Premio IlustrarNós 2021

A nosa alumna de 1º de Bacharelato Claudia Pérez Barrientos resultou premiada no certame IlustarNÓS que organiza a área de cultura da Deputación de Lugo á mellor ilustración  na categoría bacharelato e ciclos formativos.

 

 

Cada 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, coincidindo co nacemento de Castelao, e cada ano é homenaxeado un ilustrador/a galego/a. A protagonista no ano  2021 foi Lolita Díaz Baliño  a primeira muller á que se adicou este día. O certame IlustrarNÓS naceu  co obxectivo de promover entre o alumnado dos centros educativos da provincia a creatividade artística e plástica e achegarlle o gusto de ilustrar aos rapaces e rapazas.

O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado luns, día 30, en Lugo. O lema escollido para esta edición  foi Contra o cambio climático actúo.

 Moitos parabéns á nosa alumna Claudia, ao seu profesor de debuxo artístico, Anxo, e a toda a comunidade educativa do IES Río Cabe!