Língua Inglesa

Despedida a Diana Gawthrop

No día de hoxe ,28 de xaneiro, despedimos no Cabe á que foi a nosa Auxiliar de Conversa durante os últimos catro meses, Diana Gawthrop.  Como suele ocorrer, foi unha  despedida triste porque, no pouco tempo que estivo con nós, Diana fíxose  unha  riocabense  máis.

 

 Os compañeiros do departamento de inglés botaremos de menos a súa enerxía , o seu entusiasmo e  a pasión coa que traballa, sempre procurando motivar ó alumnado  e axudando para que este mellore no seu dominio da lingua.

Esperamos e desexamos que a segunda parte do curso che sexa tan especial como a primeira, e contamos que o próximo curso poidas estar con  nós  de novo.

 

Alumnos de distintos cursos quixeron  obsequiar a Diana cuns  debuxos  que lle lembren o seu paso polo centro

 

GOOD LUCK, DIANA!! THANK YOU FOR EVERYTHING!!

Viaxe a Inglaterra

Como xa ven sendo costume no Río Cabe, o alumnado de 2º Bac realiza a principios de setembro unha viaxe de inmersión lingüística a Inglaterra; durante unha semana asistirán a clases e se aloxarán con familias coas que poderán practicar o idioma e ampliar coñecementos sobre a cultura anglosaxona.

Van acompañados por dúas profesoras , Temi Madarnás e Camino Martínez, que nos informarán sobre as actividades que leven a cabo.

 Xa no aeroporto, o noso grupo comeza a súa andaina por terras británicas, a pesar dunha noite sen durmir, cun sorriso.

 

 

Viaxe a Ilfracombe en autobús...

Descanso na escola antes de coñecer ás familias.. 

E o momento de ir para "casa"..

 

 Agora toca descanso, despois de un longo día e antes dunha semana intensa. 

 

Despois dunha primeira toma de contacto cos profes para facer unha proba de nivel, xa apetece repoñer forzas cun typical British lunch

 

 

Pola tarde estaba programada unha visita a Barnstaple, localidade cercana a Ilfracombe, considerada "borough"(municipio), o máis antiguo do Reino Unido.

Ao día seguinte, toca traballar na clase

 Despois das clases da mañá, hoxe visitan, aínda que o día non acompaña moito, Exeter, unha das máis antigas cidades de Gran Bretaña. Aqui están ao pé da catedral.

  

 

Ao día seguinte, despois das clases e xantar na escola, houbo unha "Treasure hunt", búsqueda do tesouro, nas rúas de Ilfracombe e máis tarde visitaron Bicclescombe Park, un precioso parque cuxa beleza o fixo merecedor de varios premios.

 

Hoxe unha visita moi especial foi a Heddon's Mouth, fermoso lugar onde o río Heddon se atopa co mar, entre algúns dos acantilados máis altos de Inglaterra.

 Agora, despois dunha semana de intensa aprendizaxe e inmersión nunha cultura moi diferente á nosa, chega o momento de volver a casa, asimilar o aprendido e poñelo en práctica. Aquí o grupo prepárase para a viaxe de volta, xa en Bristol. Feliz viaxe!!

 

E autobús de regreso desde Oporto. Mañá comeza unha nova "viaxe"..

Moita sorte a tod@s!!!

  

Álbum: Extraescolares -> Inglaterra 2019 - 2º Bac

Viaxe a Inglaterra

                      VIAXE A  INGLATERRA

 

   Como xa ven sendo costume no Río Cabe, o alumnado de 2º Bac realiza a principios de setembro unha viaxe de inmersión lingüística a Inglaterra; durante unha semana asistirán a clases e se aloxarán con familias coas que poderán practicar o idioma e ampliar coñecementos sobre a cultura anglosaxona.

   Van acompañados por dúas profesoras , Temi Madarnás e Camino Martínez, que nos informarán sobre as actividades que leven a cabo.

 

 

  

Premio de relatos de terror en inglés

A alumna de 3ºESO Sofía Pavón Fernández, que participou no concurso de relatos curtos de terror convocado polo Departamento de inglés en colaboración coa Escola Oficial de idiomas de Monforte (con motivo do Halloween 2018) resultou gañadora na categoría do nivel básico. O premio recibido consiste nun agasallo nunha librería. Noraboa !

Alumnado de 2º ESO participa na inmersión lingüística "English week 2018"

O noso instituto foi seleccionado para participar no centro de inmersión lingüística dos Peares no programa "English Week 2018"

Un total de 25 alumnos de 2ºESO estarán do domingo 4 ó sábado 10 de novembro en dito lugar inmersos en actividades lúdicas, clases e convivencia con outros rapaces. A lingua usada maioritariamente será a inglesa.

Nesta foto están coas súas familias antes de saír. Esperemos que a experiencia sexa totalmente do seu agrado.

 

 

Viaxe dos finlandeses e os alumnos de 2ºBAC a Coruña

O pasado venres, as alumnas finlandesas, os seus compañeiros e os profesores viaxaron a Coruña para realizar unha visita guiada de máis de dúas horas ás instalacións de Inditex en Arteixo. Desta experiencia viñan totalmente impresionados.

Tamén aproveitaron para visitar diferentes lugares de A Coruña como a Torre de Hércules, que viron entre unha gran néboa...

 

Outros lugares emblemáticos da cidade foron: o paseo pola Rosa dos Ventos 

 

Ou por Riazor...

 

 

 

Alumnado de 2º Bac na EOI

El día 25 de abril la EOI de Monforte nos ha invitado a llevar a un grupo de alumnos de Bachillerato a una charla acerca de cultura inglesa. Aquí están nuestros alumnos de 2ºBac A aprendiendo cosas como por qué la bandera inglesa se llama The Union Jack, por qué se conduce por la derecha en el Reino Unido (y muchos más sitios), qué lenguas se hablan allí, etcétera. También pudieron pronunciar unas palabras en gaélico o en galés y jugar un poco a un trivial cultural súper interesante.


Se les pasó volando la hora, entendieron la charla de nivel medio de inglés sin problema, participaron en lo que la ponente les propuso y se portaron como lo que son: los mayores del Insti, ya a puertas de abandonarnos y empezar una nueva etapa adulta.


Les pediré que den su opinión acerca de la actividad en una Padlet. Ya la semana que viene os la enseño, veréis qué chula es esta forma de presentar contenido colaborativo.

Alumnado da ESA practicando inglés fora da aula

Día 18 de abril de 2018, por primeira vez levamos aos alumnos da ESA a practicar inglés fora da aula e dun xeito moi ameno, aprendendo a facer unha receta inglesa típica: Toad in the hole.
 
É de agradecer que a profesora de inglés da EOI de Monforte, Lara, invitounos a duas actividades moi interesantes, ésta que estamos a describir e outra da que daremos conta a semana próxima.
 
Os rapaces e rapazas iban a priori bastante nerviosos, pero encontráronse cun ambiente moi distendido e cordial, unha señora inglesa moi xovial e agradable, e como podedes ver nas fotos pasarono moi ben dándolle ao batidor manual, nada de trebellos eléctricos, jeje.
 
Deíxovos a receta por escrito, un vídeo no que a señora inglesa da conta da orixe da receita e do seu orixinal nome, así como dous vídeos máis nos que podedes aprender a cociñar e practicar o voso inglés.
Saudable non é, para qué nos imos enganar, pero unha vez ao ano....
 
 
Saúdos desde o tan gratificante mundo da ensinanza nocturna, onde o nivel académico non é alto, pero o humano é estratosférico!
Álbum: Escolares -> Inglés ESA 2018

Viaxe a Ramsgate do alumnado de 2º BAC

Mércores 27/09/2017: A viaxe chega a súa fin e a estas horas están de camiño no autobus cara ao aeroporto. Deixamos un par de fotos da despedida do alumnado de Ramsgate:

 

Luns 25/09/2017: A viaxe continua sen ningún tipo de incidencia e o alumnado segue a coñecer diferentes vilas e lugares ingleses. Onte estiveron en Canterbury visitando a súa catedral e hoxe volveron as clases matinais, mentres que pola tarde fixeron unha caminata de mais de 45 minutos ata Broadstairs e a noite teran unha nova "Neon Party".

 

Domingo 24/09/2017: Onte coñeceron Londres, a capital do Reino Unido. Visitaron lugares emblemáticos, como o London Eye, Big Ben, Trafalgar Square, Palacio de Buckhingham... e no día de hoxe toca ir a Canterbury e ver a súa catedral.

Sábado 23/09/2017: No día de hoxe toca visita a Londres e onte tiveron tempo para seguir coñecendo Ramsgate ou visitar vilas cercanas como Margate. Tamén competiron ao futbol e billar cun grupo de rapaces italianos que se encontran no condado de Kent de viaxe de estudos:

Xoves 21/09/2017: Hoxe pasaron o seu primeiro día enteiro na cidade de Ramsgate. Pola tarde fixeron un "interaction walk" preguntando aos nativos por lugares e costumes, de tal forma que aprenden o idioma inglés xogando. Pola noite disfrutaron da festa "neon party" con estudantes doutros países e as profesoras acompañentes informan que todo transcorre segundo o previsto.

Lembramos que poden acceder a máis información detallada e fotografías da viaxe no Blog de LKidiomas:

O Departamento de inglés do centro organiza unha viaxe de estudos ao Reino Unido durante unha semana na vila de Ramsgate, coa inestimable axuda da empresa LANGUAGE KINGDOM, adicada a formación e cursos de idiomas no estranxeiro.

Tras un día largo despois de sair de Monforte de Lemos ás 6 da mañá do mércores 20 de setembro, xa están instalados en Ramsgate acompañados polas profesoras do centro Maite Carreira e Patricia Barrientos.

Na tarde de hoxe, empezaron a coñecer Ramsgate e xa deron os primeiros paseos pola vila, coñeceron a praza, as ruas máis importantes... Agora empezan a disfrutar da súa primeira noite en Inglaterra, cunha familia nova, casas diferentes, cultura e comida distinta. Espéralles unha semana fantástica, con días para practicar inglés e unha gran experiencia que recordarán durante moito tempo. Nos vindeiros días seguiremos informando desde esta páxina web sobre a viaxe e recordamos ás familias que poden consultar o Blog creado ao efecto por LANGUAGE KINGDOM:

Nota: Senón lembran o contrasinal ou teñen algún problema para acceder ao blog de Language Kingdom poden enviar un email ao centro ies.rio.cabe@edu.xunta.es e prestarémoslles axuda.

 

Viaxe a Hastings do alumnado de 2º ESO

14/06/2017: No día de hoxe remata a viaxe do alumnado de 2º ESO ao Reino Unido. Onte tiveron todo o día para coñecer a cidade de Londres, tiveron que acostarse moi temprano posto que ás 3:20 horas xa estaban  no hall do hotel para coller o autobus cara ao aeroporto. A chegada a Monforte está prevista para as 11:00 horas.

11/06/2017: Na fin de semana o alumnado tivo ocasión de visitar a vila de Brighton, onde pasaron todo o día do Sábado e o Domingo se tomaron un día de relax e estiveron na praia de Hastings, onde tiveron tempo para facer unha barbacoa:

09/06/2017: As profesoras acompañantes, Temi e Isabel, informan de que todo trascurre con normalidade e está moi ben tanto o alumnado como as profesoras. Durante os dous primeiros días da viaxe o alumnado estivo asistindo a clases de inglés en Hastings e no día de mañá teñen programada unha excursión a cidade de Brighton.

Lembramos a comunidade educativa que poden atopar máis información e moitísimas fotografías no Blog de LANGUAGE KINGDOM e tamén nas redes sociais (Instagram e Facebook de LKidiomas):

 


O Departamento de inglés do centro organiza unha viaxe de estudos ao Reino Unido durante unha semana na vila de Hastings, coa inestimable axuda da empresa LANGUAGE KINGDOM, adicada a formación e cursos de idiomas no estranxeiro.

Tras un día largo despois de sair de Monforte de Lemos ás 5 da mañá do mércores 7 de xuño, xa están instalados en Hastings acompañados polas profesoras do centro Temi Madarnás e Isabel Valledor.

No día de hoxe, empezaron a coñecer Hastings e xa deron os primeiros paseos pola vila, coñeceron a praza, as ruas máis importantes, a praia, a zona do castelo e as súas ruinas... Agora disfrutan da súa primeira noite en Inglaterra, cunha familia nova, casas diferentes, cultura e comida distinta. Espéralles unha semana fantástica, con días para practicar inglés e unha gran experiencia que recordarán durante moito tempo. Nos vindeiros días seguiremos informando desde esta páxina web sobre a viaxe e recordamos ás familias que poden consultar o Blog creado ao efecto por LANGUAGE KINGDOM:

 

Nota: Senón lembran o contrasinal ou teñen algún problema para acceder ao blog de Language Kingdom poden enviar un email ao centro ies.rio.cabe@edu.xunta.es e prestarémoslles axuda.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha recopilación de fotografías enviadas polas profesoras acompañantes:

Distribuir contido