso 2023-24

O prazo de matrícula abarca desde o 23 de xuño ao 7 de xullo.

O alumnado terá á súa disposición un sobre que contén a documentación necesaria para formalizar a matrícula. O alumnado do IES Río Cabe recibirá dito sobre xunto coas cualificacións o día 23 de xuño. O alumnado procedente doutros centros poderá recollelo na Secretaría, a partir do 23 de xuño.

Pregamos que, na medida do posible, se respecte o seguinte calendario de matrícula:

DATA CURSO NO QUE SE MATRICULA
23 e 26 de xuño 2º BAC
27 e 28 de xuño 1º BAC
29 e 30 de xuño 4º ESO
3 de xullo 3º ESO
4 e 5 de xullo 2º ESO
6 e 7 de xullo 1º ESO

O alumnado interesado nas ensinanzas para adultos (castelán e galego para estranxeiros, ensino secundario de adultos e bacharelato semipresencial) poderá matricularse en calquera día comprendido entre o 23 de xuño e o 7 de xullo.

Libros de texto 2023/2024 - Diúrno

Lista de libros de texto por curso e materias:

1º ESO                     2º ESO

3º ESO                     4º ESO

1º BAC                     2º BAC

Sorteo Lote Gastronómico pro-excursión 2º Bac

Na mañá de hoxe celebramos o sorteo do lote gastronómico pro-excursión a Roma do alumnado de 2º BAC.

      O número premiado é o 1218.

No caso de non aparecer, farase un novo sorteo o día 7 de xuño, mércores, no recreo .

Sorteo pro-viaxe fin de curso 2º BAC

Por motivos alleos á nosa vontade, foi imposible realizar o sorteo da cesta de produtos gastronómicos coa que o alumnado de 2º BAC tenta recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso a Roma. O sorteo farase o próximo día 31 de maio no período de recreo (11:15- 11:45h.), no hall de entrada ó centro.

Matrícula aberta para as probas de certificación nivel B1 Inglés, alumnado Cuale B1

O prazo de matrícula nas probas de certificación para o alumnado que asiste aos cursos CUALE, será do 10 ao 14 de abril 2022, ambos incluídos. A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12:00 do mediodía do 14 de abril.A matrícula realizarase en liña dende o enderezo seguinte: http://www.informaticacentros.com/xunta/

Documentación: para formalizar a matrícula, o alumnado deberá presentar, a través da aplicación web a seguinte documentación:

1. O impreso de matrícula xerado pola web de matrícula.

2. Unha fotocopia do DNI ou do NIE.

A documentación presentarase dende a ligazón:

http://www.informaticacentros.com/xunta/

Podes consultar as instruccións para efectuar a matrícula aquí.

 

10ª convocatoria becas Eurolingua

EurolinguaVenairlanda® lanza a súa 10ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.

Para mais información, na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/39430

Gañadores sorteo pro-viaxe a Roma

A semana pasada entregáronse no Río Cabe as cestas agasallo do sorteo pro-viaxe a Roma  do alumnado de 4º de ESO . Os gañadores foron Stephan Todorov,  ex-alumno e traballador no comedor do centro  e Diana Nogueira, presidenta da Anpa do instituto.

 

 Parabéns ós dous!!

 

 

Xornadas de portas abertas

As personas interesadas en coñecer o noso centro poderano visitar  no seguinte horario: 

 

        . mércores 8 de marzo, ás 18:30h

 

        . xoves 9 de marzo, ás 20:00h

 

        . luns 13 de marzo, ás 17:30h

 

Despois destas datas, poderán  concertar cita para facer a súa visita chamando ó teléfono do centro. 

Distribuir contido