Curso 2007/08

Xornada clubs de lectura

O día 25 de Xuño celebrouse en Santiago unha xornada, organizada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, á que asistiron 104 coordinadores de Clubs de lectura de centros públicos de Ensino Secundaria de Galicia, entre eles a coordinadora do club de lectura Balbordo.

Ao longo do día houbo diferentes actos, charlas, mesas redondas, ...

Podes acceder ao blog do club de lectura Balbordo para ter máis información do acto, ou ver unha pequena mostra visual na galería de imaxes.


Visita dos alumnos de A Gándara

Os alumnos de 6º de primaria do colexio A Gándara realizaron unha visita ao centro e á súa biblioteca, onde se reralizaron diversas actividades lúdicas. As fotos da visita podes velas na galería de fotos.


 

A volta á Galia

Xa tedes publicado o traballo feito pola profesora de francés, Laura Cereijido, para o Proxecto Interdisciplinar, xunto cos alumnos de 1º ESO C. Éste proxecto ten o nome de "A volta á Galia" e do cal hai unha exposición nas instalacións do centro.

Este proxecto pretende ofrecer unha visión global e ó mesmo tempo pluridisciplinar do contexto histórico no que teñen lugar as aventuras de Astérix e o resto dos personaxes creados por Uderzo e Goscinny, é dicir, a época galo-romana, ó tempo que fai un estudio diacrónico dos feitos que foron deixando a súa pegada no territorio galo ata conformar a diversidade da Francia actual.


Visita dos alumnos de Primaria do Colexio Novo

Os alumnos de 6º de primaria do Colexio Novo realizaron unha visita ao centro e, máis concretamente, á biblioteca, onde as súas responsabeis realizaron unha actividade lúdica consistente en ensinarlles de xeito entretido e doado o código usado nas bibliotecas para a localización rápida dun documento CDU (Clasificación Decimal Universal).

No blog da biblioteca, bibliocabe, podes obter maís información. As fotos do "evento" xa están colgadas na galería de imaxes do centro.


Exposición Guernica 2008

Faille unha visita á esposición Guernica 2008, feita por alumnos de 1º ESO dirixidos polo profesor Manuel Sánchez.


Intercambio Francia 2008

Xa están colocadas na Galería as fotos do intercambio Francia 2008.


Letras Galegas 2008

Con motivo do Día das Letras Galegas, a profesora do departamento de Galego Chelo Vara, xunto coas compañeiras encargadas da Biblioteca do centro e os alumnos do 1º ciclo da ESO, realizaron unha mostra por todo o centro sobre Castelao e outra sobre libros reconmendados polos rapaces.

Picando na imaxe podes acceder á galería de fotos.


Medidas tradicionais galegas

O departamento de Matemáticas ven de publicar algúns traballos realizados polos alumnos de 1º ESO-B sobre as Medidas tradicionais en Galicia.


Semana da Ciencia: Escher e Matemáticas

Durante os últimos días do mes de Maio, temos na biblioteca a exposición interactiva Escher e Matemáticas que cedeu AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática).

Visita de Xosé Miranda

O día 20 de Abril, o escritor galego Xosé Miranda Ruíz realizou unha visita ao noso centro con motivo do Día do Libro.


Distribuir contido