Charla do ilustrador e autor de cómic Kiko da Silva no Río Cabe

Este venres, 25 de marzo, e dentro do programa da deputación lucense IlustrarNós, contamos no Río Cabe cun dos mellores ilustradores e autores de cómic de Galiza, Kiko da Silva.

O vigués impartiu unha charla dirixida ó alumnado de plástica de 4º de ESO e de debuxo técnico e artístico de 1º de bacharelato. O obxectivo da atividade era  fomentar a creatividade así como acercar ó alumnado o traballo dos artistas galegos neste campo. Durante a charla, o deseñador explicou o proceso de creación desde que nace a súa idea ata a súa publicación.

 

O programa inclúe a convocatoria do II Certame de Ilustración “IlustrarNós” dirixido a centros de ensino, tanto de primaria como de secundaria, no que se establecen catro categorías de creación , en función da etapa educativa, cos correspondentes premios.