Proxecto Interdisciplinar 1º ESO - "Viaxando a.."

 

 

No curso académico 2020/21, un profesor do centro elaborou o Proxecto Interdisciplinar para alumnos de 1º da ESO, que forma parta da materia Formación de Usuarios.

 

Avelino Rego Freire, profesor de Lingua Inglesa, realizou cos seus alumnos o proxecto interdisciplinar “Viaxando a…” Este proxecto foi unha colaboración entre Educación Plástica, Ciencias Sociais e Lingua Inglesa. Co gaio, da pandemia do coronavirus e o feito de ter que estar confinados, o obxectivo do traballo era poder viaxar virtualmente e coñecer outras culturas e lugares de países de fala inglesa. Como este ano, por primeira vez no centro, un mesmo profesor realiza o proxecto interdisciplinar en varias clases, o profesor decidiu centrarse na investigación de tres países distintos (Canadá, Irlanda e Australia) en cada unha das clases nas que imparte a materia. Asemade os traballos foron feitos en Lingua Inglesa, distribuíndo os proxectos do seguinte xeito:

 

       1º ESO A Travelling to Canada

 

       1º ESO B Travelling to Ireland

 

       1º ESO C Travelling to Australia

 

Tendo en conta a situación e as medidas sanitarias polo Coronavirus, os alumnos non puideron realizar os traballos en grupo como nos gustaría facendo debuxos en grupos, manualidades, investigacións grupais, etc. Por ese motivo, o profesor decidiu centrarse nas novas tecnoloxías de feito que os alumnos traballaron en grupo pero de forma telemática, empregando internet, os seus ordenadores (E-DIXGAL), os libros da bliblioteca, vendo vídeos documentais dos países dos que estaban a investigar… Como resultado final os alumnos crearon de forma autónoma e en conxunto chegando a acordos entre eles, un Powerpoint final de cada un dos países que lles tocou. É importante destacar que moitos deles non sabían como traballar con dito programa, polo que adicamos unhas cantas clases a explicar o funcionamento de diversos programas para facer a presentación dun traballo académico.

Tamén tivemos tempo a facer uns debuxos iniciais do como eles vían o país que lles tocou investigar. A continuación mostramos uns exemplos dos seus traballos individuais.