Curso 2019/20

Final da competición Young Business Talents 2019/2020

Dous equipos de alumnado de 1ºC Bac. participaron o pasado Venres 4 de setembro na final nacional de “Young Business Talents”. Debido á pandemia celebrouse por primeira vez de xeito telemático, retransmitindo por streaming a través de youtube a mesma.

O equipo BULLANDBEAR, formado polos alumnos Luis Buitrón Amaro, Iván Castro Álvarez, Breixo Fernández Le Yondre e Antón Ramos González, quedaron no 75º posto entre os 100 finalistas.

Por outra banda, o equipo TRIPRRIMOS, formado polos alumnos Iván Aira Morillo, Alejandro da Silva Rodríguez e Álvaro Elcoso Rodríguez, remataron a competición no duodécimo posto entre os 100 finalistas e quedaron campións dentro da simulación na que competían.

Young Business Talents é un torneo no que máis de 12.000 estudantes de ESO, bacharelato e formación profesional (organizados en 3.315 equipos) dirixiron as súas propias empresas a través de Internet e tentaron conseguir converterse na empresa que acumulase un maior beneficio ao longo do tempo. Para iso utilizaron un avanzado simulador de terceira xeración proporcionado pola empresa PRAXIS MMT.

RECOLLIDA DO BOLETÍN DE NOTAS (DIURNO)

 A recollida do boletín de notas por parte do alumnado será o martes 23 de xuño, no salón de actos do instituto e co seguinte horario:  

HORA

GRUPO

9:15

1º ESO A

10:00

1º ESO B

10:45

2º ESO A + PMAR 2º

11:30

2º ESO B

12:15

3º ESO A+ PMAR 3º

13:00

3º ESO B

13:45

3º ESO C

 

16:30

4º ESO A

17:15

4º ESO B

18:00

1º BAC A

18:45

1º BAC B

19:30

1º BAC C

É obrigatorio o uso de máscara hixiénica. 

Aclaracións ás cualificacións: xoves 25 de xuño, de 10:00 a 13:00

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO E DA BIBLIOTECA

 A devolución do material escolar anteriormente citado farase o xoves 25 e o venres 26 de xuño, no seguinte horario:

XOVES 25

VENRES 26

GRUPO

HORARIO

GRUPO

HORARIO

1º ESO A

10:00 – 10:45

4º ESO A

10:00 – 10:45

1º ESO B

10:45 – 11:30

4º ESO B

10:45 – 11:30

2º ESO A + PMAR 2º

11:30 – 12:00

1º BAC A, B e C

11:30 – 12:00

2º ESO B

12:00 – 12:30

 

 

3º ESO A + PMAR 3º

12:30 – 13:00

 

 

3º ESO B

13:00 – 13:30

 

 

3º ESO C

13:30 – 14:00

 

 

Para a devolución dos libros de texto:

1. Os libros serán entregados en bolsas de plástico ou caixas de cartón.

2. As bolsas estarán rotuladas co nome do alumno/a e os libros que devolve. Pode ser unha etiqueta, sempre con letra grande e clara.

3. A persoa que os devolve deberá mostralos ó persoal do centro encargado da recollida para a súa comprobación.

4. O alumnado con materias suspensas pode devolvelos en setembro.

5. Os libros serán devoltos en bo estado e todos os tomos.

Para a devolución dos libros de préstamo da biblioteca:

1. Os libros serán entregados en bolsas de plástico. 

2. As bolsas estarán rotuladas co nome do alumno/a e o título dos libros que devolve. Pode ser unha etiqueta, sempre con letra grande e clara.

DEVOLUCIÓN DE ORDENADORES E KITS DE INTERNET

1. Os ordenadores e kits de internet prestados deixaranse na Secretaría do centro, antes das 14:00 do 29 de xuño.

2. Xunto co equipo traerase o papel que se cubriu na recollida, para poñerlle a data de devolución e o selo do centro. 

3. O material deberá devolverse no estado no que se recibiu (segundo o caso, caixa, funda, cargador,...).

Doazón Solidaria

 

 Dende o IES Río Cabe quixemos colaborar cos sanitarios galegos no seu esforzo por atender as necesidades da sociedade na loita contra o Coroavirus. Para elo, fíxose doazón de material de protección como luvas, máscaras e produtos de limpeza, moi necesarios nos primeiros momentos da pandemia. No hospital de Lugo (HULA) está exposto un mural de agradecemento ás empresas e entidades que colaboraron coas súas aportacións.

.

Reproducción del mural que estará expuesto en el HULA

 

Exames dos módulos do CS de Guía, información e asistencia turísticas

Facendo click na seguinte imaxe accédese a infomación sobre os exames do alumnado con módulos pendentes do Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turísticas:

NOTA INFORMATIVA: Incorporación ás aulas do alumnado de 2º Bac (Diúrno)


O luns 25 de maio incorporarase ás aulas, de forma voluntaria, o alumnado de 2º de Bacharelato. Para mais información, pode descargar este documento

Clases Presenciais 2º Bac

Clases presenciais 2º de Bacharelato (a partir do luns 25 de maio)

Ao longo da fin de semana, e agardando pola confirmación e as instrucións oficiais da Consellería, publicaremos a información relativa á incorporación ao centro do alumnado de 2º de Bacharelato.



Convocatoria do "Fondo de Libros" e "Axudas de Material" para o curso 2020/2021

No DOG do martes 19 de maio publicouse a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21. Hai dous tipos de axudas:

1.- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO :

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro libros de texto.

2.- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR :

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

SOLICITUDES:

- Pódense presentar de forma telemática na aplicación : https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

- Pódense entregar na secretaría do centro, en formato papel. O impreso pode obterse na mesma secretaría ou descargarse na páxina https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23300466

O prazo para presentar a solicitude remata o venres 19 de xuño.

Distribuir contido