Língua Inglesa

Listado de alumnado matriculado en CUALE A1 e B1 de inglés a 07/11/2023

Pincha nos enlaces seguintes para ver o listado actualizado de alumnado matriculado no CUALE A1 e B1 de inglés a 7 de novembro de 2023

CUALE A1               CUALE B1

 

Christ Church College, festa de "graduación " e volta a casa

  O último día , mércores, no college, o alumnado celebrou a súa graduación, recibindo o diploma de asistencia e aproveitamento das clases. Tocou tamén despedirse de profesores e familias e voltar a casa, non sen un pouco de "morriña".

 

  

 

 

 

 

Nun martes un pouco máis fresquiño, os nosos alumnos visitaron, logo das clases matutinas e o xantar ó aire libre, o Christ Church College, un dos colleges máis grandes que constitúen a Universidade de Oxford, e que é ademais a iglesia catedral da diócese da cidade.

 

 

 

Punting on the river

O luns pola mañá amaneceu un pouco nubrado, o que non impediu que, despois das clases da mañá e do xantar, os alumnos do Cabe foran facer “punting”, é dicir, foran remar ó río Cherwell, onde máis de un rematou mollado, e non pola choiva. Coma sempre, a cea foi coaș familias.

 

 

 

 

 

 

 

Ashmolean Museum and Treasure Hunt

Na mañá do domingo, alumnos e profes visitaron o Ashmolean Museum of Art and Archeology, e pola tarde  divertíronse resolvendo unha interesante “Treasure Hunt”.

 

 

 

 

 

Sábado en Londres

No segundo día de estancia no Reino Unido os alumnos  e profesoras visitaron Londres, onde ademais de visitar os momumentos máis representativos, se toparon coas mostras de condolencia dos británicos polo falecemento da súa raíña.

 

 

 

 

 

 

 

Primeiro día en Oxford

Despois dunha curta noite coas respectivas familias, o alumnado chegou ó College onde tiveron  as primeiras clases. O lunch foi ó aire libre e despois fixeron un orientation tour pola cidade e un Instagram challenge. A cea, de novo coas familias.

 

 

 

 

 

 

 

 

Viaxe a Oxford

O alumnado do Río Cabe que comenza 2º de Bac partiu esta mañá rumbo a Oxford, Inglaterra, para facer una semana de inmersión lingüística, acompañados de Iria e Xela, dúas das súas profesoras. Nesta semana terán clases, convivirán con familias inglesas e coñecerán un país e unha cultura distintos ós nosos.

 

 

 

Desexámosvos que o pasedes moi ben, que aprendades moito e que sexa unha viaxe inesquecible.

Proxecto Interdisciplinar 1º ESO - "Viaxando a.."

 

 

No curso académico 2020/21, un profesor do centro elaborou o Proxecto Interdisciplinar para alumnos de 1º da ESO, que forma parta da materia Formación de Usuarios.

 

Avelino Rego Freire, profesor de Lingua Inglesa, realizou cos seus alumnos o proxecto interdisciplinar “Viaxando a…” Este proxecto foi unha colaboración entre Educación Plástica, Ciencias Sociais e Lingua Inglesa. Co gaio, da pandemia do coronavirus e o feito de ter que estar confinados, o obxectivo do traballo era poder viaxar virtualmente e coñecer outras culturas e lugares de países de fala inglesa. Como este ano, por primeira vez no centro, un mesmo profesor realiza o proxecto interdisciplinar en varias clases, o profesor decidiu centrarse na investigación de tres países distintos (Canadá, Irlanda e Australia) en cada unha das clases nas que imparte a materia. Asemade os traballos foron feitos en Lingua Inglesa, distribuíndo os proxectos do seguinte xeito:

 

       1º ESO A Travelling to Canada

 

       1º ESO B Travelling to Ireland

 

       1º ESO C Travelling to Australia

 

Tendo en conta a situación e as medidas sanitarias polo Coronavirus, os alumnos non puideron realizar os traballos en grupo como nos gustaría facendo debuxos en grupos, manualidades, investigacións grupais, etc. Por ese motivo, o profesor decidiu centrarse nas novas tecnoloxías de feito que os alumnos traballaron en grupo pero de forma telemática, empregando internet, os seus ordenadores (E-DIXGAL), os libros da bliblioteca, vendo vídeos documentais dos países dos que estaban a investigar… Como resultado final os alumnos crearon de forma autónoma e en conxunto chegando a acordos entre eles, un Powerpoint final de cada un dos países que lles tocou. É importante destacar que moitos deles non sabían como traballar con dito programa, polo que adicamos unhas cantas clases a explicar o funcionamento de diversos programas para facer a presentación dun traballo académico.

Tamén tivemos tempo a facer uns debuxos iniciais do como eles vían o país que lles tocou investigar. A continuación mostramos uns exemplos dos seus traballos individuais.

 

 

 

 

 

In search of hidden Monforte

O luns día 7 de xuño as alumnas do Ciclo superior de turismo do noso centro ( CS Guía, información e asistencia turísticas) fixeron de guías turísticas para un grupo de alumnos de 4º ESO. Toda a ruta se desenrolou en inglés. Os alumnos de secundaria non se esperaban unha visita na que non se lles falou dos lugares máis emblemáticos, típicos e coñecidos de Monforte, senón doutros  ocultos ou xa desaparecidos e cunha historia detrás. E o mellor foi que tiveron que practicar inglés e facer de detectives durante hora e media para resolver aas pistas e poder seguir o itinerario de principio a fin.

 

Todos desfrutamos moito do estupendo tour e o colofón foi degustar un rico postre tradicional chamado “vexiga” e intentar descubrir sen éxito os seus sinxelos ingredientes. Esperamos que os rapaces de 4º da ESO  aprenderan algo novo. As alumnas de Turismo e eu  agradecémoslles o seu bo comportamento, simpatía e respecto en todo momento. 

 

Unha experiencia para repetir.

 

 

 

 

 

Distribuir contido