Debuxo

IES Río Cabe. Decoración de aulas Samaín

Outubro 2023

 

No IES Río Cabe estamos inmersos na semana do Samaín e para iso o alumnado decorou a súa aula de acordo con esta festividade, este ano a temática é Día de Mortos en México.

Temos no IES Río Cabe grandes artistas!

Pica AQUI para ver a galería de fotos das aulas decoradas.

Bo Samaín!

 

 

 

 

4º ESO, 1º Bacharelato e 2º Bacharelato. Visita exposición Out of Wonderland Espazo+60

O venres 29 de setembro o alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato e 2º Bacharelato que cursa a materia de Educación Plástica e Visual, Debuxo Artístico e Historia da Arte, respectivamente, acompañados das súas docentes Cristina Ouro e Fina Vázquez, realizaron unha visita á exposición Out of Wonderland que acolleu o Espazo+60 en Monforte de Lemos.

O alumnado puido gozar da dita exposición e incluso tivo a sorte que un dos autores sorteou unha lámina entre eles. De seguro que o alumno ao que lle tocou a gardará con moito agarimo.

Foron dúas horas onde o alumnado se encheu de grandes coñecementos que ller servirán para desenvolver nas diferentes materias coas que visitaban a exposición.

 

                                   

Santiago en museos

 

O alumnado de 1º de Bac que cursa as asignaturas de Debuxo Técnico e Debuxo Artístico realizou hoxe, 9 de xuño, xunto con Anxo Alvaredo, profesor de Arte, e Roberto Pérez, profesor de Matemáticas,  unha viaxe a Santiago de Compostela para visitar  dúas exposicións de arte. 

Comenzaron polo Museo do Pobo Galego, continuaron cun paseo ata a Praza do Obradoiro, pasando pola Praza da Quintana,e despois de recuperar forzas tralo almorzo nun centro comercial da cidade, desfrutaron da exposición: “Objetos de deseo: Surrealismo y diseño” no Museo Centro Gaiás. 

Máis fotos na galería

 

 

 

 

 

 

Premio IlustrarNós 2021

A nosa alumna de 1º de Bacharelato Claudia Pérez Barrientos resultou premiada no certame IlustarNÓS que organiza a área de cultura da Deputación de Lugo á mellor ilustración  na categoría bacharelato e ciclos formativos.

 

 

Cada 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, coincidindo co nacemento de Castelao, e cada ano é homenaxeado un ilustrador/a galego/a. A protagonista no ano  2021 foi Lolita Díaz Baliño  a primeira muller á que se adicou este día. O certame IlustrarNÓS naceu  co obxectivo de promover entre o alumnado dos centros educativos da provincia a creatividade artística e plástica e achegarlle o gusto de ilustrar aos rapaces e rapazas.

O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado luns, día 30, en Lugo. O lema escollido para esta edición  foi Contra o cambio climático actúo.

 Moitos parabéns á nosa alumna Claudia, ao seu profesor de debuxo artístico, Anxo, e a toda a comunidade educativa do IES Río Cabe!

Charla do ilustrador e autor de cómic Kiko da Silva no Río Cabe

Este venres, 25 de marzo, e dentro do programa da deputación lucense IlustrarNós, contamos no Río Cabe cun dos mellores ilustradores e autores de cómic de Galiza, Kiko da Silva.

O vigués impartiu unha charla dirixida ó alumnado de plástica de 4º de ESO e de debuxo técnico e artístico de 1º de bacharelato. O obxectivo da atividade era  fomentar a creatividade así como acercar ó alumnado o traballo dos artistas galegos neste campo. Durante a charla, o deseñador explicou o proceso de creación desde que nace a súa idea ata a súa publicación.

 

O programa inclúe a convocatoria do II Certame de Ilustración “IlustrarNós” dirixido a centros de ensino, tanto de primaria como de secundaria, no que se establecen catro categorías de creación , en función da etapa educativa, cos correspondentes premios. 

 

 

 

 

 

Máis premios no Cabe

O venres 10 de decembro tivo lugar en Santiago a entrega de premios da novena edición do certame de ensaio subversivo e de banda deseñada que organiza, a nivel autonómico o IES Xelmírez I, con apoio de Política Lingüística.

A nosa alumna, Claudia Pérez Barrientos, de 1º de Bacharelato, foi a merecedora gañadora dun accésit pola "gran calidade" da súa obra, o cómic  "Flor murcha".

Xunto con outros oito alumnos doutros centros de Galicia, recibiu o premio nun acto no que interviron o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez e Manuel Portas, director do centro convocante.

A comunidade escolar do Río Cabe desexa felicitar a Claudia polo seus éxitos, así como a Bernardino Cerviño, o seu profesor de debuxo, polas súas ensinanzas, e por ser quen a animou a presentarse.

Parabéns ós dous!! Non poderiamos estar máis orgullosos!! 

 

 

Premios de Debuxo "Os castelos de Monforte"

A alumna de 3º de ESO do Río Cabe, Ximena López Aparici , ven de gañar o concurso de debuxo que organizou  o concello de Monforte sobre os castelos da cidade, na categoría de segundo ciclo da ESO. O venres 26 de novembro tivo lugar a entrega de premios no salón de actos da casa da cultura de Monforte.

Dende aquí, felicitamos a Ximena polo seu bo facer,  ó seu profesor de debuxo, Anxo, ós gañadores das distintas categorías e ós seus profesores,  así como a todos os que se animaron a participar.

 

 

Aprendendo linguaxe visual co praxinoscopio

     Traballando sobre a percepción do movemento aparente, esto é, a que se obten a partires da observación de secuencias de imaxes estáticas.

 No 1877, o francés Émile Reynaud, presentou o Praxinoscopio. Consistía nun tambor xiratorio cun anel de espellos colocado no centro e os debuxos colocados na parede interior do tambor. Según xiraba o tambor, os dibuxos parecían cobrar vida. 

 Este xoguete científico con imaxes animadas fainos crer que vemos imaxes en movemento, e para mostra este divertimento do alumnado de EPVA.

 


Día do Libro: Pegadas de Shakespeare

Para celebrar o Día Internacional do Libro, 23 de abril,  o departamento de inglés, en colaboración co  departamento de plástica, propuxemos a elaboración dun vídeo con textos do máis importante autor da literatura inglesa, William Shakespeare, no que os nosos alumn@s recitasen fragmentos das súas obras máis coñecidas.

Para a súa elaboración, estudantes  de varios cursos se prestaron a ser actores por un día, e guiados polo noso artista particular, Bernardino, regaláronnos unha delicia para ver e escoitar.

                           Moitas grazas a todos eles e parabéns polo seu traballo!!!

Cousa de Muller - 8 de marzo

Mulleres e homes, alumnas e alumnos do Río Cabe,   unímonos  para celebrar o 8 de marzo, día que  quixeramos non ter que celebrar máis , porque significaría que o obxectivo de teren todos os mesmos dereitos e oportunidades estaría conseguido.

Bernardino Cerviño, profesor de arte do instituto, foi o encargado da realización do vídeo no que nenas e nenos reividindican o papel fundamental  das mulleres na sociedade ó longo da historia, o que é “Cousa de Mulleres”.  Unha delicia!! Desfrutádeo!!

  

 

 8 de marzo“Fronte ó mesmo obxectivo, nada nos detén. Mulleres detrás das vacinas”

 

Dende Bibliocabe , a mensaxe é esperanzadora e empoderadora: nada nos detén. Alejandro García, ex-alumno do centro e colaborador asiduo, foi o deseñador do póster para a nosa celebración. Flor e Xurxo fixeron outro magnífico vídeo e unha  exposición fotográfica sobre o transcendental papel das  mulleres científicas que fixeron posible as actuais vacinas.

 

 .

 

Moitas grazas a alumn@s  e profesor@s polo seu traballo e implicación.

Distribuir contido