Curso 2022/23
Cualificacións definitivas da proba substitutiva de titulación de bacharelato nas ensinanzas deportivas de grao superior 2022/23
Hoxe venres, día 10, publicáronse as cualificacións definitivas das persoas inscritas na proba substitutiva de titulación de bacharelato nas ensinanzas deportivas de grao superior 22/23.
Premendo no seguinte enlace poderás atopar toda a información:
Cualificacións definitivas ensinanzas deportivas grao superior
Convócanse as bolsas de carácter xeral para o curso 22/23
Próximamente abrirase a convocatoria das bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022/2023 destinadas a estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Beneficiarios:
Estudantes que non superen unha determinada renta e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e se atopen cursando (no 2022-2023) algunhas das seguintes ensinanzas:
1. Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias, entre as que se atopan:
- Bacharelato.
- Formación Profesional de grao medio e grao superior (incluídos estudos de formación profesional nos centros docentes militares).
- Ensinanzas deportivas.
- Ciclos Formativos de Grao Básico.
- Outras (ver convocatoria).
2. Ensinanzas universitarias do sistema universitario español.
Solicitudes:
Mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica: https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es
Prazo:
Dende o 30 de marzo de 2022 ata o 12 de maio de 2022 (ambos inclusive).
Podes acceder a toda a información premendo no seguinte enlace.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5