Máis premios no Cabe

O venres 10 de decembro tivo lugar en Santiago a entrega de premios da novena edición do certame de ensaio subversivo e de banda deseñada que organiza, a nivel autonómico o IES Xelmírez I, con apoio de Política Lingüística.

A nosa alumna, Claudia Pérez Barrientos, de 1º de Bacharelato, foi a merecedora gañadora dun accésit pola "gran calidade" da súa obra, o cómic  "Flor murcha".

Xunto con outros oito alumnos doutros centros de Galicia, recibiu o premio nun acto no que interviron o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez e Manuel Portas, director do centro convocante.

A comunidade escolar do Río Cabe desexa felicitar a Claudia polo seus éxitos, así como a Bernardino Cerviño, o seu profesor de debuxo, polas súas ensinanzas, e por ser quen a animou a presentarse.

Parabéns ós dous!! Non poderiamos estar máis orgullosos!!