Lingua Galega

ESA. Plan Proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade_Taller Xénero Educa Dinámicas

06.02.2024

Profesora: Noelia Besteiro

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_02_06_2ª AVA_ESA_Plan Proxecta: Por 365 días de respecto e igualdade_Taller Xénero Educa Dinámicas

4º ESO. Obradorio literario por Nuria Vil_Erre que erre

02.02.2024

 

O venres 2 de febreiro acompañounos no noso centro a poeta Nuria Vil do grupo Erre que erre. Ofreceu un relatorio-taller de poesía ao alumnado de 4º ESO. Foi un tempo moi enriquecedor onde Nuria nos recitou varios poemas e nos mostrou libros e curtas que ten feito. Ao final do relatorio varios alumnos e alumnas quixeron que lles asinara un autógrafo e tomar fotos con ela.

Moitas grazas Nuria Vil e moitas grazas a Erre que erre!

Tamén queremos agradecer á nosa profesora de Lingua Galega, Sara Porrit, a cal pertence a Erre que erre por facer posible que este taller se levase a cabo.

Álbum: Escolares -> 2024_02_02_2ª AVA_4º ESO_Obradorio literario por Nuria Vil_Erre que erre

4º ESO_1º Bacharealto. Debate Fundación Barrié

31.01.2024

 

O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato que participa no Club de Debate do IES Río Cabe desprazouse á cidade da Coruña para participar no Torneo de debate da Fundación Barrié. O alumnado foi acompañado das profesoras que dirixen o club de debate do noso instituto: Pilar López e Sara Porrit.

Parabéns a todas e a todos!

Álbum: Escolares -> 2024_01_31_2ª AVA_4º ESO_1º BACH_Debate Fundación Barrié_A Coruña

1º Bacharelato_2º Bacharelato_A Ponte entre o ensino medio e a USC_Visita facultades_CSHG_residencias universitarias

30.01.2024 e 31.01.2024

O alumnado de 1º Bacharelato (30.01.2024) e de 2º Bacharelato (31.01.2024) visitaron Santiago de Compostela dentro do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC. Acompañados do seu profesorado Pilar López, Sara Porrit, Emilio Sotelo e Yolanda Soba (o aumnado de 1º Bach), e das docentes Ana Otero e María Padrón (o alumnado de 2º Bach) visitaron pola mañá as diferentes facultades das que constan os Campus de Compostela (Campus Norte e Campus Vida). Pola tarde, ambos os dous días, alumnado e profesorado coñeceron o Centro Superior de Hostelería de Galicia e as residencias universitarias Monte da Condesa e Burgo das Nacións.

Álbum: Escolares -> 2024_01_30_31_2ª AVA__1º BACH_2º BACH_A Ponte entre o ensino medio e a USC_Visita facultades_CSHG_residencias universitarias

1º ESO. Proxecta Igualdade. Obra de teatro "Mulleres na rede" por Estíbaliz Veiga

29.01.2024

 

O alumnado de 1º ESO puido gozar da obra representada por Estíbaliz Veiga "Mulleres na rede", dentro do Plan Proxecta Igualdade deste ano académico 2023  2024 que encabeza a profesora Noelia Besteiro. Foi unha representación onde o alumnado puido comprobar os perigos que conlevan as redes sociais e aprenderon a facer un bo uso delas.

 

Álbum: Escolares -> 2024_01_29_2ª AVA_1º ESO_Proxecta Igualdade_Teatro Mulleres na rede_Estíbaliz Veiga

1º ESO. Club de lectura

19.01.2024

 

Na mañá do venres, 19 de xaneiro de 2024, o alumnado de 1º ESO B xunto coa súa profesora de Lingua Galega, Pilar López, xuntáronse na biblioteca do centro educativo para pór en común a lectura do libro de María Reimóndez, Usha, acompañado dunha deliciosa bica.

Con esta obra o alumnado tivo ocasión de descubrir a cultura popular da India, lugar a onde unha rapaza galega, Uxía, Usha para os amigos, chega acompañando a súa nai que era membro dunha ONG.

A través dos ollos de Usha descríbesenos a súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India, onde fixo algunhas amizades, especialmente con Lakshmi e Deepak e puido coñecer novos costumes e lendas e descubrir unha nova lingua: o canarés.

A xuntanza foi moi interesante e permitiunos comparar moitos aspectos da cultura india e galega.

Álbum: Escolares -> 2024_01_19_2ª AVA_1º ESO_Club de lectura

3º ESO. Coñece as túas institucións. Xunta de Galicia e Parlamento de Galicia

24.01.2024

 

O 24 de xaneiro o noso alumnado de 3º ESO acompañado das profesoras Rocío López, Cristina Ouro e Nerea Iglesias visitaron Compostela dentro do Programa "Coñece as túas institucións" onde visitaron a Xunta de Galicia e o Parlamento de Galica. Foi unha xornada ben entretida e chea de coñecementos!

Álbum: Escolares -> 2024_01_24_2ª AVA_3º ESO_Coñece as túas institucións_Xunta de Galicia e Parlamento de Galicia

Plan Proxecta: Cóntame un conto. Formación profesorado

20.01.2024

 

 

As profesoras do IES Río Cabe, Sara Porrit, Noelia Besteiro e Pilar López participaron nos cursos de formación do Plan Proxecta Cóntame un conto no que están a traballar co alumnado de 1º, 2º e 3º ESO.

O día 18 de novembro e o 20 de xaneiro tiveron ocasión de coñecer o Museo do Pobo Galego e participaron nos obradoiros para coñecer a literatura de tradición oral de Galicia, así como o de gravar a arte de contar. Alén disto tiveron a fortuna de escoitar a dous grandes contadores de contos como son María da Pontragha e Celso F. Sanmartín.

Deixámosvos algunha fotografía.

Álbum: Escolares -> 2024_01_20_2ª AVA_1º ESO_Cóntame un conto_Formación profesorado

1º ESO. Club de lectura

17.01.2024

Na mañá do mércores, 17 de xaneiro de 2024, o alumnado de 1º ESO A xunto coa súa profesora de Lingua Castelá, Nuria Mariño, xuntáronse na biblioteca do centro educativo para pór en común a lectura do libro de Iria Misa Mamá, quero ser Ziggy Stardust e degustaron un biscoito de noces.

Compartiron a vida dunha nena que non se identifica co sexo co que naceu e sente unha admiración especial pola figura de Ziggy Stardust. Na reunión analizaron todos os problemas que lle acarrexou esta situación: problemas familiares, rexeitamento dunha parte da sociedade, conflitos escolares, actitude ben diferentes de persoas moi achegadas... Con esta obra a rapazada achegouse ao mundo da diversidade dun xeito natural.

A historia está narrada por un amigo invisible de Anie, a protagonista, co que fala e comparte as súas confidencias, xoga, canta, maquíllase...

 

Álbum: Escolares -> 2024_01_17_2ª AVA_1º ESO_Club de lectura

ESA. Obra teatral: O porco de pé

09.11.2023

 

O xoves 9 de novembro, alumnado e profesorado da ESA acudiu ao Edificio Multiusos de Monforte de Lemos para gozar da obra teatral O porco de pé de Vicente Risco da man de Producións Excéntricas. Foi unha tarde ben entretida!

 

Distribuir contido