Curso 2021/22

Xubilación de Luz Díaz

A principios do mes de novembro o profesorado e demais persoal do Río Cabe reunímonos nun restaurante da cidade

para celebrar a xubilación da nosa benquerida compañeira Luz Díaz, integrante do departamento de Lingua Galega,

así como secretaria e posterior directora do centro. O evento foi posposto por mor da pandemia, pero aínda con

retraso, resultou unha xornada inesquecible.

 

 

Graduación do alumnado de adultos

 O pasado 28 de xuño tivo lugar, e por primeira vez no IES Río Cabe, o acto de graduación do alumnado que cursa estudos en réxime de adultos. Foron 19 alumnos e alumnas os que recibiron os seus diplomas acreditativos e os que viron, xunto coas súas famílias e compañeiros, como o esforzo se ve recompensado e celebrado.Graduáronse en ESA, Bacharelato semipresencial e Técnico Especialista de Fútbol.

 O acto comezou coa interpretación ó piano de “Sign of the times” pola  alumna do centro Claudia Pérez Barrientos; continuou co discurso do director, Carlos Parada, e das alumnas Jenifer e Tania, ó que seguiu o vídeo con algúns dos momentos do paso dos alumnos polas distintas actividades do centro. Á lectura dun poema de Olga Novo por parte de Manuel López Taboada, titor do Nivel 3-4 da ESA e profesor do centro, seguiu a entrega de diplomas e rematamos  cuns pinchos no hall do instituto.

 Parabéns a todo o alumnado que se graduou , desexámosvos o mellor no futuro, e se así o desexades, que vos sigades  formando no centro do que xa sodes parte.

 

 

 

 

 

 

 

Se premes no seguinte enlace accederás a galería de fotos do evento.

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

Graduación de 4º ESO Promoción 2018 -2022

 

O alumnado de 4º de ESO do Río Cabe graduouse  onte venres, 25 de xuño, nun acto á vez emotivo e divertido, onde alumnos, familias e profesorado compartimos  unha tarde de despedida de ciclo que todos desfrutamos. 

Parabéns a tod@s e grazas pola vosa presenza e colaboración.

 

 

Podedes ver as fotos na galería

Gravación de baile tradicional galego

O pasado 7 de Xuño, martes, os alumnos/as de 2º ESO participaron na gravación dunha coreografía de percusión corporal creada por Benito Builde, para unha canción tradicional galega. O obxectivo de dita actividade era reunir a varios institutos e compartir a experiencia de bailar todos xuntos. A gravación tivo lugar no claustro barroco do arquivo provincial de Ourense, participando un total de trinta e seis alumnos/as do IES Río Cabe.

 

 

 

 

Turismo por Sarria,Samos e Barbadelo

A primeira ruta do mes de xuño levou ao Ciclo de Turismo por terras de Samos, Sarria e Barbadelo.

 

Comezamos a xornada visitando o Mosteiro de Samos e percorrendo o seu entorno e a Capela de San Salvador ou do Ciprés acompañados de Xaime, un guía da zona.

 

Dende Samos desprazámonos ata Sarria. 

 

Despois de almorzar visitamos a capela do Lázaro, antigo hospital de leprosos, e unha tenda de antigüidades onde Carmen, a propietaria, nos comentou a historia dalgunha das pezas expostas e as tendencias vintage do momento. Escoitamos e departimos con Xermán, un coñecido luthier e continuamos ata a zona histórica para coñecer a igrexa do Salvador e a igrexa e o claustro do Mosteiro Mercedario da Magdalena.

 

A fin de etapa consistiu en facer a pé o tramo Sarria-Barbadelo do Camiño de Santiago francés, declarado Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa. Abandonamos Sarria pola ponte da Áspera e seguimos o itinerario por un fermoso entorno natural de bosque autóctono.

 

Rematamos a saída coas explicacións de Manuel, profesor de historia, nun ben declarado de interese cultural, a igrexa románica de Santiago de Barbadelo.

 

 

  

 

  

 

 

 

 

 

 

 

Exames EOI alumnado CUALE B1 convocatoria EXTRAORDINARIA

A continuación tedes datas e horas dos exames das diferentes destrezas das Probas de Certificación B1 convocatoria extraordinaria  da EOI de Monforte.

 

 

Publicación das notas en Centrosnet : 30 de xuño
Revisión das probas:1 de xullo de 10:30 a 13 30h

 

 

 

Premio IlustrarNós 2021

A nosa alumna de 1º de Bacharelato Claudia Pérez Barrientos resultou premiada no certame IlustarNÓS que organiza a área de cultura da Deputación de Lugo á mellor ilustración  na categoría bacharelato e ciclos formativos.

 

 

Cada 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, coincidindo co nacemento de Castelao, e cada ano é homenaxeado un ilustrador/a galego/a. A protagonista no ano  2021 foi Lolita Díaz Baliño  a primeira muller á que se adicou este día. O certame IlustrarNÓS naceu  co obxectivo de promover entre o alumnado dos centros educativos da provincia a creatividade artística e plástica e achegarlle o gusto de ilustrar aos rapaces e rapazas.

O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado luns, día 30, en Lugo. O lema escollido para esta edición  foi Contra o cambio climático actúo.

 Moitos parabéns á nosa alumna Claudia, ao seu profesor de debuxo artístico, Anxo, e a toda a comunidade educativa do IES Río Cabe!

Convocados premios extraordinarios educación secundaria obrigatoria ao redemento académico correspondentes ao curso 21/22

Informamos que dende o día 31 de maio ata o día 30 de xuño de 2022 poderán presentarse as solicitudes para os premios  extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311D).

 

Poderá optar ao premio extraordinario o alumnado que reúna os seguintes requisitos:
- Ter cursado durante o ano académico 2021/2022 4º curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de Graduado en Educación Secundaria.
- Ter obtido no conxunto dos catro cursos de Educación Secundaria Obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

 

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado  (anexo I) dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>>.

 

Premendo na seguinte imaxe  pódese consultar a forma e prazo de presentación das solicitudes así como a estructura da proba.

 

 

Por que escoller o Francés como segunda lingua?

 

1. Porque ten continuidade ó longo da ESO e o Bacharelato,  o que permite acadar o nivel A2, B1 ou mesmo B2 do MCERL.  

2. Porque poderás conseguir a certificación dos niveis A2, B1 e/ou B2 grazas ás probas do DELF, proba recoñecida a nivel internacional e ponderable en múltiples oposicións. Ademáis, grazas a ese B1 cumprirás co requisitos dalgúns graos para poder titular e para optar ás bolsas Erasmus ós países francófonos.

3. Porque che ofrece a posibilidade de subir a nota na parte voluntaria da ABAU ponderando 0,2 no acceso a diferentes graos.

4. Porque é unha das 5 linguas máis solicitadas a nivel laboral xunto co inglés, o chino, o alemán e o portugués.

5. Porque é unha lingua falada por 270 millóns de persoas entre os cinco continentes e che abrirá moitos portas á hora de viaxar e coñecer xente nova.

Graduación de 2º Bac 22- "ESTOS MARAVILLOSOS AÑOS"

O venres 27 de maio  a promoción  2020/22 de bacharelato do Río Cabe viviu unha xornada  especial que lembrarán  no tempo. Coa súa graduación remataron unha etapa, que aínda que resultou dura polos tempos que lles tocou vivir e porque segundo é un curso intenso, tamén foi moi bonita porque se uniron como unha piña, son grandes amigos e compañeiros , compartiron, sufriron  e tamén desfrutaron  moito xuntos.

 

Despois do motivador discurso de Carlos Parada, director do centro, Abel Veiga, avogado, profesor, padriño nesta graduación e antigo alumno do Río Cabe, lembrou o seu paso polo mesmo e resaltou a importancia da figura do profesor na educación dos alumnos e alumnas . Mil grazas a Abel e Carmen, a súa muller, pola súa amabilidade e o esforzo que fixeron por vir desde Madrid, para asistir unicamente a esta despedida.

 

 

 

O conxunto do  alumnado tivo unha actuación impecable, e por iso o felicitamos de corazón. O seu entrañable e divertido discurso, a cargo de Alex, Rebeca e Sofía, as agarimosas alusións ás titoras e distintos profesores que fixeron Candela e Sara, as magníficas actuacións  de Sara e Lujie e de Xurxo, o no compañeiro de física e química e a súa banda, Antón , Ariadna e Ximena; a todos eles, Parabéns!! Sabede que estamos profundamente orgullosos de vós.

 

 

 

 

 

 

 

E felicitacións tamén  a Fe, compañeira e profesora de tecnoloxía, polo seu traballo na  edición dun divertido vídeo que resume o tempo vivido polos alumnos no centro.

 

Despois da recollida de diplomas e última sesión musical, o alumnado saiu ó escenario a cantar e bailar , pechándose así, un ano máis de celebración .Agradecemos a colaboración de todos os que participaron nesta xornada .

 

 

 

Toda a sorte para estes estupendos rapaces e rapazas que agora comezan a voar en busca dos seus soños. Aquí seguiremos para eles cando nos necesiten. 

 

Moitos bicos.

 

Galería de fotos

 

 

 

Distribuir contido