Lingua Galega
FINAL DE CURSO: LECTURA DRAMATIZADA 1º ESO con BALONCESTO. 21_6_24
LECTURA DRAMATIZADA 1º ESO
Dormente. Raquel Castro
O venres 21 de xuño de 2024 para despedirmos o curso escolar, o alumnado de 1º ESO B levou a cabo no salón de actos unha lectura teatralizada do libro Dormente de Raquel Castro para o alumnado de 1º e 3º ESO. A seguir foi o alumnado de 1º ESO A quen lle realizou a lectura dramatizada ao alumnado de 2º ESO.
Dormente é unha entretida peza teatral na que a súa autora, Raquel Castro, actualiza o conto tradicional da Bella durmiente dende unha prespectica feminista, onde a Bela non quere que a bique ningún príncipe, senón a persoa da que está namorada. Animámosvos a que leades este fermoso libro para coñecer o seu final. O alumnado divertiuse moito.
Ao finalizar foi a quenda do alumnado do club de Brindos, coa profesora Sara Porrit, quen nos agasallou con varias coplas.
Paralelamente o profesorado de Educacion Física, Alberto Rodríguez e Daniel Corderí organizou un torneo de tiro a canastra para o alumnado que ía rematando no salón de actos.
Entrega de Diplomas do Clube de Brindos
Hoxe (20-6-24) puxemos o broche final ao Club de Brindos do Río Cabe 23-24 cunha graduación do alumnado participante. Entre coplas, risas e unha actuación especial do Trío Brindeiro Canesa, as 32 alumnas e alumnos que formaron parte desta experiencia recibiron un diploma acreditativo e unha bolsa de gominolas como recompensa a todo o traballo realizado durante estes meses.
Excursións, recreos, maios, festas... foron moitos os momentos de practicar, cantar e, sobre todo, pasalo ben e desfrutar dunha tradición que, grazas a esta rapazada, está hoxe máis viva que hai nove meses.
Grazas (alumnado e profesorado) pola vosa implicación e traballo.
Agardamos que desfrutárades coa experiencia e... que viva o brindo do Cabe por moitos anos máis!
Brindos e Contos nos coles. Xuño 2024
O alumnado de 1 e 2º ESO que participou no Plan proxecta dos contos e máis no club de Brindos do IES Río Cabe, acompañados polas súas profesoras Pilar López e Sara Porrit
visitaron o martes 18 de xuño de 2024 o colexio das Gándaras e o mércores 19-6-24 visitarán o Colexio Novo para realizar un taller de Brindos co alumnado de 5º e 6º e falarlles do proxecto de contos.
Estamos rematando o curso pero aínda quedan forzas para as últimas saídas!
Hoxe fomos visitar ós nosos futuros compañeiros e compañeiras do cole da Gándara para falarlles do proxecto Cóntame un Conto e, xa de paso, ensinarlles como funciona iso dos brindos.
Entre o alumnado de 1° e 2° contamos algúns contos e despois demos un pequeno obradoiro para que o alumnado de sexto da Gándara acabara compoñendo as súas propias coplas.
Foi toda unha experiencia para nós e agardamos que eles quedaran con ganas para cando sexan oficialmente alumnas e alumnos do Río Cabe!
Plan Proxecta. Cóntame un conto. Saída a Santiago.
Hoxe,17-6-24, o alumnado de 1° e 2° do Río Cabe, acompañados polas profesoras Carmen Quiroga, Pilar López, e Sara Porrit participaron na Gala de peche do Proxecto Cóntame un conto do Museo do Pobo Galego e
a Fundación Antonio Fraguas.
Conducida por María da Pontragha, contadora, durante a Gala escoitamos as historias das compañeiras e desfrutamos da música e das danzas que prepararon o resto de coles.
Con isto pechamos un proxecto no que traballamos durante todo o curso e que deu como resultado os vídeos que podedes ver no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=RZuRwQJmjZg&ab_channel=IESR%C3%ADoCabe
Entrevista para o xornal mensual de 2º ESO
A mañá do martes 11-6-24, o alumnado de 2º da ESO, acompañados pola súa profesora Sara Porrit, realizou a última entrevista deste curso para o seu xornal mensual.
Nesta ocasión tiveron a oportunidade de conversar con Hugo GZ un dos membros fundadores de SondaRúa, un grupo de rap galego que, malia separarse no 2023, deixou
temas tan icónicos como "En galego non mola" ou "Salsa Galaica".
Durante a entrevista foron moitos os temas que sairon, dende curiosidades sobre o grupo como a orixe do seu nome ou a canción máis coreada nos concertos, ata o Celta de
Vigo e Juan Luis Guerra.
Non podemos máis que agradecerlle a Hugo ter colaborado con nós e ter respondido de tan boa gana as nosas cuestións.
- APIs de Blogue
- Calendario
CLUB DE LECTURA 1º ESO Alma de violino. Luísa Villalta
O día 6 de xuño de 2024 durante o recreo e aproveitando o bo tempo, o alumnado do club de lectura de 1º ESO compartiu a lectura da obra Alma de violino da autora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano, Luísa Villalta, onde Eli Ríos, Beatriz Maceda e Laura Suárez nos dan a coñecer a autora dun xeito ameno e sinxelo.
Foi unha posta en común enriquecedora e diferente na que se tiveron a ocasión de coñecer un pouco máis a esta escritora.
PLAN PROXECTA Cóntame un conto
PLAN PROXECTA Cóntame un conto
Estes son os vídeos definitivos que enviamos ao Plan Proxecta Cóntame un conto do alumnado de 1º e 2º ESO. Agardamos que vos gusten.
O vindeiro luns, día 17 de xuño de 2024, iremos a Compostela para participar da gala final do programa.
Na canle de youtube do ies rio cabe podes atopar todos os vídeos. https://www.youtube.com/channel/UC3qPMGzuYgPskkeOnEGAkSg
- APIs de Blogue
- Calendario
LUISA VILLALTA PERCORRENDO MONFORTE
O 16 de maio de 2024, co gallo do Día das Letras Galegas, decidimos homenaxear a Luisa Villalta compartindo con todos os monfortinos e monfortinas os seus versos.
Esta actividade, organizada polo EDLG en colaboración coa Biblioteca, o Dpto de Lingua Galega, e o Dpto. de Plástica pretende dar continuidade á iniciativa comezada o Día de Rosalía cos poemas desta autora.
Nos distintos carteis combínanse os poemas de Luisa Villalta cos códigos QR que dan acceso á música dalgunhas das súas cancións.
Cómpre darlle ás grazas, polo seu traballo, ás profesoras Pilar López e Sara Porrit; así coma á alumna Nerea S. (1º BAC) polos retratos da autora.
- APIs de Blogue
- Calendario
Exposición Luisa Villalta día das Letras Galegas 2024
Co gallo do Día das Letras Galegas, o 14 de maio de 2024, fixemos unha exposición na entrada do IES Río Cabe. Esta actividade está organizada polo EDLG, en colaboración coa Biblioteca, o Dpto. de Lingua Galega e o Dpto. de Plástica
Os alumnos de Expresión Artística de 4º da ESO e a súa profesora Silvia fixeron varios trípticos alusivos á lingua e un retrato da autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta.
Tamén escollimos unha pequena mostra da exposición de poemas “Luísa Villalta percorre Monforte de Lemos”.
E, por último, expuxemos algúns dos poemas presentados ao Concurso de microrrelatos Letras Galegas 2024, que se fallará o día da Foliada Literaria.
- APIs de Blogue
- Calendario
II Foliada Literaria Letras Galegas 2024
Este ano, o mércores 15 de maio do 2024, celebramos polo alto o Día das Letras Galegas Galegas no IES Río Cabe.
Como xa se vén facendo dende o curso pasado, festexámolo coa II FOLIADA DAS LETRAS, na que se mesturan recitado de poesía, música, baile e este ano, brindos…
Comezamos coa actuación dun grupo de gaitas e pandeiretas de alumnos e alumnas de 1º de BAC, acompañados por algúns profesores.
Seguimos coa biografía de Luísa Villalta, a homenaxeada este ano, a cargo de Demetrio e Ximena de 1º de BAC.
Despois, os alumnos de Música de 2º, 3º e 4º de ESO, dirixidos pola súa profesora Silvia bailaron dous pasodobres con muiñeira corrida.
Deseguido, actuación do Dúo Periférico, cunha sorpresa: actuación do Grupo de brindos do IES Río Cabe.
E, para rematar, a entrega de premios do Concurso de microrrelatos Letras Galegas 2024, con dous gañadores en cada categoría. Na categoría de 1º, 2º, e 3º de ESO os gañadores foron Naira Mariño Serrai (2ºAESO) e África García Guitán (2º B ESO); e na categoría de 3º ESO, 1º e 2º BAC os gañadores foron Carmen López Fernández (1ºB BAC) e Manuel Augusto Alcántara Macías (1º A BAC).
Unha selección dalgúns momentos:
Grupo de alumnos/as de 1º de BAC e algunhas profesoras…
Os alumnos de Música de 2º, 3º e 4º ESO preparados para o obradoiro de baile…
Un dos grupos do centro -participaron todos- recitando poemas de Luísa Villalta.
Actuación do Dúo Periférico cos alumnos do Grupo de brindos do IES Río Cabe acompañados da súa profesora do obradoiro de brindos, Sara Porrit.
Actuación do Grupo de brindos do IES Río Cabe
O director do IES Río Cabe e a coordinadora de Dinamización fanlle entrega aos gañadores do Concurso de microrrelatos Letras Galegas 2024 dos diplomas e agasallos: entre outros, unha bolsa conmemorativa do Día das Letras cos versos de Luísa Villalta incluídos nos microrrelatos, deseñada pola profesora Sara Porrit.
Este acto está organizado polo EDLG (Nuria Mariño, Pilar López e Sara Porrit) en colaboración con Bibliotecas Escolares, o Dpto. de Galego, Vicedirección, Silvia do Dpto. de Música, Cristina Ouro do Dpto. de Plástica, e numerosos profesores do centro de distintos departamentos; así como de grande parte do alumnado do centro, da ESO e BAC.