Curso 2021/22

Entrega de premio do sorteo Pro-excursión

O pasado venres,14 de xaneiro, fixemos entrega no Cabe da cesta de productos gastronómicos que sortearon os alumnos e alumnas de 4º ESO coa finalidade de  recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.

 O agraciado foi o noso antigo compañeiro e amigo,  Jorge R. , a quen vemos na foto.

  

Parabéns, Jorge!!

 

 Agradecemos á ANPA de centro a súa colaboración na actividade.

 

 

Convocadas as probas de acceso a Ciclos Formativos Grao Medio e Superior

No DOG do 12 de xaneiro de 2022 podes acceder a Orde do 17 de decembro de 2021 que regula as probas de acceso aos ciclos formativos de Grao Medio e de Grao Superior de Formación Profesional para o ano 2022.

Os prazos de presentación de solicitudes son os seguintes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.

Para  máis información:

                                        GRAO MEDIO                                  GRAO SUPERIOR

 

                                                                       CALENDARIO  PROBAS

 

Máis premios no Cabe

O venres 10 de decembro tivo lugar en Santiago a entrega de premios da novena edición do certame de ensaio subversivo e de banda deseñada que organiza, a nivel autonómico o IES Xelmírez I, con apoio de Política Lingüística.

A nosa alumna, Claudia Pérez Barrientos, de 1º de Bacharelato, foi a merecedora gañadora dun accésit pola "gran calidade" da súa obra, o cómic  "Flor murcha".

Xunto con outros oito alumnos doutros centros de Galicia, recibiu o premio nun acto no que interviron o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez e Manuel Portas, director do centro convocante.

A comunidade escolar do Río Cabe desexa felicitar a Claudia polo seus éxitos, así como a Bernardino Cerviño, o seu profesor de debuxo, polas súas ensinanzas, e por ser quen a animou a presentarse.

Parabéns ós dous!! Non poderiamos estar máis orgullosos!! 

 

 

Horario de apertura da sala de estudo de adultos 055

A sala de estudo de adultos permanecerá dispoñible (en cor verde) para todo  o alumnado do centro seguindo o horario que aparece a continuación:

 

O uso de dita aula rexirase polas seguintes normas.

 

 

 

Premios de Debuxo "Os castelos de Monforte"

A alumna de 3º de ESO do Río Cabe, Ximena López Aparici , ven de gañar o concurso de debuxo que organizou  o concello de Monforte sobre os castelos da cidade, na categoría de segundo ciclo da ESO. O venres 26 de novembro tivo lugar a entrega de premios no salón de actos da casa da cultura de Monforte.

Dende aquí, felicitamos a Ximena polo seu bo facer,  ó seu profesor de debuxo, Anxo, ós gañadores das distintas categorías e ós seus profesores,  así como a todos os que se animaron a participar.

 

 

Horarios ensinanzas de adultos 2021/2022

A continuación, facendo click no curso correspondente, podedes descargar o horario do mesmo:

 ESA I-II      ESA III-IV

 1º BAC      2º BAC

 CS Turismo

Respecto ao horario do CUALE, as ensinanzas do idioma inglés desenvólvense no seguinte horario:

A1

Mércores: 17:15 a 18:30 horas

Venres: 16:00 a 17:15 horas

B1

Mércores: 16:00 a 17:15 horas

Venres: 17:15 a 18:30 horas

Castelán e galego para estranxeiros:

Castelán: Xoves de 16:50 a 17:40 horas

Galego: Martes de 16:50 a 17:40 horas

Por último, as clases do Nivel II de Fútbol impártense os luns, mércores e xoves pola tarde. O mércores os módulos correspondentes ao Bloque Común e o resto dos módulos os outros dous días da semana.

Distribución de máscaras

Informamos de que está aberto o prazo para solicitar máscaras entre o alumnado que, por renta, teña dereito, e que por algún motivo non teña recibido o vale do material escolar. Aqueles que recibiron o vale non necesitan facer solicitude.

Poden consultar a orde neste enlace.

Río Cabe solidario

No Río Cabe estamos a colaborar coa ONG Misevi  nun proxecto de solidariedade e reciclaxe dende hai unhas semanas. Recollemos material escolar usado que posteriormente será canxeado por diñeiro para proxectos educativos e en programas de  apoio a mulleres e a colectivos desfavorecidos en Angola e Bolivia.

Nas entradas ó centro atópanse os contenedores para a recollida deste material.  No seguinte vídeo podedes ver como se recicla e cal é  a súa utilidade unha vez reciclado.

 

Carta informativa da nova ANPA do Río Cabe

A ANPA do Río Cabe desexa informar ás familias de que de novo retoma a súa actividade baixo unha nova directiva. Achegamos a súa carta de presentación no seguinte enlace.

Eleccións ao Consello Escolar

Entre o 4 e o 12 de novembro estará aberto o prazo de presentación de candidaturas para formar parte do Consello Escolar nas seccións de alumnado, profesorado e pais-nais-titores legais. Ditas candidaturas deberán presentarse na secretaría do centro, antes das 14:00 horas do 12 de novembro.

Atoparán mais información nos documentos seguintes:

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88)

Calendario

Composición do Consello Escolar

Candidatura profesorado

Candidatura alumnado

Autorización menores de 14 anos

Candidatura familias

Distribuir contido